mércores, 4 de xuño de 2008

** Crónica dunha morte anunciada. Versión Sexta

"El día que lo iban a matar, Santiago Nasar se levantó a las 5:30 de la mañana para esperar el obispo. Había soñado que atravesaba un bosque de higuerones donde caía una llovizna tierna, y por un instante fue feliz en el sueño, pero al despertar se sintió por completo salpicado de cagada de pájaros..."

Así principia a novela "Crónica de una muerte anunciada" dun dos meus escritores favoritos. Algún día falarei del, ou de Aureliano Buendía. Quen sabe. O asunto é que hoxe traio a colación esta cita deste literato e escritor por outro motivo.

Parafresando a G.G.Márquez poderiamos dicir que: "El día que lo iban a matar, Rodolfo Chiquilicuatre, se levantó...". Sí, era a crónica dunha morte máis que anunciada. A deste personaxe creado pola factoria de El Terrat, a productora que dirixe Andreu Buenafuente, e quen produce o seu programa de ligth nigt en la Sexta (Antes en Antena 3).

Cando crearon o personaxe de Rodolfo so era para mofarse de Eurovisión e, de paso, divertir ós incondicionais de Buenafuente. A persona elixida foi David Fernández. El daría vida a un daquela desoñecido Rodolfo Chiquilicuatre. Hoxe, este ficticio personaxe despídese da vida. Vai morrer, como antes o fixera "El Neng" da man de Edu Soto. Todo personaxe ten un ciclo, e o de Rodolfo xa chegou. A súa defunción producirase no programa de hoxe. Ou así está anunciado desde hai uns días.

A morte da personaxe é lóxica. Cumpriu o seu obxectivo con creces. O Festival de Eurovisión xa pasou. Nunca se imaxinaron que irían. Ou iso penso. Era unha pseudo-canción. Non era tema para gañar. So para burlarse dos texe-manexes políticos de Eurovisión, un festival que hai tempo que perdeu o seu prestixio a pasos axigantados, especialmente nos últimos anos coa incorporación de multitude de países do Este Europeo, gran parte escindidos doutros máis grandes como a antiga U.R.S.S. ou da Yugoslavia. Para cumprir o obxectivo de burlarse de Eurovisión, sin dúbida, sí que era o representante axeitado. Para gañar, non. Pero, como xa se sabía que iso sería imposible pois afrontalo con humor e burla a min pareceume ben. So nese sentido.

Por certo, o outro día lembreime de Anabel Conde. ¿Algúen se lembra? Esta si que era cantante. Representou a España no ano 95 e quedou de .... 2ª. En cambio non triunfou despois. Cousas da vida.

En fin, que Rodolfo foi un personaxe que nos fixo rir a tod@s e que nos contaxiou un baile divertido. E demostrouse que gran parte de España ten humor. E iso, como xa sabedes, é moi importante na vida.

Hoxe David Fernández voltará a renacer e deixará de ser Rodolfo, a personaxe que o posuiu nos últimos meses. Chapeau polo humorista David Fernández e polo ben que o fixo. Ah, o de quedar 16º no Festival, tendo en conta que non era cantante, pois foi un resultado honroso (incluso por riba doutros representantes españoles dos últimos anos...).

Descanse en paz, Rodolfo Chiquiluatre. "Perrea, Perrea!!! Y el chiki, chiki se baila así..."

¿E vós que opinades do "efecto Rodolfo"?



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....Sabiduría....García Márquez



"A sabiduría chéganos cando xa non nos serve para nada"
Gabriel García Márquez

luns, 2 de xuño de 2008

** Esta sí que é unha gran aventura. Pobre Tintín!!!

venres, 30 de maio de 2008

** GRAZAS SYDNEY

Conozco una canción de África, que habla de la jirafa y de la luna nueva africana descansando sobre su lomo, de los surcos en los campos de cultivo y de las caras sudorosas de los recolectores de café. ¿Acaso conoce África una canción que hable de mí? ¿Se agitará el aire sobre la llanura con un color que yo he llevado? ¿O tal vez los niños inventarán un juego en el cual figure mi nombre? ¿Formará la luna llena una sombra sobre la grava del camino que se parezca a mí? ¿O tal vez me buscarán las águilas de las Colinas de Ngong?
(Memorias de África)

