lunes, 2 de abril de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...Do 2 ó 8 de abril


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao







abril-02 1908 Os restos de Curros Enríquez son soterrados na Coruña, tras o seu traslado desde A Habana.


abril-03 1934 Falece prematuramente en Zaragoza o escritor ourensán Xurxo Lorenzo Fernández, ós 24 anos.
abril-03 1935 Castelao pronuncia unha conferencia na cidade portuguesa de Porto: «Os cruceiros na Galiza».
abril-03 1997 O DOG publica o Decreto 66/1997, do 21 de marzo, polo que se modifica parcialmente o Decreto 247/1995, do 14 de setembro, referido á aplicación da lei de normalización lingüística nos niveis non universitarios, no tocante ó ensino en lingua galega.


abril-04 1907 Nace en Boiro Ramón Martínez López, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, profesor universitario e exiliado nos Estados Unidos.


abril-05 1979 Morre Luís Seoane, ó pouco de regresar do exilio, na cidade da Coruña.


abril-06 1895 Nacemento en Guísamo de María Miramontes, costureira, a dona de Ánxel Casal, padroeira do libro en galego e activista do movemento galeguista entre as mulleres.
abril-06 1935 Nace en Boa (parroquia de Noia) Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido literariamente como Antón Avilés de Taramancos.
abril-06 1981 Apróbase a Lei orgánica do Estatuto de Autonomía de Galicia, que no seu Artigo 5.1. recolle de forma explícita que «a lingua propia de Galicia é o galego».
abril-06 1995 A Revista das Letras d'O Correo Galego estrea deseño e nova periodicidade semanal.


abril-07 1912 Primeiro número d'A Voz do País, semanario de tendencia rexionalista, editado en Monforte de Lemos (Lugo).


abril-08 1892 Nace na Coruña Alfredo Somoza Gutiérrez, vinculado ó movemento galeguista e ó mundo do exilio en Uruguai.


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :