venres, 24 de xullo de 2009

** Un sono, unha esperanza, agarda do outro lado

Da man do soliloquio de Segismundo, afirmaba Calderón de la Barca que “toda la vida es sueño,y los sueños, sueños son”. Xa se sabe que nesta vida todo é relativo. Os soños son un bo exemplo. Uns son utópicos e so posibles na imaxinación. Outros non, éses pódense acadar. Con máis ou menos esforzo, por suposto. Conquerir o traballo ansiado, a moza ou mozo desexad@, realizar esa anhelada longa viaxe por alén das fronteiras,... O refraneiro popular tráenos excelsa esperanza ó sentenciar que “quien la sigue, la consigue”. Claro que para ligarse a Elsa Pataki, a Diana Palazón ou a Sara Carbonero hai serios impedimentos polo camiño, pero todo, todo pode ser. Non é utópico, se acaso platónico, que din...

Céntrome. Falaba dos soños e das súa posibilidades de facerse realidade. De entrada hainos que son posibles e outros que son case imposibles. Unha perogrullada o que estou a dicir, xa sei, pero convén lembrala. A insistencia tamén conta: que aquel home ou muller che dera calabazas nun primeiro intento non significa que o volte a facer de novo. A vida da moitas voltas. O que hoxe é azul, mañán pode trocar ó verde e pasado máñán converterse en vermello sen que sopre moito vento. De forma paseniña pero certeira e segura, sen levantar apenas sospeitas. E é que non hai que dar nada por irrealizable. Co traballo, coas viaxes e con outros moitos aspiracións ou ilusións pasaría algo semellante. Insistencia e tesón, querido lector, insistencia e tesón. Loitar polo que cobizamos e co traxe do esforzo e a paciencia por tarxeta de presentación.. Ésa, ésa é a clave. Ademáis tamén é mester engadir que “el/la que no arriesga, no gana”. Confirmado.

O mundo dos soños é profundo e vericueto. Son realistas unhas veces, surrealistas ou abstractos outras. O outro día alguén a quen aprecio moitísmo díxome: “soñei que eras presentador dun informativo na televisión e levabas traxe e garabata” A miña sorpresa foi total e sentinme halagado. Non tanto por ese soño en sí, senón por vir de quen viña. Nunca traballei nunha televisión (sí nunha radio), pero ¿quen sabe?: todo pode ser, nunca pecho portas. Todo é posible, repito. Aínda que, de escoller, quédome coa radio...

En 1995 nunha viaxe que fixemos un grupo de amig@s a Tenerife, atopámonos cun estrano e enigmático home que se atreveu a dicir o qué íamos ser ó cabo duns anos. Logo de pechar brevemente os ollos e suxeitarnos pola man, a min díxome que ía ser profesor. Pensaredes que se equivocou, que non dixo nin traballador social nin xornalista. Pois non. Aquel home acertou: impartín clases e cursos en bastantes ocasións. ¿Casualidade ou acerto?. Ollo, tamén acertou cos outros amig@s. O que nós pensamos que somentes eran soños dun home misterioso, terminou cumpríndose. Non errou....

Os soños sempre significan algo ou iso manifestan moitos entendid@s: ilusións, medos, preocupacións, desexos, atraccións, rexeitamentos, lembranzas…Sempre hai quen nos tenta convencer do porqué deses soños e do seu significado directo ou indirecto. Non ten porqué significar o seu sentido literal, pero pode ser presaxio de algo relacionado co que nel acontece e que hai que saber ler entre liñas. Penso que así pode ser, a pesares dos surrealistas e carentes de aparente sentido.. Un mundo misterioso e complexo o dos soños...Se me escoita Iker Jiménez...

Certo é que os soños, soños son, pero iso non quere dicir que non se vaian cumprir ou que non presaxien cousas e cambios. Doutra parte, os soños pódennos permitir vivir experiencias que na realidade serían impensables. Conteñen altas doses de liberdade e imaxinación emparentados con sentimentos e lembranzas. A imaxinación merécese un premio ¿non si?. Do que tampouco teño dúbidas é de que hai soños que non teñen porqué cumprirse á primeira, ou á segunda. So que hai que loitar polo que se desexa, sexa referente ó amor, ó traballo ou ó que sexa. É mellor tentalo as veces que sexa que terse quedado coa dúbida por non ter insistido. Iso sería o pior. Moitas accións poden cambiar o curso dunha vida. É como o caso de non atreverte a dalo paso co home ou a muller a quen queres pero que non te atreves a pedirlle para que sexa a túa parella. Non lle debemos poñer trabas ós soños que realmente queremos acadar. Xa sei, xa sei, dicilo é moi doado, pero facelo é máis difícil. O primeiro en recoñecelo é servidor.

