xoves, 31 de xullo de 2014

** ¿Quen ten o mando?

J. R. Mora deu no cravo debuxando esta viñeta de humor. Xa ten un tempo (cando antes do verán pecharon 9 canais da TDT) pero non deixa de ser actual. As tornas non sempre son o que parecen e nesta imaxe reflíctese de xeito maxistral. So resta por preguntar: en realidade ¿quen ten o mando?...

Lembrade que podedes acceder á bitácora de humor gráfico de J.R.Mora a través de "A Eira dos Blogs" en A Lareira Máxica. Visita moi aconsellable ó seu blog.
...............................
Julio Torres

mércores, 30 de xullo de 2014

** Modernidade melodiosa

O móbil soa unha e outra vez. Unha música celestial emana do trebello electrónico. Resístese a consultalo baixo pena de afogar aquela fermosa canción. Finalmente sucumbe á curiosidade de coñecer que mensaxe se agochaba detrás do ton melodioso. Silencio. O whatsapp revélase alegre e agarimoso. O sorriso non se fai agardar e o efecto é recíproco. Felicidade. Verbas, frases e moitos emoticonos mesturados. Modernidade conquistada. Lonxe quedan as cabinas insaciables de moedas con ringleiras de xente facendo cola. Máis preto unha interacción virtual. Modernidade actual versus romanticismo pre-tecnolóxico pasado.

...........................................................
Julio Torres

martes, 29 de xullo de 2014

** A Frase Máxica...sobre a intelixencia

domingo, 27 de xullo de 2014

** 25 anos sobre rodas...

Los Inhumanos convertiron en éxito alá por 1989 aquilo de "Qué difícil es hacer el amor en un Simca 1000". Unha das cancións máis simpáticas e divertidas desta banda de amigos (e nunca mellor dito tendo en conta o número de persoas que eran) convertidos en grupo musical e que tamén é lembrada por máis cancións. Ésta foi uns dos seus primeiros éxitos e o seu estribillo moi cantado no seu momento. Logo Inhumanos reconverteríase en "La Banda del Capitán Canalla" a principios dos anos 2000.

Para os que non lembredes cómo era un Simca 1000 podedes ollalo no vídeo.



Nese mesmo ano,outro coche tamén facía as delicias noutra grupo musical: O "Cádillac Solitario" de Loquillo y los Trogloditas, que en 1983 xa cantaran aquela canción de "Quiero un camión"...Cuestión de rodas ou de chasis.

De todo isto hai nada máis e nada menos que ...25 anos. Cómo pasa o tempo, se mesmo parece que foi non hai tanto...



...........................................................

sábado, 26 de xullo de 2014

** A Metamorfose das Palabras

"As palabras son a representación de fonemas cun significado, pero se cambiamos ou modificamos o contexto, as palabras mudan de significado. Isto é a Metamorfose das Palabras: dar vida ás palabras convertíndoas en portadoras de sentimentos, contos e aventuras. Unha forma de crear e transmitir cultura, porque a cultura creámola entre todos"


Así presenta Mary Camiña, unha das colaboradoras de A Lareira Máxica, o seu blog: A Metamorfose das Palabras. Nel podemos ler poemas, contos e outras composicións, reflexións, temas sociais actuais e moito máis. Artigos sinceros, sensibles e realistas expresados nunha linguaxa cercana pola editora do blog que non se agocha para verter as súas opinións sobre as cousas que acontecen na nosa sociedade actual, así como os aspectos da vida que son importantes pero pequenos ós ollos de moita xente pero son as que nos achegan felicidade. A felicidade das pequenas grandes cousas. Algúns dos artigos soaranvos pois xa os puidestedes ler en A Lareira Máxica. Outros descubrirédelos por primeira vez, cautivaranvos e non vos deixarán indiferentes.

Entre os seus últimos artigos atoparedes, por exemplo:
--> Crecendo xuntos
--> Impotencia
--> Prepárate para irte do país
--> Yo también decía que la política no me interesaba cuando las cosas iban bien
--> Paradigmas do amor
--> Galega

Este último artigo é moi recomendable para ler un día coma hoxe, 25 de xullo, Día de Galicia.

