luns, 31 de xaneiro de 2011
sábado, 29 de xaneiro de 2011
** EN 3 MINUTOS. Entrevista sobre A Lareira Máxica
A petición dalgunhas persoas subo a entrevista que me fixo a xornalista Belén López e que foi publicada no Diario de Pontevedra do mércores 26 de xaneiro. É unha entrevista curta xa que sae na sección diaria "Entrevista en 3 minutos" deste medio de comunicación. Aproveito para darlle as gracias a Belén pola súa amabilidade e interés amosado.
NOTA: Se queredes ver mellor a imaxe tedes que premer nela para agrandala.
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica , Medios de Comunicación , opinión
venres, 28 de xaneiro de 2011
** Juego de niños e os seus gallifantes
SANXENXO. Julio Torres

Os anos pasan para tod@s. Hoxe traio ó blog un fragmento do programa de finais dos 80 e principios dos anos 90 "Juego de Niños" que, entre outros, tivo como presentadores a Ignacio Salas ou, na súa última etapa, a un xoven Javier Sardá. O xornalista catalán triunfaría pouco despois en "La Ventana" da Cadena SER (no que tiña o seu alter ego en forma do Sr. Casamajor) antes de cambiar a radio pola tv. e embarcarse no programa "Crónicas Marcianas" de Telecinco entres os anos 1997 e 2005.
Juego de Niños foi un programa pioneiro, que logo sería imitado por outras cadeas. Na Galega emitiuse ata hai poucos anos "O país dos ananos" (logo rebautizado como "O país dos pequenos" por mor dun conflicto coas persoas de talla pequena que protestaron polo termo anano ó entender que era despectivo). "En Juego de Niños" os premios contábanse en gallifantes, un premio simbolizado por uns animais abstractos de gran valor. Un nome tan estrano como inolvidable...
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Lembranzas. A Máquina do tempo , Medios de Comunicación , opinión , vídeos e xogos
mércores, 26 de xaneiro de 2011
** Humor made in Galicia: Davila. Xenial e certeiro (2)
SANXENXO. Julio Torres
Cinco viñetas gráficas máis de Dávila, ante a boa acollida que tivo o artigo de onte. Tranquilos que irei subindo a A Lareira Máxica máis deste xenio do humor gráfico galego.
As de hoxe evocan temas de plena actualidade: o paro, as pensións e a nova idade de xubilacións, os recortes sociais, a duplicidade de soldos de ex-presidentes de goberno e a bancarización das caixas de aforros. Como sempre, dan no allo. Humor 100% Davila. Humor galego 100%. Galicia Calidade.
NOTA: PREMEDE NAS IMAXES SE QUEREDES VELAS MÁIS GRANDES. Especialmente a número 3 na que non se ve ben o que pon no maletín e é importante.



Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Humor e Noticias Curiosas , opinión