Morreu Sydney Pollack ós 73 anos en Los Angeles. Síntoo. Outra vez máis, foi o cancro o culpable. Estoulle moi agradecida a Pollack. Déixanos boas películas, entre elas a miña película favorita, Memorias de África. Vina tantas veces que xa perdín a conta. É curioso, pero esta película logra trasladarme no tempo. Cando a vexo, volvo a unha época moi concreta, finais dos anos oitenta principios dos noventa. 1987,1988, 1989, 1990, 1991. Así, enumerados son cinco anos nada máis. Para min non, para min son cinco anos de esperanza, de loita e de derrota. Os tempos de Memorias de Africa foron tempos de esperanza, despois..., tiven mala sorte e atopeime co lado máis fodido da vida ben pronto. A Pollack doulle as grazas porque Memorias de Africa sempre consegue que aflore dentro de min a esperanza, a forza necesaria para seguir adiante cando as circunstancias non veñen dereitas. Meu pai foi diagnosticado no ano 87 e morreu no 91. Sydney Pollack viveu 10 meses dende que os médicos lle puxeron nome a súa doenza. O cancro é implacable, non entende de idade nin de clase social. Desgraciadamente, hai para todos.
Estes días un grupo de científicos mandaron un cachivache a Marte para investigar ese planeta. Pode ser unha misión interesante, non o dubido. Pero aquí, na Terra, no noso planeta, ¿estarase facendo todo o posible por acabar con esta enfermidade? ¿terán os científicos todos os medios que precisan ó seu alcance? Teño as miñas dúbidas. En España maltratouse á ciencia durante moito tempo anque agora seica empezan a cambiar as cousas. Para os políticos, as Cidades da Cultura, por exemplo, son obras moito máis interesantes, máis vistosas para os stands das feiras de turismo. Logo, se non hai con que encher o “complexo” sempre se lle pode botar a man a unha ducia de pombas e facer un pombal de deseño firmado por arquitecto estranxeiro, porque nin sequera lle encargaron a obra a un artista do país. Curioso, para facer os planos da Cidade da Cultura ¿Galega? trouxeron un arquitecto de fora. Algo falla. Parece que en vez de tanto “complexo” ó mellor facíanos máis falta outra facultade de arquitectura, de medicina, de bioloxia, un laboratorio,...



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: mariam
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Simpática.....Esperanza Aguirre


" No he leído a Sara Mago"
(Esperanza Aguirre, entonces Ministra de Educación y Cultura)



Vaia, pois menos mal que Espe Ranza era Ministra de Educación, se non o chega a ser quen sabe qué tería dito...

mércores, 28 de maio de 2008

** Música para alegrar un día chuvioso e + COUSAS

Choiva. Moita choiva. Máis choiva. Segue chovendo. ¿Díxenvos que chove e non da parado neste mes de maio? Di o dito popoular que "ata o 40 de maio non te quites o sallo". O 40 de maio será, digo eu, o 9 de xuño. Non sei, non sei, a este ritmon nin o 50 de junio o poderemos sacar.... En fin, que para mitigar este chuvioso mes de maio, que din que é florido e hermoso, logo dun marzo ventoso e un abril de augas mil (este ano case ser podería dicir que marzo foi o florido e hermoso) pois vouvos subir un vídeo dunha canción portuguesa que o ano pasado arrasou é que é moi animado e que rezuma alegría e festa.

Vai adicado a tod@s os que, coma min, están esperando que o Lourenzo regrese, enxoito, da súas vacacións, pero en especial a Lois, un amigo ó que fai meses que non vexo e ó que sei que lle gusta moito esta canción do portugués Quim Barreiros, titulada "A cabritinha".

Un saúdo para tod@s e Carpe Diem (a pesar da choiva).