Deséxolle a A Metamorfose das Palabras unha longa vida, pois reúne moitos ingredientes moi importantes: calidade, variedade,intelixencia, implicación e proximidade, entre outras características. É un dos blogs que podedes seguir en "A eira dos blogs", que atoparedes nunha das columnas de A Lareira Máxica, e na que se recollen bitácoras recomendadas.

...........................................................
Julio Torres





venres, 25 de xullo de 2014

** 25 de xullo: Galicia celebra o seu día

H oxe é o día de Galicia. Nos 8 anos que ten A Lareira Máxica acabo de decatarme de que nunca puxera o himno galego e Galicia posúe un himno cunha letra e unha música moi bonitas. O himno galego conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana (Cuba).

Aínda que existen diversos vídeos, vouvos poñer dous: un é cantado e tamén subtitulado, e outro subtitulado, pero no que so se escoita a música. Anímovos a escoitalos enteiros. Non me diredes que non podemos presumir de himno!!. É 25 de Xullo, o día de Galicia. Festivo na nosa terra. Viva o galego, viva Galicia!!!

----------------------------------------------
Julio Torres


HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?


Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.




venres, 27 de xuño de 2014

** O verán de 2014 voltará ser azul...

Tve voltará a repoñer este ano a mítica serie Verano Azul, a cal lembramos en A Lareira Máxica no seu día para saber qué acontecera cos seus protagonistas e qué facían no ano 2006 . TVE fixo pública hoxe esta nova, se ben non comunicou data de inicio de emisión. Soamente se sabe que será por La 2. Chanquete, Tito, Piraña, Javi, Pancho, Desi, Bea, Quique e Julia están de volta. Nos principios da década dos 90 chegouse a reemitir varias veces. A útima no ano 95. Xa pasaron 19 anos desde entón. A primeira vez que se botou foi en outono de 1981. Case nada...

..........................................................
Julio Torres

** O raposo e o galo van de voda ó ceo

Era unha vez un raposo que era vexetariano. Tíñalle certa tírria a un galo moi fachendoso e argalleiro que vivía cerca, pero xa canso de que se terminara burlando del, argallou unha forma de saírse por unha vez coa súa; así que acercouse un día, cando estaba na póla dunha árbore e díxolle:
- Mira, galo, estou farto de estar sempre a rifar contigo, recoñezo que ti es máis listo ca mín, así que, se che parece ben, quero que fagámolas paces.
- E por que me hei de fiar de ti? Es capaz de paparme nun descoido...
- Va! Tí xa sabes que o fago para facerte rabiar, que eu sonche vexetariano. Mira, ho!, para que vexas que estou a falar en serio, invítote a comer mañán na miña casa...
- Bueno, sexa logo...- dixo o galo sen se fiar moito.

Ao día seguinte, o galo preséntase na casa do raposo, con moita prudencia. Non as tiña todas con él, ainda que cheirar cheiraba a cereais... Á porta da casa estaba posta unha mesa con dous cubertos e unha tarteira enriba.

- Benvido, galo! Como fai un bo día puxen a mesa fóra, non che importará?
- Que me vai importar! Iso mesmiño che ía propoñer eu.

O raposo levantou a tapa da tarteira e repartíu dúas cullaradas de papas de centeo con trigo quentes
para cada un. O raposo púxose a comer con gran afán, pero o pobre do galo, como tiña peteiro e non boca apenas puido comer.

- E logo, galo, non tes fame? Mira que están boas estas papas. Ummm- relamíase o raposo.
- E que, hoxe almorcei moito e non che teño fame...- decía o galo disimulando, xa que si que estaban ben boas as condenadas...

Na cara do raposo víase que o fixera adrede e o galo marchou todo cabreado, pensando para sí que xa lla pagaría, rirse así del.

Ao cabo duns días, voltan encontrarse o galo e o raposo.

