xoves, 20 de agosto de 2009
mércores, 19 de agosto de 2009
** Hai agora un ano liamos este sorprendente texto
Aconteceu hai agora un ano xusto. Foi un 19 de agosto de 2008 cando podiamos ler estupefactos o seguinte no teletexto de TVE. A única explicación posible é que ó/á redactor/a desta noticia o ían despedir e optou por escribilo. Ou iso ou que alguén publicou algo que non era para publicar...
Outras explicacións "razoables" non se me ocurren. A ver vós que opinades. Desde logo coido que sobran comentarios con respecto a este noticia de deportes...
Lembra: CLICK NA IMAXE SE QUERES VELA MÁIS AMPLIADA
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS deportes , Humor e Noticias Curiosas , Medios de Comunicación , opinión
martes, 18 de agosto de 2009
** NOTICIA: Descuberto un marciano en Sanxenxo
O que se viña sospeitando desde hai bastante tempo, acaba de confirmarse. Existen os marcianos. O seguinte documento sonoro así o atestigua. O documento reproduce unha conversación entre un tripulante dunha estación espacial e un marciano. Pero aí non acaba o asunto. Tamén se demostra que elixen "Sangenjo" (Sanxenxo!!!!) para veranear. Sorprendente. Por favor, o documento é revelador en sí mesmo.
Os Gomaespuma son simpremente xeniais. Doutro lado non vos aconsello fumar. Nin me gusta nin é bo. Tan malo é ser fumador activo como pasivo. Isto vai porque non puiden evitar extraer a publicidade do anuncio xa que vai intrínsicamente unido ó motivo da visita...Esta cuña radiofónica xa ten uns 10 anos. Había outras catro máis deste estilo, pero ésta, sen dúbida, é a mellor. Hai que escoitala enteira, porque a segunda parte, onde fala de "Sanjenjo" é sublime. E o acento galego...
En fin que uns veranean na miña terra en Sanxenxo de toda a vida, e outros vivimos en Sanxenxo de toda a vida. E que bonito é cando non está masificado como no verán!!! Se servidor viñera de turismo a Sanxenxo viría calquera época do ano fóra de Julio e Agosto. E cando máis se disfruta de Sanxenxo e da súa tranquilidade.
P.D.: Era visto que había demasiado turista por Sanxenxo no verán. Non so viñan de Madrid, Ourense, Santiago, Asturias, León, Portugal ou o País Vasco...
UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Humor e Noticias Curiosas , Lembranzas. A Máquina do tempo , lugares e cidades , opinión
sábado, 15 de agosto de 2009
** Un entorno natural para recordar
Esta semana estiven no concello de Barro, en Pontevedra, visitando unha pequena xoia da natureza galega, que garda este concello. Ese lugar, non é outro que o entorno natural das cascadas do río Barosa. A peculiaridade deste entorno natural, reside básicamente nun conxunto de pequenos muíños antigos ó longo da pendente do cauce do río. Existe un pequeno recorrido para os amantes do senderismo. Non é moi longo. Ten un pequeno treito de dificultade alta, pero despois é casi todo llano. A maior parte da flora é autóctona, o que enriquece máis o encanto do lugar. Dous dos muíños foron restaurados e convertidos en típicas tabernas, onde podes entrar a tomar algo, ou picar algunha tapa.
Pero dende A Lareira Máxica, quero pedirlle ó concello de Barro, que se esmere un pouco máis en coidar este entorno. Algúns muíños pódense restaurar ou polo menos limpiar de maleza. No meu parecer debería levar a cabo un proceso de expropiacións, nas fincas situadas o seu carón, e sustituir, en algúns tramos da ruta de sendeirismo, a paisaxe de eucaliptos por vexetación autóctona, acorde co resto da flora do lugar. Existen un par de prados que se poden destinar a ampliar o merendero, colocando máis arboleda autóctona e salpicando o lugar de esculturas ou expresións artísticas que non infúan no entorno natural. En definitiva ampliar este entorno o máximo posible e manter un coidado máis a diario.
Esta paraxe, vale a pena visitala. Recoméndoa. Gustaríame, querido lector que recomendases tamén outros lugares dignos de ver, para visitalos e amosarnos fotos.
UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: O Moucho
Colaborador habitual de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións O MOUCHO , lugares e cidades , opinión , vídeos e xogos





