
Como vos adiantaba onte, hoxe toca falar do carnet por puntos. Non vou falar de cantos puntos podedes perder por cometer depende que infracción. Non. So vou dar a miña opinión. Alá vou….
O do carnet por puntos, en principio paréceme unha boa idea, a pesar de que moitos e, especialmente os conductores profesionais, se opoñan. Conduzas moito ou pouco debes ser consciente de que conducir un coche é conducir unha máquina, e como tal, unha máquina non so pode matarte a ti, senón que pode matar a outros conductores –ou a peatóns- completamente inocentes ou que nada fixeron para merecer tal infausto e tráxico destino (...)
Se non queres perder puntos, preocúpate por facer cumplir as normas de tráfico, e seguro que non terás problemas. Xa sei que, aínda así, hai casos particulares e algunhas cousas coas que non estamos dacordo. Creo que os fallos que poida haber por parte de Tráfico deben sabelos rectificar co paso dos meses, se se demostra que é totalmente necesario.

As miñas inquedanzas son dúas:
1- Conducir a 70 km nun lugar de velocidade máxima de 50 descontará puntos e conlevará sancións….Home, isto en moitos casos non me parece xusto, porque 70 km nunha recta é moi fácil ir, o difícil é non ir a menos. Non digo nun casco urbano ou no centro dunha cidade. Entendo que haxa que limitar a velocidade. Estou dacordo, e dicévolo unha persoa que nunca pasou de 110 km/hora nos sitios onde se podía facelo….e que a súa velocidade normal é entre 70 e 90 km/hora en carretera…
E insisto nestes datos porque hai xente que VAI COMO TOLA, a máis de 100 nun sitio reservado a 50 de tope, a 170 nunha vía rápida limitada a 100 ou a 200 e pico nunha autopista onde se pode correr so a 120 km….
A velocidade é un perigo, pero creo que o límite de 50 en determinados lugares faise bastante complicado. Non digo que haxa que ir a 80 como no caso de “Farruquito”, nin moito menos…..
Tampouco digo que vaiamos a 70 polo medio dun pobo ou unha cidade, pero nunha recta dunha carretera limitada a 50 onde se podería circular a 70, e de feito o 90% dos conductores circulan a esa velocidade, pois non me parece xusto que non se poida facer.

2- ¿O carnet vaise aplicar coa mesma meticulosidade ás motos e ciclomotores?
E digo isto porque a pesar de que se soe dicir que os coches non respetan ás motos, creo que, polo xeral, é o revés: as motos non respetan ós coches. E quen non estea dacordo, invítoo a que se estea media hora en calquera estrada e vexa circular o tráfico. Nese periodo de tempo verá adiantamentos perigosos ou prohibidos das motos a coches.
Polo feito de que as motos vaian sobre dúas rodas e ocupen menos espacio na carretera non lles dá dereito a adiantar en líneas continuas, ou pola esquerda, ou pola arcén, ou en curvas vindo coches de fronte (e pondo en risco a éstes).
Desde aquí reclamo a Tráfico que vixie moito máis do que o fai ás motos de cilindrada e ós xóvenes que van en moto. Non se pode querer ser estricto cos coches e non facelo mesmo coas motos. Ó fin e ó cabo conducir unha moto ou un coche nunha estrada supón pór en perigo vidas propias ou alleas e se o carnet por puntos persigue realmente baixar a siniestralidade nas carreteras pois non se pode discriminar a un medio de locomoción en relación a outros. O código de circulación ten que ser respetado por motos e coches.

Podería falar de moitas outras cousas relacionados, pero por hoxe xa chega. Oxalá a partir de agora todos que conduzamos motos, coches, etc teñamos moito máis sentidiño ó manillar, ó volante,... Sen distinción quen sexa o infractor (Policía e Garda Civil incluidos...). Se o facemos, gañaremos todos…..
----------
NOTA: Recórdovos que na marxe esquerda no último bloque de vínculo teño colgado un enlace onde vos podedes informar do carnet por puntos de xeito moi gráfico e moi sinxelo.
Carpe Diem