jueves, 1 de mayo de 2014

** 8 anos de A Lareira Máxica na internet

A Lareira Máxica cumpre 8 anos nada máis e nada menos. Quero darlles as grazas a tódol@s colaboradores/as que escriben (ou escribiron nalgún momento) n` A Lareira Máxica, en especial ás persoas que máis teñen escrito aquí. Tamén o meu agradacemento a tódol@s seguidores/as que cada vez son máis. E desde diferentes países. Por último, pero moi importante, quero darlle as grazas á miña amiga Patricia Loureiro que coordina a páxina d`A Lareira Máxica no Facebook e sobe alí todo o que aquí ve a luz. Moitísimas grazas, Patri!!

Pasaron xa 8 anos desde aquel 1 de maio que decidín crear A Lareira Máxica aproveitando a festividade do Día do Traballo do 1 de maio de 2006.

A experiencia está a ser tremendamente positiva e permitiume coñecer a moita xente. É gratificante poñerse diante do ordenador e poder escribir o que un quere, sen trabas, e sen que ningúen che diga que o podes ou non publicar. O único que lamento é non poder actualizar máis A Lareira Máxica, pero non podo adicarlle o tempo que a min me gustaría.

Por útimo, lembrarvos que xa sabedes que tod@ aquel/a que o desexe pode enviarme artigos para publicar n`A Lareira Máxica.

...........................................................
Julio Torres
Creador, editor e coordinador de A Lareira Máxica

11 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

¡Felicidades! É moi bonito manter a ilusión durante tanto tempo.

Mariam dijo...

¡Felicidades! É moi difícil manter a ilusión durante tanto tempo.

Estrela de Xullo dijo...

Moitos parabéns, Lareira!
Debo de ser a última persoa en incorporarse como colaboradora a este blog e fíxeno coa ilusión de quen emprende un novo camiño...
Máis unha vez, parabéns por eses oito anos e cinco días.
Un saúdo.

O Moucho dijo...

Hola. Felicidades con retraso. No ando muy participativo pero sigo viendo este blog. Ojalá siga por muchos años mas. Un abrazo a todos: creador del blog, los colaboradores, comentaristas y lectores.

Félix Soria dijo...

Noraboa, oito anos son moitos post e moita dedicación.

Mary Camiña dijo...

Noraboa!!! Ainda que ás veces non temos todo o tempo que quixéramos para adicarlle ás cousas que máis nos gustan, é magnífico que sempre atopamos un hoco para participar neste blog, sexa escribindo, lendo ou comentando. En parte, debido a este blog, agora mesmo estou reanudando unha das miñas pasións que é a escritura. Aprendo moito de tódol@s colaboradores, comentaristas, etc. do blog; e como non, do seu creador. Grazas por existir.

Julio Torres dijo...

Mariam: moitas gracias!! sí, abofé que non é doado pero encántame escribir sempre que podo e tamén ler os vosos comentarios e colaboracións. Perdoa por tardar en contestar, pero non puiden antes.
Moitas gracias por estar sempre aí desde os inicios estimada Mariam!!!

Julio Torres dijo...

Estrela de Xullo: moitas gracias. Perdoa por tardar en respostar. Sí, de momento eres a última colaboradora. Esperemos que iso mude axiña e haxa máis colaboradores/as. Contento estarei de recibil@s. Neste tempo puidemos ler varios artigos teus que me encantaron. Moitas gracias por compartilos connosco e por estar aí cos teus comentarios.

Julio Torres dijo...

Moucho: canto tempo Moucho!! Gracias. Bótaseche en falta aínda que sexa para deixar un comentario breve de unhas poucas palabras. Perdoa ti pola tardanza en contestar. Gracias por estar aí. Un pracer voltarte ler.

Julio Torres dijo...

Félix Soria: moitas gracias e perdoa polo retraso en contestar. Sí, 8 anos son moitos posts e traballo, certo. As persoas que colaboran neste blog teñen gran parte de culpa de que haxa tantos artigos. Bendita culpa!!! Mágoa que un servidor non poida ESCRIBIR e actualizar tanto como quixera. E por falta de ideas e temas, asegúroche que non é.

Un pracer terte como seguidor. Curiosamente levamos prácticamente o mesmo tempo como blogueiros se non me trabuco. Ti con Im-Pulso analizando e contextualizando toda a actualizando. Magnífica labor a dun xornalista de bandeira coma ti. Parabéns.Aproveito para recomendar unha vez máis este blog e todos os que figuran no apartado "A eira dos blogs" na columna esquerda de A Lareira Máxica.


Julio Torres dijo...

Mary Camiña: moitas gracias. Coincido completamente en todo o que dis e, ALÉGRAME MOITÍSIMO que escribir en A Lareira Máxica fixera que agora voltes a escribir. Escribir é algo marabilloso!
Por certo, aproveito para comentarvos que Mary Camiña ten o seu propio blog, que tamén figura en "A eira dos blogs" de A Lareira Máxica. Chámase a metamorfose das palabras.
Moitas gracias polas túas colaboracións, comentarios e por ser seguidora de A Lareira Máxica!!