Remato: Paulo Coelho afirmou "Nunca desistas de un sueño. Sólo trata de ver las señales que te lleven a él". Lembrade que tamén os soños se poden facer realidade...Por si acaso, e como din que “home precavido vale por dos”, irei mercando un traxe e unha garabata...



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

mércores, 22 de xullo de 2009

** Entre persoas, humanos e persoas humanas...

De vez en cando non está de máis filosofar un pouco e, sobre todo, reflexionar sobre o qué dicimos. Ademais é un bo exercicio para a mente. Claro que sen pasarse...

Pois máns á obra:

¿É o mesmo dicir "é unha persoa moi humana" que "este humano é moi boa persoa"?. A partir de aquí poden xurdir outras dúbidas secundarias do tipo: ¿Significa o mesmo persoa que humano? ¿É unha redundancia falar de persoa humana? ¿Tódolos humanos son persoas? e ¿tódalas persoas son humanas?. Espero as vosas repostas ás preguntas. Sede valentes e participade!!!

AVISO: Non vale utilizar o Google nin material bibliográfico. So se trata de discurrir un pouco. Non vale respostar sen xustificar a resposta. Trátase de reflexionar e debatir. Unha posta en común. A ver qué sale deste "experimento".



REFLEXIÓNS PROPOSTAS POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

martes, 21 de xullo de 2009

** A estas horas hai un neno na rúa...

A canción de Mercedes Sosa que soa de fondo no seguinte vídeo é triste. Sí, pero a súa voz desgarrada vai adicada a unha situación triste de por sí: a pobreza enfocada especialmente nos nenos. Por tanto, sería unha incoherencia que a cancións fose bonita, se o que tenta describirnos é algo terrible e triste. Debe facernos reflexionar: xente que apenas ten de qué vivir vs outra que vive na abundancia.

Hai un pouco consultando a prensa, atópome co seguinte titular "Samuel Etoo está a sólo un millón del Inter de Milán". Refírese a que este gran xogador de fútbol está a piques de fichar polo equipo italiano do Inter de Milán e que "so" (as comiñas son miñas) un millón de euros o separan deste equipo. Vaia por 166 millóns das antigas pesetas arriba ou abaixo...Claro que falan de que pide cobrar 11 millóns de euros anuais e o Inter ofrécelle 10. Será que ó lado de tantos millóns, un arriba ou abaixo... Pero coidado, son moitos os medios de comunicación que vanalizan ese millón de euros, como se se gañara nun ano ou en dous... E ollo, pasou algo parecido coa fichaxe de Cristino Ronaldo: uns falan que o traspaso do ex-xogador do Manchester United ó R.Madrid custou 94 millóns de euros, outros apuntan que 95, outros que 96...Vaia que parece que falan de 1.000 pesetas arriba ou abaixo. E exemplos deste estilo poderiamos poñer moitos. Senón pensade.

Namentres, e como di Mercedes Sosa "a estas horas hay un niño en la calle". Lástima que un deses millóns, arriba ou abaixo, non fose para eles. E así en todos e cada un dos moitos exemplos que se poderían pór en múltiples fichaxes que moitos medios tenden a ningunear ou tildar de flecos. Seguro que este nenos da rúa o ían apreciar non moito, nin moitísimo, senón infinitamente. E para eles non serían flecos, senón cabeleiras enteiras de felicidade...

POR FAVOR MEDIOS DE COMUNICACIÓN, XORNALISTAS E DEMAIS: un millón de euros arriba ou abaixo son moitos cartos, non falamos de calderilla, senón de moitísimos millóns. Non so para a xente pobre da rúa, senón para calquera dos mortais. So que se nota aínda máis na xente pobre, de aí que este artigo-opinión o enlace co vídeo que recibín sobre a canción de Mercedes Sosa. Pero xa tiña pensado escribir sobre o das cifras oscilantes pois paréceme falta de rigor informativo (ou polo menos aclarar porqué outros medios falan doutras cifras e de onde provén o desfase).





VÍDEO REMITIDO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica
ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres

luns, 20 de xullo de 2009

** ¿A quen che gustaría que chamasen?

Se algunha vez sufres un accidente ou, polo que sexa, os servicios de emerxencia precisan pórse en contacto con algún familiar soen botar man da axenda dos móbiles (agora que unha gran porcentaxe da poboación xa o ten). Pero: ¿a quen chamar?. Envíanos María este enlace sobre unha campaña posta en marcha polo Ministerio de Interior e Cruz Vermella sobre dita cuestión. Nel tedes a solución e as pautas a seguir. De impresncindible lectura, por si acaso.