xoves, 31 de xaneiro de 2008
luns, 28 de xaneiro de 2008
** O clube das adiviñas: 1 poema...
Velaquí a segunda entrega da nova sección de ALM "O clube das adiviñas". Agardemos que nesta ocasión algúen acerte e a xente participe máis que na primeira ocasión. Daquela ningúen foi quen de dar coa solución do acertixo proposto por María. ¿E desta vez alguén acertará a adiviña? Ougallá. Se ningúen acertase a solucicón desvelarase antes de rematar a semana en curso. Trátase dun poema enviado por Mariam. Como nin o Julio nin eu podemos participar pois a ver se o adivinades. Coido que é fácil. Pedimos nome do poema e autor.
.................................................................................................................................
Dale vida a los sueños que alimentan el alma,
no los confundas nunca con realidades vanas.
Y aunque tu mente sienta necesidad, humana,
de conseguir las metas y de escalar montañas,
nunca rompas tus sueños, porque matas el alma.
Dale vida a tus sueños aunque te llamen loco,
no los dejes que mueran de hastío, poco a poco,
no les rompas las alas, que son de fantasía,
y déjalos que vuelen contigo en compañía.
Dale vida a tus sueños y, con ellos volando,
tocarás las estrellas y el viento, susurrando,
te contará secretos que para ti ha guardado
y sentirás el cuerpo con caricias, bañado,
del alma que despierta para estar a tu lado.
Dale vida a los sueños que tienes escondidos,
descubrirás que puedes vivir estos momentos
con los ojos abiertos y los miedos dormidos,
con los ojos cerrados y los sueños despiertos.
ACERTIXO-POEMA REMITIDO POR: Mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións mariaM , o clube das adiviñas...
** A Frase Máxica de ...Octavio Paz....Imaxinación
Posted by Patricia Loureiro 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
domingo, 27 de xaneiro de 2008
** A comunicación invisible: A linguaxe non verbal
Unha mirada, un aceno, un xesto, un asentimento en silencio, un resoplo, un abaneo da cabeza, encollerse de ombreiros, fruncir a faciana, cruzar os brazos, cruzar as pernas, levarse a man á cabeza, rascarse o nariz, non mirar á cara do interlocutor, baixar a mirada, rir sen facer ruído, un guiño de ollos, non atender a quen che fala, mirar fixamente a que che fala devorándo@ cos ollos, taparse o nariz, taparse os ollos, abrir os ollos ata o límite, unhas mans sudorosas, un apretón de mans suave, outro máis forte, outro forte de máis, mirar de reollo, poñer cara de asco, quedarse coa boca aberta, levar a man ó queixo e quedarse pensando absorto no tempo, pór a man diante da boca, tapar os oídos, levar o dedo índice á parte dereita os esquerda da cabeza namentres o xiramos…..Por certo: non estou tolo, non. E podería seguir enumerando un sinfín de xestos, miradas e demais, pero tampouco é cuestión de continuar...¿Que é todo isto?. Xa vos dariades conta de que ten que ver coa linguaxe non verbal. E disto, vai o artigo: da comunicación aparentemente invisible que é a linguaxe non verbal.
Ó longo do día calquera de nós fai unha multitude de acenos que, consciente ou inconscientemente, persiguen unhas finalidades. ¿Cales? Expresar o noso estado de ánimo ou posicionarnos ante algo, incluso se nque non nolo pregunten. E moitas veces o que dicimos ou afirmamos verbalmente non vai en consoancia cos xestos que usamos ou deprendemos. E pasa máis do que poida parecer.
¿A onde quero chegar? ¿Que pretendo dicir? Nada en concreto e todo á vez. Todo isto ven porque nesta última semana déuseme por fixarme nas facianas das persoas e no seu corpo ó tempo que falaban. E voalá....Agora entendo ós psicólogos, a eses profesionais que parecen sabelo todo das persoas e de qué significa o que fan ou expresan. En moitos casos, sorprenderiavos saber cómo e de qué maneira minten as persoas. Outras disimúlano máis pero, aínda así, pódese averiguar se emiten mensaxes contradictorias ou non.
Unha simple mirada pode bastar para saber
o que nos pretenden dicir, sen nin sequera falar. O xeito, a duración ou a intensidade de ollar a unha persoa pode implicar varios significados: busca de complicidade, axuda, permiso, querer ligar, etc. Xa vedes case hai unha mirada para cada cousa...
Nalgúns casos a linguaxe non verbal ven derivada de manías ou tics das persoas. Aquí a información está, ou pode estar, contaminada, non sendo fiable ó 100%. Así, por exemplo, hai xente que ten por costume cruzar as pernas ou brazos, pero non por sentirse incómoda ou pouco receptiva (que é o que os expertos intepretan qué significa ter brazos ou pernas cruzados). Ou se che pica o nariz, o lóxico e naturar é rascarte. Tampouco hai que ser taxantes e querer quitarlle un significado de libro a todo....
Perdoádeme, pero e que en fronte miña hai unha rapaza que me guiña un ollo. ¿Qué me quererá? Xa volo contarei outro día….
UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Medios de Comunicación , opinión , sociedade