- Bos días, raposo- dille o galo.
- Bos días, gustáronche as papas do outro día?- contestoulle o raposo con retranca.
- Si, oh! Gustaron, mágoa que estivera xa farto. É o que che ten isto de estar sempre convidado a tantas festas e comilonas.
- Vai! Non che sabía eu que tiveras tantos convites.
- Pois si, mira por onde, acabo de ser convidado a unha voda.
- Unha voda?- interesouse de seguido o raposo.
- Pois si, éche unha voda moi especial, disque vai ser a “voda do ano” pola abundancia de manxares e lambetadas, que ata trouxeron un cociñeiro extranxeiro especialista en todo tipo de grans e verduras.
- Hoooo! Que sorte tés- díxolle cos ollos fóra do sitio e relaméndose- quen puidera ir.
- Agora que o penso, a miña invitación é para dous, se queres vir...
-


E levaríasme contigo?
- Como non hei levarte co boas que estaban as papas do doutro día?, sería ser mal amigo. Pero hai dúas condicións para poder ir á voda, que non sei eu...
- Xa sabía eu que o dicías por dicir, que non queres que vaia contigo..., co que me custou facer as papas...
- Bueno, algo se poderá facer ao respeto... A primeira condición é ir limpo coma unha patena e traxeado, a outra é..., esto xa é máis complicado...
- Díme! Non ha ser para tanto!
- E que... a voda é no ceo!
- Como? No ceo? Ti estás tolo!
- Si, no ceo, prepararon un gran cumio dunha montana onde só se pode ir voando, para que os animais carnívoros non poidan chegar a ela, pero, claro..., coma ti es vexetariano pois non lles importará que vaias.
- E como vou chegar aló arriba se eu non teño ás?
- Ufff!, pois vai ser un problema si, …, se ainda pesases algo menos...
- Eiii! Estasme a chamar gordo?
- Non, ho! É que se estiveses máis fraco, igual podía contigo e podíate levar agarrado nas patas...
- Pois se é por iso, non te preocupes, cando é a voda?
- Para a semana que ven.
- Pois para a semana que ven podería pesar cinco quilos menos, será suficiente?
- Podería, pero mellor que sexan seis quilos menos.
- Feito! Quedamos logo para a semana. E moitas gracias!

Alá foi o raposo todo contento por ser convidado a unha voda de tan altos voos. Pasou toda a semana facendo exercicio e dieta para perder os quilos pactados, pensando que semellantes manxares ben valían a pena tal sacrificio. Chegado o día, sen embargo, só perdera catro quilos e medio, ainda así víase moito máis lixeiro, así que pensou que o galo ven podería con el.

- Vaia, vaia! Que elegante estás!- díxolle o galo.
- A que se me ve máis lixeiro e delgado?
- Pois sí, pero ainda así, non sei eu se poderei contigo.
- Si que podes, se es un galo forte e grande- retrucou o raposo, sen deixar de pensar nos grandes manxares que os agardaban.
- Buemo, pois imos aló. Agárrate ben ás miñas patas que alá imos! E non mires para baixo!

E o galo saíu voando co raposo colgado das patas. Xa levaba subido bastante, cando deixou cair disimuladamente, un pouco de manteiga polas patas abaixo e o raposo comezou a escorregar.

- Oe, ti! Deixa de suar tanto que estou esvarando!
- E que pesas moito, para mín que non adelgazaches todo o que acordamos.
- Ai! Ai! Que esvaro! Baixa, baixa!
- Xa vou, xa vou...
- Date presaaaaaaaaaaa....

E o raposo caíu. Ía polo aire pensando que, cun pouco de sorte, caía nunha meda de palla, pois alá abixo vía como uns campesiños colocaran todo o trigo en medas e dispoñíanse a mallalo. Pero así como se ía acercando, foise dando conta que xusto ía caír na eira onde estaban a mallalo trigo. Entón o raposo fíxose unha promesa a si mesmo.

- Se desta me salvo e non morro, xuro que, por moi bos manxares que teña, non quero saber máis de vodas no ceo, eu quedo en terra.

..........................................................................................
RELATO RECOLLIDO POR: Mary Camiña

martes, 3 de xuño de 2014

** "Frivolité"

O autobús que transportou á selección de Francia nos partidos do Mundial de Fútbol de Sudáfrica de 2010 foi destruído recentemente co pretexto de alonxar o mal fario e as pantasmas. Unha coñecida firma de prendas deportivas encargouse desta hiper importantísima tarefa de vida ou morte, así como de pregonalo ós catro ventos. Dame que o autobús aínda estaba en bo uso e obedece todo a unha campaña de lavado imaxe, publicidade e marketing de cara ó Mundial de Brasil que comenzará nuns días. Paréceme unha auténtica frivolidade pois se ese autobús non lle valía para a selección francesa, sí valería para moitísima xente cun mínimo de sentido común. En fin, que a vida non so é fútbol ou deporte, senón que hai vida máis alá...Que pouco sentidiño teñen algúns!! E é que as pantasmas non están no autobús precisamente, máis ben fóra del...

