domingo, 17 de decembro de 2006

** Unha noite no teatro...rodeado de historia


Había xa uns anos que o teatro e máis non nos atopabamos na encrucillada. Habia tempo que puxera a máscara e conseguira burlarme del. Pero onte quiteime a máscara e atopoume, atopoume. E voltámalo pasar moi ben os dous xuntos. Dúas horas xuntos cual amantes namoradísimos.....Voltaremos repetir.
E é que onte fun ver unha obra da compañía "Teatro del Noroeste" titulada "Imperial: Café Cantante". O seu argumento conta .... Ve-lo Artigo completo....

a vida da xente que traballa ou visita un Café con actuacións musicais. Sitúase na cidade de Vigo nos días previas ó inicio da Guerra Civil española o 18 de julio de 1936. O drama histórico que se fermenta na sociedade daquela época, mestúrase co amor, coa música, cos soños, coa inxenuidade, co poder,.....Unha simbiose ben argallada e interpretada polo seus actores.

O papel principal correspóndelle a actriz Maxo Barxas, rostro coñecido tamén na televisión polos seus papeis, emtre outras, en series como "Galicia Express", "Rías Baixas". Tocoulle dar vida a un cantante de fados portugesa de nome María Das Neves.

O resto de personaxes non me soaban, aínda que posiblemente, algún máis sexa coñecido:

- Carlos Mosquera "Mos"
- Luma Gómez
- Inma Antonio
- Ramón Orencio
- Xan Casas
- Brandán Lourenzo
- Miguel Pernas (deste soábame moito a súa voz, ¿publicidade, dobrador ou "voces en offs" tal vez?
- Xavier Estévez
- Xosé Vilarelle

A representación e a caracterización dos seus personaxes está moi lograda. Cada un borda o seu papel. Existen varios estereotipos: o rico, o idealista, a actriz famosa, o pobre, o soñador.....

O malo é que dura 2 horas xustas, un pouco longa, pero tendo en conta que é moi entretida, lévanse ben. Iso é que non escenario fuman os seus actores e actrices. A xustificación dáse antes de empezar alegando que daquela fumábase moito nese tipo de Cafés. Menos mal que o escenario é grande e que lugar é grande...

Por certo, ó final da obra pasou que.... (pero ese tédelo que descubrir vós
mesm@)......

------------------------------------------------------------------------------------
¿E vos vístela obra? ¿gústavos o teatro? ¿cal foi a última obra que fostedes a ver? ¿que pensades do teatro? ¿teatro ou cine?

sábado, 16 de decembro de 2006

** Unha lei que era moi necesaria........

Vivimos nun país, España, que está vendo como diminúe a tasa de natalidade e, pola contra, a poboación se envellece cada vez máis. E cada ano que pase serán máis as persoas maiores de 65 anos. Isto implica máis problemas de saúde e, consecuentemente, máis dependencia destas persoas para as actividades da vida diaria. Pero ¿por qué falo disto? Pois porque onte saiu publicado no Boletín Oficial do Estado, a Lei da Dependencia,da que se leva falando desde hai tempo. Era unha lei moi necesaria. Non só para as persoas maiores, senón tamén para outros colectivos como son os minusválidos ou os menores de 3 anos. Agora falta que a Xunta de Galicia a desenvolva, algo que previsiblemente non estará feito octubre de 2007. O fin que pretende é que tódalas persoas dependentes dispoñan de máis recursos e axudas... Ve-lo Artigo completo....
A Lei da Dependencia distingue diferentes tipos de dependencia dunha persoa para a súa vida diaria. Define a dependencia como:

"O estado de carácter permanente en que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á pérdida de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención de outra ou outras persons ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal" .

A lei establece tres grados de dependencia:
** Grado 1 (moderada): cando a persoa necesita axuda para facer actividades básicas da vida diaria alomenos unha vez ó día;
** Grado 2 (severa): cando necesita axuda 2 ou 3 veces ó día, pero sen precisar resencia permanente dun coidador;
** Grado 3 (gran dependencia): cando é indispensable a presencia continua de outra persoa.


O fin principal que persegue é que as persoas permanezcan no seu contorno o maior tempo posible, incrementando as prestacións como a axuda a domicilio ou os centros de día; aínda que tamén poderá haber prazas de residencia de carácter permanente para discapacitados físicos e psíquicos.

Anuncia recursos económicos en forma de axudas, así como de instalacións e centros. Moitos, como o dos centro de día, son hoxendía insuficientes e todos privados, non públicos. Outros como os centro de noite, aínda non existen.

A relación completa dos servicios ós que poderán optar e que comprende os servicios sociais de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia que seguen:

a) Os servicios de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal.

b) Servicio de Teleasistencia.

c) Servicio de Axuda a domicilio:

(i) Atención das necesidades do fogar.

(ii) Coidados persoais.

d) Servicio de Centro de Día e de Noite:

(i) Centro de Día para maiores.

(ii) Centro de Día para menores de 65 anos.

(iii) Centro de Día de atención especializada.

(iv) Centro de Noite.

e) Servicio de Atención Residencial:

(i) Residencia de persoas maiores en situación de dependencia.

(ii) Centro de atención a personas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.


Dentro das axudas, unha medida novidosa é que contempra as axudas ós coidadores familiares (non profesionalizados), que poderán percibir unha prestación económica, aínda que terán que darse de alta na Seguridade Social.

venres, 15 de decembro de 2006

** Un premio merecidísimo...!!!!

Hoxe quixera felicitar ó xornalista Nacho Mirás Fole, redactor do xornal "La Voz de Galicia" que recibirá dentro dun pouco un dos Premios Galicia de Comunicación 2006....Noraboa.
É un xornalista que non para e que tamén lle da vida a un blog que acostumo a visitar desde hai moitos meses. Moi bo por certo. www.rabudo.com. Recomendado. Non deixedes de ler os seus relatos novelados de feitos cotidianos porque son, sinxelamente, xeniais. Alégrome que se lle recoñecera o estupendo traballo que cada día fai, e que, por desgracia, non se lle recoñecen sempre a tódol@s que o merecen...

xoves, 14 de decembro de 2006

** ¿POR QUÉ......?

¿Por qué será que a moitas mulleres, de pelo moreno por natureza, lles gustan pasar a engrosar o club das rubias de bote? E non digo cando lles saen canas ou xa teñen o pelo gris, non, senon cando son aínda moi xóvenes.
Por certo, e ¿por qué será que se tiñen de rubia e deixasn as cellas morenas?? Curiosa mezcla.....
O que vos acabo de dicir é, en poucas palabras, o argumento dun monólogo de "El Club de la Comedia". Ollo, que non estou dicindo que non me guste. Cada unha é libre de facer o que queira co seu pelo.....Faltaría máis.....So que é algo cada vez máis habitual....
___________________________________
Preguntas feitas polo ADMINISTRADOR