sábado, 1 de marzo de 2008

** Natasha St. Pier, un descubrimento musical

Natasha Saint Pier é unha xove cantante canadiense de 27 anos que, a parte de ser moi guapa, ten unha voz que é unha delicia escoitala. Neste vídeo musical que vos achego no post atopámola cantando a dúo, en español, con Miguel Bosé. Debo recoñecer que a descubrín gracias a esta canción "Tu trouveras", en francés -título orixinal da canción- que en castelán se chama "Encontrarás".

Esta xove artista, que representou a Francia no Festival de Eurovisión de 2001, ten as súas espaldas varios discos editados, aínda que non se deu a coñecer no mundo de fala hispana ata hai ben pouco. Para máis información lee a súa biografía aquí





ARTIGO REALIZADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** Lisboa, cidade lusa fermosa e con muita historia



venres, 29 de febreiro de 2008

** Primeiro post de ALM un 29 de febreiro: ¿por que?

Este é o primeiro post que publica A Lareira Máxica un 29 de febreiro. O ano pasado non se publicou nada. E non voltaremos publicar outro post ata o 29 de febreiro de 2012 (se o blog daquela ten éxito e segue existindo, que xa é moito aventurar xa que pode que dentro de catro anos a ninguén lle gusta xa ALM ou pode que o blog xa desaparecera ou sabe Deus porque en catro anos pode pasar de todo. Oxalá que sobor de todo cousas boas).
Como ben coñecedes o motivo de falar do 29 de febreiro é que 2008 é un ano bisiesto, ten un día de máis. A explicación científica é que a terra tarda 365 días e 6 horas en dar a volta completa de traslación sobre o sol, polo que cada esas 6 horas anuais a maiores acumuladas en catro anos, forman un día. De aí que cada catro anos haxa un día de máis e se lle chame ano bisiesto por esta causa científica.
Para máis explicacións lede este artigo




UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Barón de Verulam: ocasións

" A ocasión hai que creala, non agardar a que chegue "



BACON, Francis Barón de Verulam