mércores, 9 de setembro de 2009

** 09-09-09: Hoxe pode ser un gran día: prantéxao así

Encántame a canción de Serrat: "Hoy puede ser un gran día", sobre todo a que canta en compaña de Miguel Ríos, Víctor Manuel e Ana Belén. A letra invita ó optimismo e á confianza nun mesm@. Calquera día pode ser un gran día, pero cando ese día coincide nun irrepetible e máxico 09-09-09 o gran día parece que se torna máis cercano. Ou ó mellor é simpremente un día máis dos tantos que hai na vida. O que vos escribe estas liñas coida que non, que este 09-09-09 agocha algo especial no seu interior. Ougallá que sexan cousas boas. Os meus mellores desexos para este día que xamais voltaremos a vivir en tan singular combinación numérica. Non é tan famoso como aquel 08-08-08 no que deron inicio as Olimpiadas de Pekín, o cal non significa que non teña tanta maxia ou máis.

En fin, que como diría o sublime Serrat: "hoy puede ser un gran día, plantéatelo así, aprovecharlo o que pase de largo, depende en parte de ti. Dale el día libre a la experiencia para comenzar, y recíbelo como si fuera fiesta de guardar. No consientas que se esfume, asómate y consume la vida a granel. Hoy puede ser un gran día, duro con él. Hoy puede ser un gran día donde todo está por descubrir, si lo empleas como el último que te toca vivir. Saca de paseo a tus instintos y ventílalos al sol y no dosifiques los placeres; si puedes, derróchalos. Si la rutina te plasta, dile que ya basta de mediocridad.Hoy puede ser un gran día date una oportunidad. Hoy puede ser un gran día imposible de recuperar, un ejemplar único, no lo dejes escapar. Que todo cuanto te rodea lo han puesto para ti. No lo mires desde la ventana y siéntate al festín. Pelea por lo que quieres y no desesperes si algo no anda bien. Hoy puede ser un gran día y mañana también. Hoy puede ser un gran día duro, duro, duro con él. "

Por suposto, esta letra da canción poder ser aplicable a calquera día do ano, pero dada a data decidín publicar este artigo pois vai ser un día moi especial. Ougallá!!!

Velaquí o vídeo do tema musical cantado polos catro cantantes:





ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....sobre a honestidade


" A honestidade é unha preciada bandeira, tan difícil de atopar como chea de inmensa paz e felicidade "



Julio Torres

martes, 8 de setembro de 2009

** A natureza en estado puro

Abramos ven os ollos e os nosos sentidos. Relaxémonos por un instante, por dous minutos para ser exactos. É pouco tempo, pero pode ser moito. Apagade calquera reproductor de música que teñades acendido. Para parar o de A Lareira Máxica, á vosa dereita, so lle tedes que dar a PAUSA. Gocemos da natureza en estado puro a base de breve pero sutís pinceladas. Preparados, listos e facede click no seguinte vídeo. A min encántame.



¿A que apetece que durara un chisco máis? Pois valoremos a natureza que nos rodea e disfrutemos dela aínda que so sexa unha hora ó día ou unha á semana. A natureza aporta vitalidade e fainos sentir como un elemento máis do inmenso Planeta. Non estamos sós, hai máis que persoas: hai plantas, animais, auga... Sepamos apreciar o que temos. E máis nunha terra como a galega.

Carpe Diem (nunca mellor dito)

**A Frase Máxica de.....Platón: razón e valor



" A razón e o valor sempre se imporán á traizón e á ingratitude "



Platón