...........................................................
Julio Torres

luns, 2 de xuño de 2014

** Pasou hai 25 anos...Vaia, vaia!!

Corría o ano 1989 cando soaba insistentemente nas radio fórmulas musicais daquel ano esta canción tan pegadiza. Daquela quedounos ben claro -por se alguna dúbida había- que en Madrid non había praia. Que podían gañar a Liga ou a Copa, pero que "Aquí no hay playa" pregonaban ós catro ventos. Verdad, verdadeira. 25 anos despois a vida parece que sigue case igual en canto á letra se refire... Que lonxe queda aquela tema do grupo madriño "Los Refrescos" ó que se lle coñece so por este tema musical que foi canción do verán en 1989 e no que un dos seus compoñentes era galego. Un cuarto de século que se di ben axiña...Vaia, vaia!!

...........................................................

Julio Torres

sábado, 31 de maio de 2014

** O mestre, o carniceiro e o burro

Noutros tempos, os nenos estaban na escola todos mesturados, e tiñan un só mestre, según soubesen os libros íannos pasando de curso.
O carniceiro e o taberneiro dunha pequena aldea eran amigos e tiñan os fillos no mesmo nivel, ata que, por sorprendente que parecera, o fillo do taberneiro, ainda que non era moi estudioso que digamos, pasou de nivel e o do carniceiro non.
Unha tarde, na taberna, o carniceiro estaba a falar do tema co taberneiro:

-Oe ti, como é que o teu fillo pasa de curso e o meu non? Dende cando é máis listo ca o meu?
-Home! Parece mentira que non o saibas, é que o meu está indo a clases particulares co mestre- díxolle chiscando un ollo- claro que, sempre se lle deixa caer un pequeño agasallo polo traballo que fai co rapaz en horas extra..., tí xa sabes.
-Non, non sei.
-Tranquilo, que eu explícocho e xa verás como o fillo che pasa de curso.

Dito e feito, o carniceiro foi falar co mestre e esa mesma semana comezou coas clases, a ver se nese último trimestre conseguía pasar coa axuda delas.

Tódalas semanas ía o carniceiro co seu fillo montados no burro a xunto do mestre dar un par de clases extra; e tódalas semanas o carniceiro leváballe un pequeno agasallo en mostra de agradecemento: unha ristra de chourizos, un pequeño lacón, unha cacheira, uns quilos de costelas da agulla,..., e o último día antes das notas: un xamón.

Chegou o día das notas e o fillo do carniceiro sae do colexio todo contento, non só pasaba de curso senon que sacara sobresaínte en todo... O carniceiro achégase ao mestre e dille con certa retranca:

-Vaia! Pois sí que che son boas as súas clases, Sr. Mestre.
-Mira se son boas, que se chegan a durar tres semanas máis, apróvoche ata ao burro.

...........................................................
SANXENXO. Mary Camiña

venres, 30 de maio de 2014

** Dous verbos sinónimos chamados ESIXIR e PEDIR

Nas últimas semanas puiden aprender que esixir ou impoñer son sinónimnos de pedir. E eu que pensaba que eran cousas distintas...De tanto escoitarllo dicir a algunhas persoas de verbo "fluído" que saían na televisión decateime que debía ser verdade. Desconfiar sería ser de ignorantes...E se ademais se tanto se repite e tamén sae na televisión en horario de máxima audiencia pois ten que ser certo imperiosamente... Xa que logo, agora xa sei que significa o mesmo esixir sacrificios que pedir sacrificios. ¡¡Claro, cómo non me decatei antes se ambos verbos son da mesma conxugación: as dúas acaban en "ir"!!. Para que logo digan que non se aprenden nada bo cada día da xente que sae na televisión...Así que xa sabedes...