Cabritinha - Quim Barreiros

** A Frase Máxica......Yules


" Nunca te fíes de quen fala mal dunha terceira persoa non presente na conversa, pois repetirá esta acción con máis persoas, incluid@ ti. Apártate desta mala influencia "



(Yules G.)

martes, 27 de maio de 2008

** Simpremente Humor Gráfico...¿cal che gusta?






luns, 26 de maio de 2008

** O galego Gustavo César Veloso gana a Volta a Cataluña

O ciclista de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Gustavo César Veloso proclamouse onte gañador da 88ª edición da Volta Ciclista a Cataluña. O corredor do equipo Karpin Galicia impúxose na rolda catalana, a decana das probas que se corren no noso país e a segunda en importancia logo da Volta Ciclista a España. Unha excelente nova para os aficionados galegos ó ciclismo. Alégrome dobremente por este triunfo: UN porque é un galego o que conquista o triunfo nesta prestixiosa carreira e DOUS porque, de paso, otórgalle un triunfo ó único equipo galego profesional neste deporte. Todo iso favorece ó deporte galego. Parabéns.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Simpática.... Natalia Paris (modelo)

"- PREGUNTA: ¿A usted que clase de música le gusta?- RESPUESTA DE NATALIA PARIS: A mi la que más me gusta, es la música de CD " (entrevista feita á modelo Natalia Paris e publicada na revista "Time" no número de Abril de 2006)


Vaia, ¿e a da radio ou a de casette non? ¿e de concerto xa nin falamos non? Sen comentarios...

venres, 23 de maio de 2008

** Julian Beever: Arte nos espacios públicos (1)

Imaxina que un día vas camiñando pola rúa e de repente ves algo que pensas que é real, pero que, nembargantes, non o é, pois so son pinturas. Pode sonar raro o que estou a dicir pero como unha imaxe vale máis que mil palabras aquí vos subo unhas fotos de pinturas que poderían pasar perfectamente por cousas reais, ou cando menos simulalas rematadamente ben. E en calquera caso, son obras de arte feitas en espacios públicos.Un exemplo son as obras do pintor Julian Beever. Sonia, colaboradora habitual de A Lareira Máxica remítenos un elenco delas, as cales iremos publicando en varias entregas. Hoxe tedes a primeira. ¿Que vos parecen?
Julio






FOTOS ENVIADAS POR: Sonia
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica: ¿será certa? Miles Davis


" O silencio é o ruído máis forte, quizais o máis forte do tódolos ruídos "


Miles Davis

xoves, 22 de maio de 2008

** Emilio Aragón: De Milikito a presidente de La Sexta

Situémonos. Década dos 80. Programa de humor de TVE "Ni en vivo nin en directo". Humorista: Emilio Aragón (= Miliquito). Tralo seu paso polo mundo dos paiasos con Con Gaby, Miliki ou Fofito e, quizás en menor medida, con Fofó e Rody- en "Había una vez un circo" (incluso chegaron a facer películas), Emilio Aragón independízase artísticamente. Un dos fragmentos míticos daquel programa da tarde dos domingos cheo de skteches era o de "Siga la línea blanca". ¿Non vos acordades?. Pobre home que non paraba de andar e de sortear os máis insospeitados obstáculos. Non me lembro do último programa... Máis tarde virían as súas participacións na radio "Chispa y Humo" (Cadena 40), ou de presentador en Telecinco con "Vip Noche" ou en Antena 3 con "El gran juego de la oca" (acompañado por Lydia Bosh e a viguesa Patricia Pérez). De por medio, a súa incursión como cantante música con aquel tema "Cuidado con Paloma" (que es de goma). Anos despois sería o protagonistas de series ("Médico de Familia" ou "Javier ya no vive solo") ou presentador de "El Club de la Comedia", entre outros, ata chegar a ser o presidente da canle "La Sexta"....

Sempre me encantou o humor e o bo facer de Emilio Aragón. Un home polifacético e multimedia. Disfrutade cos mellores momentos de "Ni en vivo nin en directo" e con outras intervencións antigas de Emilio Aragón. Documentos históticos, sobre todo o de seu debuto como paiaso: en branco e negro. Que rápido pasa o tempo, se parece que foi onte!!!


Ni en vivo ni en directo - Siga la linea blanca


El Gran Juego de la Oca



Milikito (1)



Milikito (2) -É o que toca o órgano ó fondo á dereita-




UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Simpática....Non vai de paellas...

