mércores, 14 de febreiro de 2024

** A música dos 80. Todo tipo de música.

Amúsica dos 80 é, sen dúbida, un dos referentes do panorama musical. Tense falado ata o infinito. Non me estrana. En España foi a década das famosas movidas musicais de Madrid e Vigo. Moitas formacións musicais xurdiron dela. En Galicia temos aos Resentidos ou Siniestro Total como exemplos máis representativos.

...Pero os 80 son moito máis. Gran década. Por iso, no seu día, creei no Facebook unha páxina temática dedicada a esta década: "La música de los 80(todo tipo de música)". Recomendo a súa visita para as persoas nostálxicas ou que lles gusta moito esa época. Nela atoparedes vídeos de música pop, baladas,rock, etc tanto español como internacional. Esta administrada por Patricia Loureiro (grazas!) aínda que a continúa coordinando un servidor. Só busca lembrar cancións, unhas máis coñecidas, outras non tanto. Agardo que vos guste.

Carpe diem.

...........................................................

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Sonia dixo...

Gran época da música. A música que sempre estará presente. Grazas

Julio Torres dixo...

Benvida de novo. Coincido plenamente coa túa opinión!