domingo, 18 de marzo de 2007

** Un descanso en terras lusitanas


Lareireir@s a partir da mañán e durante toda semana que ven, A Lareira Máxica permanecerá sen actualizar. ¿O motivo? Pois, como xa vos adiantei o mércores, voume de mini-vacacións a Lisboa. Din que "o que non foi a Lisboa non veu cousa boa". Pois entón haberá que deixarse facer caso a este dito, aínda que particularmente Galicia non lle ten nada que envidiar a ningún lugar. Pero a un servidor gústalel moito viaxar. E este ano toca Lisboa, unha das cidades que teño moitas ganas de visitar. E alá vou... Espero que non me decepcione e que nos poucos días que alí vou estar poida coñecer o máis importantes.

Recibín consellos e indicacións varias dos lugares a visitar na capital lusa e arredores. Por internet tamén hai informacións e opinións. Teño moi claro os sitios a visitar, aínda que haberá varios que non creo que poida visitar. Xa se verá.

Alá imos dous galegos a visitar o país veciño. Serán uns días nos que viviremos cunha hora menos ás nosas costas, pero con moitos desexos de disfrutar das bondades do país veciño. Á volta, por suposto, prometo contar algo da viaxe, neste o noso blog.

Ata daquela despídome momentaneamente de tod@s vós. Por favor, seguide visitando A.L.M. e deixando os vosos comentarios e artigos (ou propostas de artigos que vos gustaría ler, incluso). Cando chegue actualizarei e publicarei todo aquilo que reciba a próxima semana. Por certo, no reproductor de MEEN quédanvos nada máis e nada menos que 183 cancións para que escoitades de fondo para que a lectura e a navegación polo blog se fagan máis amenas.

Agardemos que o tempo nos acompañe...

Un saúdo e Carpe Diem,
Julio

sábado, 17 de marzo de 2007

** Unha volta polo pasado animado

Os anos pasan, pero os bos recordos sempren quedan aí. E as lembranzas da infancia son unhas delas. Daquela os problemas eran problemiñas. Parece mentira, pero os anos pasan sen darse de conta. Aínda foi onte cando os sábados pola tarde, poñian os debuxos animados, en troques de telebasura. Daquela so había unha canle. E os debuxos animados eran moi bos. Algúns incluso son repostos co paso dos anos. Iso danos unha idea da maravillosa colleita que houbo no pasado. Polo xeral, os de hoxendía non chegan á súa altura....

Para axudarvos a refrecar a memoria aquí vos deixo a sintonía de entrada de "Comando G", unha serie futurista, de cando falar do século XXI podería sonar a ciencia ficción. E falando de todo un pouco, ¿cal foi a vosa serie de debuxos animados favorita?

** Enquisa sobre o amor.....preto da Primavera

Hai tempo propuxéranme poñer en A Lareira Máxica unha enquisa a cal vos paso a prantexar. Agardo as vosas respostas. E podedesvos extender o que desexedes.
¿Que estariades dispost@s a facer por amor?
Non se pode dicir todo, depende ou nada. Hai que pór cando menos álgún exemplo.

venres, 16 de marzo de 2007

** A Frase Máxica... sobre a amizade

“O difícil non é estar cos amigos cando teñen razón, senón cando se equivocan”



André Malraux (novelista francés)