venres, 29 de decembro de 2006

**Visionar de xeito rápido os últimos comentarios

Boas novas para @ asidu@ deste blog. A partir de hoxe poderedes ver unha lista dos últimos 10 comentarios feitos (os anónimos non aparecerán, si se firman cun seudónimo. A lista destes últimos comentarios ubicareina, polo de agora, despois dos videoclips destacados e antes dos últimos artigos publicados. Agardo que vos guste. Calquera opinión, observación ou consello sobre a organización, contido ou outros aspectos de A Lareira Máxica xa sabedes que podedes enviarme un mail: alareiramaxica@hotmail.com Tamén podedes deixarme un comentario neste mesmo artigo.
Tamén introducín algunha novidade máis, pero deberédala descubrir vendo pola columna da esquerda ou "sidebar".....

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota: A introdución desta novidade interfire na opción de ver o nome de A Lareira Máxica en movemento da ventana ou pestaña correspondente do navegador. En lugar de verse o nome do blog, aparece en movemento o nome do artigo máis antigo que se pode ver na páxina principal de A Lareira Máxica. ¿Alguén sabe como podo solucionar esta interferencia entre os dous códigos? Preciso axuda!!! Acepto todo tipo de suxerencias ou indicacións ó respeto. De persistir tería que eliminar o dos últimos comentario....

**.....Entre inocentada e debuxo moi animado....

Efectivamente, María, o da venda de A Lareira Máxica era unha gran inocentada. Como ben dis, nin por todo o ouro do mundo a vendería....¿ou sí? Quen sabe....Pero hoxe por hoxe nin mo prantexo....Teño uns lectores ós que debo (Gracias, por facer que o lume de A Lareira Máxica siga acendido. Sen a vosa leña isto non sería possible). Ademais, gústame moito o de realizar un blog. O dito, o da venda era unha inocentada do día para facelas que era onte, 28 de Nadal, os "Santos Inocentes"

Ando probando, como sempre, cousas novas. Unha delas, paso a enseñárvola. É un invento diseñado por Wizard Animation.
A Lareira Máxica

xoves, 28 de decembro de 2006

** O relato de María. Cap.2 (Vai ben encauzado)

Estaban completamente enganchados un ó outro. Faltáballes tempo para chegaren ás súas respectivas casas, tras as súas obrigas diarias, e conectárense na busca un do outro. De onde conseguían sacar o tempo era un misterio, o único certo é que falaban tódolos días durante horas. Con él, ela aprendeu a perder. Sempre fora unha pésima xogadora e unha pior perdedora, mais perder ás damas con el era sempre un pracer. Esa foi unha máis das moitas promesas incumpridas. Non sei se nunca puideches ou simplemente nunca quixeches cumprila. Prometéralle ser o seu teacher particular algún día. Prometera aprenderlle a xogar ás damas como era debido, pero aínda hoxe segue sen saber mover ben as fichas... Ve-lo Artigo completo....

Pero aquela non fora a única cousa que aprendera del. Con el tamén aprendeu a deixarse coñecer, a deixar atrás os medos, a compartir, a sentir que formaba parte de algo. Encariñarse del fora moi doado, botalo de menos máis doado aínda.

Chegara decembro e con el o Nadal. Ela so podía pedirlle unha cousa: coñecerse por fin. Só pasaran dous meses escasos dende aquela primeira tarde, pero ela xa o tiña todo moi claro. Moito máis claro do que nunca antes tivera nada. Sen embargo el tiña outros plans. Pasaría aquelas datas coa súa familia nesa aldea afastada de todo e de todos. Ela entendeuno, ó fin e ó cabo ela non era ninguén. Nunca tivera intencións de coñecer a ninguén por aquel medio. So era un pasatempo, un entretemento, así que tampouco tiña dereito algún a pedirlle nada. Os seus sentimentos, o que ela puidera sentir, incumbíanlle so a ela. Non tiña dereito algún a pedirlle nada. Deu por sentado que aquelo sería a fin da súa bonita relación cibernética, pero unha vez máis estaba errada. O 31 de decembro, cando xa non esperaba nada, recibín a túa inesperada chamada. Estivo ben escoitar a túa voz, escoitar que me botabas de menos.
O 8 de xaneiro ela agardábao diante da pantalla, el non faltou á cita. De novo volta a empezar.


__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

** VÉNDESE A LAREIRA MÁXICA

ESTE BLOG ESTÁ EN VENTA.... @S INTERESAD@S EN ADQUIRILO PODEN ENVIARME AS SÚAS PROPOSTAS ECONÓMICAS Ó MAIL: alareiramaxica@hotmail.com
A experiencia foi maravillosa, pero tendo en conta que se pagan moi ben os blogs, pois decidinme a polo en venta. Xa recibin algunha oferta, pero paréceme pouco interesante. Non pido miles de millóns nin moito menos, pero tampouco unha limosna.....