** Entre lusco e fusco
De súpeto, un repentino pensamento espertouno e fixo que, como se dun lóstrego se tratase, se erguera da cadeira.
- "Chego tarde, chego tarde", laiábase de xeito apurado imitando a aque coello de "Alicia no país das marabillas".
En pouco máis dun minuto correu ata a fin do seu xardín. Sentouse ó pé dun valado coma quen se senta nunha butaca para ver unha película. So lle faltaba as palomitas e mesmo parecería un sesión de cine,. O entre lusco e fusco medraba para morrer o día. Chegara á tempo.
O ceo azul trocaba a súa cor por diferentes tons laranxas e o sol semelleba a xema dun ovo. Lentamente o astro poñíase no horizonte por detras da Illa de Sálvora. Unha nube inesperada fixo efecto coador do sol, que conqueriu atravesala ó cabo duns longos intres, case sen despeinarse.
Calma. Paxaros e peixes do mar ollaban incrédulos aquel misterio da natureza e gardaban silencio namentres non remataba a función. Estampa preciosa, beleza indescriptible. O día esmorecía e a lúa cobraba forza, facéndose forte ante a chegada da noite. O mar vestíase de cómplice para agochar ó sol e, pouco despois, éste desaparecía. Foi entón cando os paxaros reanudaron o seu vo, os peixes continuaron nadando, e ela voltou á casa, non sen antes pronunciar ben alto e claro: ¡¡Obxectivo cumprido!!. Á par dúas bágoas cargadas de kilos de felicidade escorregaron pola ´sua meixela ata estrelarse no chan, ó lado dos seus pés.
...........................................................
Julio Torres © 2013