** Unha interesante revista para o consumidor

Existen moitas revistas adicadas ó consumidor. Hoxe recoméndovos Consumer (o enlace tamén o tedes na columna esquerda de A Lareira Máxica, en "A eira dos blogs") editada por unha coñecida marca de supermercados do norte de España. Nela podemos ler moitos e útiles artigos relacionados coa saúde, a alimentación, aforro, e outros relacionados coa economía doméstica e a vida cotián. Actualízase periodicamente e incluso se pode descargar a revista en formato papel.
A modo de exemplo: Los diez alimentos más eficaces contra el colesterol

...........................................................
Julio Torres

xoves, 29 de maio de 2014

** Brasil

Brasil prepárase para comer fútbol de primeiro, fútbol de segundo, e fútbol de postre. E con el a fame irase sen necesidade de comer alimento sólido algún. Así, por arte de maxia. O mundo enteiro olla deportivamente para Brasil, namentres se esquiva a mirada social para outro lado. Brasil: un país no que a pobreza disfrázase de fútbol para encaixar un gol a vida ou morte. O porteiro mira fixamente ós ollos da morte, a fame gaña por goleada e a paixón polo fútbol convértese nun todo indestructible:¿cartos incluídos?...

...........................................................
Julio Torres

** Mente e corazón vs educación

luns, 26 de maio de 2014

** En perspectiva gráfico-social

sábado, 24 de maio de 2014

** O custo da vida volta a subir...

Juan Luis Guerra ten unha bola de cristal. No seu día deixounos cobizosos de café coa súa canción "Ojalá que llueva café", pero anos despois superouse. Iso sí, non sería ata agora cando nos decatamos do que nos quería dicir en toda a súa extensión con "El costo de la vida". Abofé que o custo da vida subiu e subiu pero, se prestades atención ó que nos cantaba, case se axusta máis ó momento actual que ós anos 90. So é cuestión, co permiso da música, deterse a empaparnos da súa letra visionaria para caer na conta de que, en realidade, se refería á España actual salpicada de corrupción, delincuencia, paro, recesión, menciñas, dereitos,... Se incluso o precio da gasolina, como di este cantante de verdades sociais, volta a subir. Continúa incrementándose, para ser exactos. Abofé que o precio dos carburantes é máis alto ca nunca. E sobre todo en Galicia, que é a rexión de España onde máis custa repostar. O de Galicia non o dixo Juan Luis, pero é real, moi real, como a vida mesma...

...........................................................
Julio Torres

xoves, 1 de maio de 2014

** 8 anos de A Lareira Máxica na internet

A Lareira Máxica cumpre 8 anos nada máis e nada menos. Quero darlles as grazas a tódol@s colaboradores/as que escriben (ou escribiron nalgún momento) n` A Lareira Máxica, en especial ás persoas que máis teñen escrito aquí. Tamén o meu agradacemento a tódol@s seguidores/as que cada vez son máis. E desde diferentes países. Por último, pero moi importante, quero darlle as grazas á miña amiga Patricia Loureiro que coordina a páxina d`A Lareira Máxica no Facebook e sobe alí todo o que aquí ve a luz. Moitísimas grazas, Patri!!

Pasaron xa 8 anos desde aquel 1 de maio que decidín crear A Lareira Máxica aproveitando a festividade do Día do Traballo do 1 de maio de 2006.

A experiencia está a ser tremendamente positiva e permitiume coñecer a moita xente. É gratificante poñerse diante do ordenador e poder escribir o que un quere, sen trabas, e sen que ningúen che diga que o podes ou non publicar. O único que lamento é non poder actualizar máis A Lareira Máxica, pero non podo adicarlle o tempo que a min me gustaría.

Por útimo, lembrarvos que xa sabedes que tod@ aquel/a que o desexe pode enviarme artigos para publicar n`A Lareira Máxica.

...........................................................
Julio Torres
Creador, editor e coordinador de A Lareira Máxica

** Fuxan os ventos: os trobadores do pobo galego



Fuxan os ventos é, sen dúbida, outros dos grandes da música galega. As súas cancións son pura obras mestras cantadas na nosa lingua. "A saia da Carolina", "Sementar sementarei", "O meu amor é mariñeiro" ou "O carro" son quizais as máis lembradas deste gran grupo pioneiro da música cantada no galego. Incluso ten unha nana moi bonita que podemos ollar na segunda parte do vídeo que encabeza este artigo. En recoñecemento do seu labor en prol do galego, sirva este modesto recoñecemento desde A Lareira Máxica. Pura maxia trobadora do pobo galego.

