** Meigas, bruxas e curuxas...
SANXENXO. Mary Camiña

En pleno século XXI, pensei que quizais a xente sería máis cauta á hora de crer calquer cousa que lle diga as chamadas "bruxas", "meigas", ou como lles chamo eu: "oportunistas"; xa que se aproveitan da xente "enferma", unhas de mente e outras cansas de dar tumbos e tumbos de médico en médico sen que lle dean coa solución...
Eu, como boa galega, nun momento dado da miña vida, cansa de recorrer médicos, (por certo, ao final foron éstes o que solucionaron o problema, despois de moitas voltas e probas...), tamén recurrín a éstas profesionais do engano, e, sinceramente, non me aportaron nada que eu non soubese xa, é máis, insinuáronme que alguén moi cercano da familia me estaba a facer dano...Esta xente é experta sonsacando, e como eu non soltei prenda, e vendo que non tiñan por onde saír, pois recurriron ao de sempre; que si son envexas, que se alguén cercano tiña celos de mín e me facía dano..., cousas dese estilo, menos mal que aínda que me encontraba realmente mal, a miña mente non estaba tan nublada como para non ser obxetiva, senón, dende aquela tería a familia toda desfeita...
Non entendo, como poden ser tan crueis e non reparar en poñer a mal a persoas da mesma familia, a veciñ@s, etc. sempre con afán de alimentar a falsa "necesidade" da persoa que acude a el@s para chucharlle tódolos cartos que poidan.
Coñezo un caso moi triste de dúas veciñas. Resulta que eran moi boas amigas, compartían traballos, coidaban dos fillos unha da outra cando facía falta, como se de irmás se tratara. Ata que un día, tras ir unha delas a xunto dunha "bruxa", deixou de falarlle á súa amiga e pasou, de repente, de ser a súa mellor veciña a acusala de mala persoa, de ruín, de enfeitizarlle ós animais, de botarlle o mal de ollo e, non sei cantas cousas máis... É triste, moi triste, que despois de tantos anos de amizade, unha "oportunista sacacartos" bote todo polo chan. E todo, ¿por qué? Moi sinxelo, si alguén acude a unha "consulta" dunha destas persoas porque, por exemplo, lle morreron tódalas pitas do corral, o máis normal para estas persoas non é que che morreran por enfermidade e que deberías desinfectar os cortellos, non, que va!, o normal é que alguén che teña envexa ou ben che botasen mal de ollo...; aprovéitanse das persoas con certo grado de ignorancia e moitísima inseguridade, comezan a sonsacar e dar falsas pistas, e nesto, cando lles parecen dín:"Eu non podo decirche quen é, pero é xustamente esa persoa na que tí pensas", e cando o pobre incauto lle dí un nome, con certo recelo, contéstalle:"sí, pois esa é, eu non quería decircho pero esa mesma é a que che está a facer mal" E comenza a roda a xirar, cando unha persoa xa desconfía de alguén é porque no fondo algo ten xa en contra dela e se por riba avivan o lume da rabia ou recelo que hai contra esa persoa dentro de sí, pois peor que peor; e aprovéitanno no seu favor. E a partir de aí, tódolos problemas e contratenpos que teña vaillos a otorgar á mala obra desa persoa...e comeza a funcionar a roda de facelos cartos para as "oportunistas".
O último que souben deste caso que coñezo é que a que vai ás "bruxas" ten á veciña ameazada con darlle unha malleira se a encontra soa, porque por culpa dela leva moitos cartos gastados nas "bruxas", canta ignorancia!!. A pobre veciña xa é maior e ten moitísimos achaques, e ten que estar controlada con Sitrom, polo que un simple golpe pode causarlle un derrame e chegar a matala. Por varios problemas de saúde que ten, viríalle ben saír de vez en cando a pasear pero ten medo e non se atreve, nen sequera quere quedar sóa na casa, e non lle abre a porta a ninguén por medo a que sexa a que a ten ameazada..., viven porta con porta...
É vergonzoso e inmoral o que fan algunhas persoas por diñeiro, aproveitarse da ignorancia e pouco sentidiño de persoas enfermas, chegando a non respetar nada, sen ser conscientes de que poden crear un monstruo se dan cunha mente un tanto trastornada, retorcida e enferma.
Procurade ter sentidiño e dous dedos de frente para non sucumbir ante as artimañas d@s “oportunistas”.
Con todo isto non quero decir que non haixa "meigas", porque ...habelas... háilas.








