** Recordos imborrables co paso dos anos...
Hoxe agromou en min un sentimento de melancolía pasada. Quizais foi o tempo enfurruñado e tristón logo de tanto sol, quizais este post do amigo e blogger Nacho Mirás que lin hoxe, quizais a canción "Un año más" de Mecano que soaba de fondo namentres acontecían os outros dous feitos anteriores ó unísono. Sí, máis ben foi unha conxunción de factores.
O tempo, ese ser sen rostro, faciana ou pernas que, sen embargo, corre, fixo acto de presencia por uns minutos ó redor de min. Pois ben, o tempo pasa sen decatarnos. Onte xa é pasado, viva o futuro!!!. Aínda que moitas veces vivimos máis o futuro que o propio presente. Nisto é onde se trabuca o ser humano: a felicidade consiste en aproveitar os pequenos momentos da vida, sen esperar grandes acontecementos. Saber valorar o que temos e as cousas pequenas constrúen os cimentos da felicidade. Tentar dar o mellor de sí mesmos sen enganar a ninguén, ter a conciencia tranquila, e gozar dos intres maravillosos cos que nos agasalla a vida, son fonte de felicidade interior e exterior, a pesar de tantos problemas e zancadillas cos que nos sorprende a vida.
UN ARTIGO-OPINIÓN REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica








