venres, 23 de xaneiro de 2009

** Chambao: " Duende del Sur " -¿Haberá duende no norte?-

Choiva, frío, vento...Vaites!!! estes días non está o tempo para moitas alegrías. Pero din que nunca choveu que non escampará. Namentres, ós que non nos gusta a choiva e o frío, teremos que pensar que chegarán -e nunca mellor dito- tempos mellores.

Hoxe quixera traer a A.L.M. unha canción dun grupo que me encanta: Chambao. Non hai moitas semanas poñía o vídeo de "Papeles Mojados". Agora tócalle o turno a "Duende del Sur", toda unha adicatoria a xente andaluza que nos deleita coa súa simpatía e humor. Que ten un duende (en galego trasno, nome que me gusta máis e que soa moi enxebre) especial.

Son partidario, non obstante, do duende, pero do duende "del norte". O mellor non se saberá se sube ou se baixa, pero é un duende salado o galego, e que nada che ten que envidiar ó do sur.

Esta canción de Chambao paréceme unha auténtica gozada de tema musical para os oídos: melódico, nostálxico, tranquilo, tenro, agradecido ou romántico son so algúnd so calificativos que neste intre se me ocurren.Para disfutar del nun día chuvioso como este venres no que se está mellor dentro que fóra da casa. Pese a todo, agardo que teñades un bo fin de semana.

mércores, 21 de xaneiro de 2009

** Noutros tempos: o pé do lume dunha lareira ¿lémbraste?


Fotografía de Luis Casado



FOTO ENVIADA POR: mariam
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica

luns, 19 de xaneiro de 2009

** Entre información sobre Vigo e despedidas de solteir@s

Visitei nos últimos días unha web e un blog que vos poden ser de utilidade. Paso a informarvos de ámbolos dous:

--> Canal Vigo: Web dedicada ó ocio e o entretemento en Vigo, con noticias e actualidade. Estructúrase en catro grandes seccións: Gran Vigo, Ocio, Turismo e enlaces.
En Gran Vigo, entre outras cousas, podedes atopar información sobre a historia da chamada cidade olívica(Vigo), transporte ou rueiros.
Na de Ocio información sobre a programación de cines, teatros, concertos, exposicións e fotografías.
Turismo aconsella qué sitios e lugares se recomendan ver da cidade. Proporciona información sobre aloxamentos en Vigo.
Por último, no apartado de enlaces encontraredes un completísimo directorio de links de webs e blogs sobre diferentes temáticas. De obrigada consulta. Amais, dispón de foros e chat.
Doutro lado, Canal Vigo ofrece información e noticias -dando a posibilidade ós seus lectores de enviar noticias para publicar neste sitio web-, prantexa enquisas e dispón de cámaras situadas ó longo da cidade.

-->Animación Galicia: É un blog especializado na despedida de solteiros e solteiras en Galicia. Animación, eventos e espectáculos, boys e strippers, deportes de aventura, festas e concertos son parte fundamental do seu contido.
Ademais, se queres coñecer cal é a orixe das despedidas de solteir@s, bromas para realizar nas despedidas de solteir@s, outros consellos ou links relacionados con este tema ou se teñen un stripper de gran parecido físico a "El Duque", tés neste blog un bo punto de partida.

xoves, 15 de xaneiro de 2009

** A Frase Máxica: prioridade vs so unha opción

" Non deixes que ningúen se convirta nunha prioridade na túa vida, se ti so eres unha opción na súa "


Kitzia Nin Poniatowska



Esta frase sabia tomeilla prestada a Paula. Gracias Paula pola frase.
Por certo, esta sentencia lémbrame esa xente que non ten escrúpulos en xogar con dúas persoas a un tempo,sen preocuparse dos sentimentos das outras dúas persoas que a poden ter como unha prioridade e non como simpre opción.