jueves, 13 de junio de 2013

** Un adeus a un grande: "Pico"


SANXENXO. jULIO tORRES

Hai noticias tristes, desas que nunca gustaría dalas. A morte dun dos grandes do humor galego, o actor Xosé Manuel Olveira "Pico" (apodo afectuoso co que era moi coñecido na escena galega) é unha mostra. Teatro, cine e televisión, un medio éste último onde chegou a ser moi coñecido por series como "Pratos Combinados" (facía de avogado), "Mareas Vivas" (estivo nas dúas primeiras tempadas intepretando a un cura que ó final se quedaba en cadeira de rodas), e máis recentemente en "Padre Casares", na que daba vida ó bispo. Tamén foi presidente da Asociación Galega do Audiovisual.

Coido que o vin unha vez por Santiago. Non o coñecía, pero deixa tras de si unha aurea de persoa campechana e boa, amais de ser un gran profesional. E niso coinciden os seus compañeir@s de profesión, e non agora que morreu, senón xa de antes. O último recoñecemento foi na entrega dos Premios Mestre Mateo. Aínda que coido que non estaba premiado recibiu o apoio dos sesu compañeir@s de profesión. Ese día non recordo qué actor o nomeou e falou que o estaba pasando mal a nivel de saúde. A ovación de ánimo e apoio foi grande. Un recoñecemento non so son os premios senón o sentirse querido e respetado pola xente e, en especial, polos seus amig@s e polos compañeiros de profesión.

Nunca olvidarei o seu sentido do humor e o moito que nos fixo rir. Gracias por tódolos bos momentos que nos fixestes pasar.

Non é a única morte de persoaxes famosos e tamén respetados e apreciados pola xente. A nivel nacional hai poucas semanas morreron o gran Alfredo Landa, e tamén o presentador e dobrador Constantino Romero, dúas grandes figuras do cine e da televisión, cada un no seu eido. Descansen os tres en paz.


.....................................................................................................................................
ENLACE: Entrevista do xornalista Nacho Mirás a Xosé Manuel Olveira "Pico" publicada na Voz de Galicia o 02/02/2009 na sección "La Cara B" (contraportada)

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Era un tipo sinxelo, cero divo, téñoo visto por Área Central co carriño da compra. Bueno, pois quedaron os de Padre Casares sen bispo. Oxalá non sufrira.

sonia dijo...

Vaia acabo de sorprenderme non o sabía...É un actor galego que traballou nalgunha película, non recordo o título ("El lápiz del carpintero"???), era unha película que trataba sobre o comezo da guerra civil creo. A película encantoume pola temática, pero son realmente pésima recordando títulos.
Daquela sorprendérame pois había penso varios actores galegos, o cal me enorgulleceu, aínda que o non sexa unha gran galegista.