venres, 9 de xuño de 2006

** ¿BLOGGER vai mellor?

Acabo de entrar no blog de blogger. Parece que hoxe vai ben, espero que se manteña pola noite e nos días sucesivos. De tódolos xeitos, se volta a fallar xa teño previsto outro blog alternativo que sería o de msn spaces. O seu nome tamén está rexistrado como a lareira máxica. Polo de agora está vacío. A idea nun principio é so empregalo so si éste falla......Así que se vedes que volta a haber fallos no blogger publicarei naquel.

De tódolos xeitos sería un lío grande, xa que a edición de msn é distinta a utilizada en blogger. Sería empezar de cero, e para algúns dos servicios como o do chat non sei aínda moi ben como funcionaría.....Toquemos madeira amig@s.

xoves, 8 de xuño de 2006

** PROBLEMAS CON BLOGGER

Os servidores de blogger, quen fai posible os blogspot, entre eles o meu, está funcionando mal. Onte non puiden colgar nada no blog por este motivo. E hoxe tampouco vai ben. Non me permite editar, agás neste mesmo intre que o conseguín facendo auténticos xogos malabares.

De persistir este problema, veríame na obriga de cambiar de blog e mudarme a outro. Vamos a ver cómo evolucionan os acontecementos......Espero que a partir de agora todo vaia como antes, isto é, ben.

martes, 6 de xuño de 2006

** Un mínimo de respeto para o usuario


Por cada cliente que reclama ou que se queixa, 19 non o fan

Un cliente insatifeito conta a 10 persoas a súa mala experiencia

“Atención ó público” son tres palabras que moita xente, en realidade, non sabe o que sígnifica ou cómo levala a cabo.

O artigo de hoxe fágoo porque en algún momento todos nos tropezamos con persoas desagradables, maleducadas ou groseira que desempeñan un traballo de atención ó público, sexa cal sexa a súa profesión.

Un profesional que basa o seu traballo ou negocio na atención ó público debe ser ante todo, mínimamente empático, atento e tentar axudar á xente, sen esaxerar tampouco. Aquí incluiría a todos aqueles que exercen un traballo que ten que ver coa atención directa á clientes, pacientes, usuarios, ou persoas, a secas.


Podería pór moitos exemplos, e vós estou convencidos que tamén, de casos nos que nos atopamos con persoas que, para nada, son minimamente agradables coa persoa que teñen diante. Os motivos poden ser moitos: a forma de ser habitual dunha persoa e o seu carácter quizás sexa o principal.

Tódalas persoas somos humanas e temos días mellares e peores, pero o que non se pode ser é tódolos días desagradables. Dependentes, hostaleiros, médicos, funcionarios ou outros profesionais que desempeñan un traballo de cara ó públicos non poden ser ariscos ou desagradables na súa atención.

Ë evidente que o carácter dunha persoa ten bastante que ver, pero tamén a súa situación persoal, familiar ou outros moitos factores. Insisto en que tódalas persoas podemos ter días malos, ou incluso épocas. Ningúen está libre de sucesos ou problemas. Aínda así, deben de tentar separar a súa vida profesional da persoal. Sei que, en moitos casos, non é fácil. Incluso sendo así, resulta que o cliente, usuario, paciente, beneficiario ou queremos chamarlle á persoa que se beneficia da atención dun profesional non ten, en principio, culpa de nada. Polo tanto, débese tentar ser PROFESIONAL.




Deixando á marxe problemas puntuais persoais e familiares, atópamonos con persoas que sempre son desagradables teñan ou non teñan este tipo de problemas. Este segundo tipo de persoas son as que a min, particularmente, non me gustan. Non se pode tratar mal ás persoas que atendes sen máis, simplemente polo feito de que a túa forma de ser, o teu carácter é o que é, e punto. Non é un motivo de peso señores.

Imos ser claro, este segundo tipo de persoas deberían prantexarse un día se realmente non se equivocaron de profesión. Non se pode ser médico e “maltratar” verbalmente ós pacientes ou ser groseiros. Non se pode ter unha tenda –do que sexa- e desatender ou atender con malas pulgas ós clientes: señor dependiente, que o que vai a comprar vaille a comprar a vostede e non ó revés.

Réstame falar tamén dos servicios de atnción ó cliente de compañías telefónicas ou de internet. Todos sabemos que hainas que reciben moitas queixas e reclamacións. Hai uns días xa vos falei de “Juarradu”, nas que os que se supoñen que deben atender correctamente ós clientes córtanche á chamada tan campantes para non ter que darche explicacións ou para evitar ter que contestar a cousas que non poden justificar, ou por comodidade.

A pesar de que neste sector, e según as estadísticas, Amena e Wanadoo (as dúas integradas no grupo francés France Teleco , e que próximamente empregará para tódalas súa compañías en España a cor laranxa que xa ven empreñando no resto de Europa) son as que máis queixas reciben, tampouco son menos outras como Telefónica,
Jazztel, etc. E senón remítovos ás estadísticas e a reportaxes que sobre a materia se fixeron. Simplemente probade a buscar no GOOGLE…..

Repito, podería pór moitos máis exemplos, pero creo que me entendedes perfectamente……

Conclúo: ¿onde quedou aquilo de que o cliente sempre ten a razón?. Ante todo respeto, educación, atención correcta e minima empatía.....O que hai que aguantar…!!!

luns, 5 de xuño de 2006

** Homenaxe simbólico ós Monty Python



O vídeo de hoxe cumpre un cuádruple acometido:

1- Homenaxe ós Monty Python. Xeniais. Uns fenómenos. A música do fondo do vídeo é a que empregaron na exitosa peli "La Vida de Bryan", a cal non debe faltar nas videotecas. Humor para dar e tomar.

2- De humor, vai a cousa, xa que o vídeo está cheo de meteduras de pata, encontranazos e situacións absurdas, pero que fan rir. ¿sobre que?

3- Sobre xogadas de fútbol. Incluso para os que non vos guste este deporte, vaivos gustar o vídeos. Alomenos algunhas, cando menos. Para que logo digan que o fútbol non é perigoso. Todo depende de cómo se practique e con quen. Non perdades de vista ó árbitro nin ós camilleiros, entre outros.
Este tercer obxectivo pretende ser un guiño ó mundial de fútbol que comenza este venres, e do que falarei outro día.

4- Practicar poñendo vídeos no blog. Tranquilos que non vos vou saturar deles, aínda que de vez en cando porei algún. De paso, fai algo máis atractivo este blog. Ese é o meu desexo. Procurarei pór os que sexan cómicas ou ben os que sexan de interés por algún motivo xustificado.

Por último, póñovos un vídeo que imita ós chinos imitadores. Ou sexa, e para máis redundancia, vai sobre imitación de imitadores. Trátase de Edu Soto (famoso polo seu papel de "EL NENG") e Santi Clima, outro dos seus compañeiros no programa de Andreu Buenafuente. Risas garantidas....



E, por hoxe, iso é todo amig@s, como dicía os debuxos da tele....