"Aínda que se me pase o arrós, aínda me queda o marisco" (NimRI)



Inxeniosa frase a que nos trae NinRI para desfacerse das presións sociais sobre o tema da idade para poder ter fill@s. Está claro que o leva con humor. Frase elegante para deixar descolocad@ ó que pregunta ou apremia sobre o tema. Que inxenio!!

martes, 20 de maio de 2008

** RTVE aposta forte pola emisión online na súa web

A web de Radio Televisión Española (R.T.V.E.) acaba de rediseñarse. Co cambio reforza claramente a súa vertiente de informacióne e fomenta a participación dos lectores mediante enquisas. Asemade aposta claramente pola programación online e dispón de mediateca de vídeos, fotos e audios, de xeito que poderemos ver vídeos de telediarios, series ou outros programas en diferido cando o desexemos mediante a "Televisión a la carta" ou "Radio a la carta". A estructura da páxina coido que está bastante ben polo que vin ata o de agora. Existen catro grandes bloques: portada, noticias, televisión e radio que, a súa vez, se subdividen noutras seccións. Conta, amais, con buscador interno e moitos blogs de xornalistas de RTVE.

Sen dúbida un gran paso adiante do ente público por modernizarse e estar á última (a antiga web quedara bastante desfasada). Unha fenomenal noticia para os que dispoñen de acceso a internet.

Aproveito para lembrar que dispoñedes do acceso a web de RTVE nos links ou enlaces da columna esquerda do blog no apartado de televisión.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Unha cancion marchosa de Blondie para as María

Encántame a canción de Blondie titulada "María". E como hai dúas grandes colaboradoras de A Lareira Máxica do mesmo nome, pois o seguinte videoclip vai adicado a elas, a María e a mariam (que en realidade, tamén se chama María). Agardo que vos guste. Gracias pola vosa inestimable colaboración tanto realizando artigos como facendo comentarios e suxerencias.
Carpe Diem
Julio


** O Humor VAI MÁIS ALÁ...¿Humor negro?







As imaxes seica pertencen a un cementerio cubano chamado Corralejo. Un humor que trascende o terrenal...¿Será verdade ou unha montaxe? Sexa como fore hainos que levan o humor ata a mesma morte...



IMAXES ENVIADAS POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....E.W.Stevens ¿terá razón?

" Quen comenza por sentirse capaz acaba por selo "



E.W.Stevens

domingo, 18 de maio de 2008

** A.L.M. precisa de fotos antigas para publicar

Foto de Manuel Ferrol encadrada dentro da  temática da emigración galega no século XX

Quero crear unha nova sección en A Lareira Máxica na que se poidan publicar fotos antigas (non necesariamente en branco e negro) que sexan documentos que falen por sí sos ou que teñan un valor de memoria histórica. Valen fotos persoais, familiares, de lugares, obxectos, etc., sempre e cando teñan algúns aniños e nos sirvan para lembrar cómo era a sociedade hai tempo.

Esta sección foi proposta pola nosa gran colaboradora mariam (UN SAÚDO AGARIMOSO mariam) quen poñía como exemplo a famosa foto daquel home que se despedía chorando cando ¿un familiar? estaba a piques de embarcar para emigrar a América (foto que ilustre o post e que baixei de internet). Unha foto moi recurrente e histórica cando se fala da emigración galega.

Gustaríame moito recibir as vosas fotos. En caso de dúbidas enviádemas igual. En principio basta con que sexan antigas e sirvan para apreciar os cambios que houbo na sociedade vale (p.ex.: modo de vestir). No caso de que as fotos non sexan vosas, por favor, identificade de quen son (se son de internet, poñede que as quitástedes de alí, cando menos). Tamén me vale suxerencias de páxinas onde hai fotos destet estilo. E, se podedes, correde a voz desta petición. Confío nas vosas aportacións. MOITAS GRACIAS.


A foto deste artigo pertence a MANUEL FERROL

LEMBRADE: alareiramaxica[arroba]gmail.com (substituír [arroba] por @).



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** a Frase Simpática de... Ana Obregón


" Me rapo la cabeza y me pongo mocos y seguro que me dan un premio" (Ana Obregón)


Sen comentarios...É Ana Obregón, que lle imos pedir....¿E cómo sería esta tía capaz de rematar a carreira de Bioloxía?