jueves, 29 de mayo de 2014

** Brasil

Brasil prepárase para comer fútbol de primeiro, fútbol de segundo, e fútbol de postre. E con el a fame irase sen necesidade de comer alimento sólido algún. Así, por arte de maxia. O mundo enteiro olla deportivamente para Brasil, namentres se esquiva a mirada social para outro lado. Brasil: un país no que a pobreza disfrázase de fútbol para encaixar un gol a vida ou morte. O porteiro mira fixamente ós ollos da morte, a fame gaña por goleada e a paixón polo fútbol convértese nun todo indestructible:¿cartos incluídos?...

...........................................................
Julio Torres

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary Camiña dijo...

Triste pero certo. Ainda non entendo como, despois de tantos anos, o fútbol segue a ser o entretemento do pobo, como no seu día foron os circos para os romanos. Dándolle diversión á xente fai que a maioría se esqueza da realidade. Nunca entendíen que un deporte poida mover tantos cartos a favor de "catro", deixando morrer á fame a tanta xente. Estamos nunha sociedade tola, ou, non sei, quizáis os tolos sexamos nós pretendendo que o mundo sexa máis xusto cando algún cidadán de a pé, chega a gastar todo o soldo do mes para unha entrada, só por ver o partido en directo...
Saúdos.