viernes, 9 de julio de 2010

** As Maravillas de Galicia: Foxos e Emita de A Lanzada


SANXENXO. Julio Torres



Ermita de Nosa Señora de A Lanzada e Praia de Foxos, en Sanxenxo

Teño a gran sorte de ser de Sanxenxo e de coñecer esta paraxe incomparable formada pola ermita de A Lanzada e a praia de Foxos. Nesta última ten lugar o mítico baño das nove olas. A creencia popular outórgalle poderes fertilizantes ás mulleres que, estando en idade fértil, non poden ter fillos. O baño débese tomar, según se di, coincidindo coa noite de San Xoán ou coa celebración da romería da Festa da Lanzada (a última fin de semana do mes de agosto) no recinto da ermita, unha pequena pero fermosa peza arquitectónica. A poucos metros localízase a coñecida Praia da Lanzada. A visita á zona é obrigada se visitas Sanxenxo.

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

An dijo...

Entón, se cadra, xa coñezas este caderno:
http://alanzada.wordpress.com/
Agardo que estas escavacións poñan inda máis en balor a zona. Saúdos e apertas

Julio Torres dijo...

Sí, An. Desde hai unha semanas están voltando a recuperar antiguos restos arqueolóxicos xustamente entre a zona que vai desde a Praia de Foxos ata a entrada da emita de A Lanzada. Hai moitos anos xa rescataran bastantes que se atopan no Museo de Pontevedra.
Agora retoman as escavacións. Sen tempo non era....

Anónimo dijo...

Un lugar precioso, si. En canto ós poderes fertilizantes que mencionas teño varias dúbidas. Explícome, para que funcione a cousa, é dicir, o poder, hai que facelo in situ ou baixo teito. ¿Pódese elixir en función da fase lunar?. Outra posibilidade que se me ocorre e que, ó mellor, ese día xa non hai que facer nada porque o poder ese é unha especie de gran poder e co baño xa se queda unha coma Dios, é un dicir. Outra dúbida que teño é con respecto á vestimenta. Non sei moi ben cal sería a máis axeitada. O máis natural paréceme ir espida o que pasa e que sendo un ritual que se fai ó lado dunha ermida, non sei si sería políticamente correcto. ¿Hai que levar camisón e subilo para arriba coma facían nosas avoas?. Supoño que ti, sendo lugareño, terás información máis detallada sobre este ritual e o procedimiento para levalo a práctica con todas as garantías de éxito.

Anónimo dijo...

Moitas veces hai que rir por non chorar. Faime gracia o das olas porque no meu caso nin con nove nin con noventa. Non é cuestión de fe, é bioloxía.

O Moucho dijo...

Segun teño entendido, a muller tense que meter na auga antes do amencer, ate cubrir a barriga, como minimo e deixar que te batan 9 olas no teu ventre. Esto deberíase facer desnuda e na compaña da tua parella tamen espida. A continuación deberan facelo coito nas pedras do acantilado que están preto da praia ou da Ermita da Lanzada. Os días mais máxicos según os entendidos son a semana das festas da lanzada ou na semana de san Xoan. Ainda que según alguns conseguirono, noutras datas.
Fermoso lugar moi preto do meu lar donde existen mas lendas e tradicións. Esperemos que as excavacions que se levan agora, poñan en valor todos os restos e faga aflorar de novo a historia soterrada da nosa comarca

Julio Torres dijo...

Sí, é así como di o Moucho. O de facelo in situ, sí que non o sabía. Pensei que era baixo teito, máis tarde.

A tradición refírese ás mulleres que estando en idade de poder ter fillos, non se quedan emabarazadas a pesar de intentalo.

Un saúdo,
Carpe Diem

Mariam dijo...

Fai moito que non vou a Sanxenxo. Toda esa zona é de postal, preciosa. A xente que estaba por alí, daquela, pareceume moi pija, moi boba. Sinceramente,o último que me apetecía era verme no medio deles. Afortunadamente, para min, en parte gracias a este blog, fun coñecendo xente de alí moi agradable, moi especial.