viernes, 3 de octubre de 2014

** Entre lusco e fusco

De súpeto, un repentino pensamento espertouno e fixo que, como se dun lóstrego se tratase, se erguera da cadeira.

- "Chego tarde, chego tarde", laiábase de xeito apurado imitando a aque coello de "Alicia no país das marabillas".

En pouco máis dun minuto correu ata a fin do seu xardín. Sentouse ó pé dun valado coma quen se senta nunha butaca para ver unha película. So lle faltaba as palomitas e mesmo parecería un sesión de cine,. O entre lusco e fusco medraba para morrer o día. Chegara á tempo.

O ceo azul trocaba a súa cor por diferentes tons laranxas e o sol semelleba a xema dun ovo. Lentamente o astro poñíase no horizonte por detras da Illa de Sálvora. Unha nube inesperada fixo efecto coador do sol, que conqueriu atravesala ó cabo duns longos intres, case sen despeinarse.

Calma. Paxaros e peixes do mar ollaban incrédulos aquel misterio da natureza e gardaban silencio namentres non remataba a función. Estampa preciosa, beleza indescriptible. O día esmorecía e a lúa cobraba forza, facéndose forte ante a chegada da noite. O mar vestíase de cómplice para agochar ó sol e, pouco despois, éste desaparecía. Foi entón cando os paxaros reanudaron o seu vo, os peixes continuaron nadando, e ela voltou á casa, non sen antes pronunciar ben alto e claro: ¡¡Obxectivo cumprido!!. Á par dúas bágoas cargadas de kilos de felicidade escorregaron pola ´sua meixela ata estrelarse no chan, ó lado dos seus pés.


...........................................................

Julio Torres © 2013

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dijo...

A maravilosa e impresionante natureza.Ás veces buscamos a felicidades moi lonxe, sen darnos conta que o máis simple e sinxelo aporta unha gran felicidade, o que nos rodea, so é preciso observar e disfrutar da natureza. Cuidémola

Julio Torres dijo...

Como ben apunta Sonia, a felicidade non hai que buscala lonxe. Sí, a felicidade lévase dentro de cada un. Quizás temos que aprender a valorar todo o que temos. Desexar menos e vivir feliz co que temos. Ser menos materialista e máis persoa. Seres queridos, familia, amigos, son un ben moi prezado.

O exemplo que poñía co relato do "Entre Lusco e Fusco" pretende pararse a pensar o bonito que son as cousas da natureza e que apenas se valoran. Pero é extrapolable a calquera cousa da vida. Acostumámonos facilmente ó de tódolos días, sen pararnos a disfrutalo en toda a súa esencia. Di un dito que me encanta que: vive a vida como se fose o último día, pero pensa como se foses vivir toda a vida, o famoso "carpe diem con sentidiño".

Saúdos máxicos.