luns, 6 de novembro de 2006

** Cousas de aquí e de acolá......


Estes días estou un pouco "missing" (perdido, coloquialmente falando, a pesar de que miss creo que significa "echar en falta" se non me trabuco). Estou con outros menesteres. Entre a volta ó traballo, e outras cousiñas, pois teño un pouco abandonada temporalmente a páxina.... Como vedes namentres estou "cuasi-ausente" introducín na páxina unha pequena intriga para tervos entretidos.....

Homenaxenado (aínda que de lonxe) aquela primeira propangada da ONCE na que durante varios días centos de persoas facían cola sen saber o telespectador para qué... pois a conto disto decidinme a iniciar esta intriga. Tranquilos que durará pouco....De momento non vos digo nada máis. Je, je,...

¿Que encerra o mini-misterio? Pois un pouco de todo e de todo un pouco. Como bo galego, non subo nin baixo.... Por certo, que xa houbo unha amiga que se acercou un "pouco" ó tema obxecto do artigo. Noraboa, por ser tan sagaz!! pero, ¿atréveste cos rostros de hoxe?je, je,... Xa son máis complicados.... Agradézoche a interese mostrada. Saúdos para o Apóstol e os arredores....

A cousa vai sobre algo que pasou nos 80, en máis dunha ocasión...... E daquela numerosos rostros deixaron pegada. Uns máis coñecidos que outros.... Marcou a toda unha xeración....Xa falta menos para as 18:00 horas....

** O tempo pasa, e estes 2 ¿quen son? Proximamente...

¿Vístelos algunha vez? Na Lareira tamén descubriremos quen eran e a que se adicaban.... Son máis coñecidos do que pensades.....Pero, ollo para @s despistad@s!!!: Nin un nin outro gardan relación directa cos dous rostros do sábado e do domingo.... Iso si, deixaron unha profunda pegada nunha época determinada...
PROXIMAMENTE SAIREMOS DE DÚBIDAS... Xa falta menos para ese momento...Paciencia!!!

domingo, 5 de novembro de 2006

** Enquisa: ¿A distancia é o olvido?

Propúxome María, fiel colaboradora de alareirmáxica, (Thank you very much!!) un tema para unha enquisa: ¿a distancia é o olvido? ¿É posible deixar de pensar en alguén so porque esté lonxe? (entendendo distancia como calquera tipo de distancia: física, xeográfica, temporal,etc) ¿Olvidámonos daquela persona querida cando morre ou non sempre é tan fácil? E en temas de amoríos, ¿deixarías unha relación porque un dos dous tivese que marchar lonxe? ¿Qué consideras lonxe?.
Como vedes hai moitas preguntas, con diversidade de respostas posibles para un único tema... Agora so fai falta que participedes coas vosas respostas neste artigo. Se iso sucede, podería ser algo moi productivo e enriquecedor para todos. Considero, como xa lle dixen a María, que é unha boa pregunta sobre un tema complicado....

** ¿Quen é ela? Proximamente........o saberás....



Xa hai anos que non a vía... Fai uns días atopei esta foto dela en internet. Os anos pasan.... ¿De quen falo? Se queres sabelo, non te perdas "A Lareira Máxica". Proximamente no teu PC.....se tés internet....Conéctate e saíras de dúbidas.
Carpe Diem