...........................................................
Julio Torres
Creador,editor e coordinador de A Lareira Máxica


** O verdadeiro conto de carrapuchiña vermella

** A Frase Máxica de... José Luis Alvite: o talento

xoves, 10 de abril de 2014

** O perigo consentido dos coches sen carnet

É incomprensible o feito de permitir o uso de coches para os que non fai falta ter carné de conducir e que todos temos visto nalgunha ocasión. Curiosamente lonxe de existir menos cada vez vense moitos máis. Persoalmente considero que para calquera vehículo a motor debería ser obrigatorio están en posesión do carné correspondiente para poder manexalo. ¿Por que? Pois porque para circular na estrada é preciso non so a práctica senón ter coñecementos teóricos. É UN PERIGO. Non comprendo cómo a Dirección Xeral de Tráfico consente iso. Non comprendo porque os que usan moto ou un coche dos de toda a vida deben ter carné de conducir, namentras que outros que empregan os denominados "ser carné" non se lles esixa tal requisito imprescindible. ¿Será un privilexio, con motivo económico, a favor das marcas que fabrican estes coches? Sexa cal sexa a causa coido que é unha decisón irresponsable e perigosa, á par que inxusta por partes dos lexisladores.


Xa sei que hai persoas que teñen o carné de conducir dun coche ou de moto e logo non aplican as normas de tráfico que tiveron que aprender, pero que directamente non se lles esixa ter permiso de conducir ós que usan os "coches sen carné" e que logo poidan provocar accidentes tanto pola reducida velocidade á que circulan como polo descoñecemento das normas de tráfico... É máis, as persoas que mercan este tipo de coches fano porque non se ven capacitados para sacar a parte teórica do carné de conducir. A contradicción é moi clara...

Doutro lado, a estes cochiños so se lles permite circular en distancias curtas, pero na práctica a xente emprégaos para ir a onde queren sen importarlle o lonxe que poida estar o seu destino. E iso por non dicir que so teñen dúas prazas dianteiras e hai xente que leva nenos nel.

¿Estamos tolos? Así pois cabe preguntar ¿por que se lle pide ó resto de conductores? ¿Non circulan por estradas ó igual que outros coches ou motos para os que é preciso ter carné de conducir? ¿En que quedamos entón? Non sei vós pero a min é algo que me parece un evidente perigo consentido a nivel legal...

...........................................................
Julio Torres
Editor de A Lareira Máxica

luns, 31 de marzo de 2014

** A Frase Máxica sobre....o amor verdadeiro

venres, 21 de marzo de 2014

** Funcionarios

Un funcionario público é un señor ou unha señora que, moitas veces detrás dunha mesa ou ao outro lado do teléfono, te atende, informa, asesora... sobre os máis diversos temas relacionados coas distintas administracións. Por suposto, hai moitas clases de funcionarios, pero case sempre os asociamos a esta idea que acabo de apuntar.

Moita xente non ten unha boa opinión dos funcionarios/as. O máis probable é que pensen que son maleducados, vagos, descoidados, amargados, ineptos..., que pasen unha hora –ou máis! – tomando o café ou lendo o xornal, cando non usando esa “hora” para ir ao salón de peiteado, a facer a compra ou aproveitando para pasar polo ximnasio.


É posible que haxa funcionarios destas características - servidora coñeceu algúns persoalmente - pero tamén é verdade que moitos outros traballadores públicos son excelentes persoas e mellores profesionais.

Por exemplo, hai uns días tiven que facer unhas xestións nun rexistro da propiedade dunha cidade galega e o traballador que me atendeu, fíxoo con tal xentileza e paciencia que saín do rexistro totalmente reconciliada co funcionariado. Explicounos absolutamente todo con detalle, acordábase do meu caso cando volvín o segundo día e, no último, cando por fin fun levar a derradeira documentación que me faltaba, vai e dáme as grazas! El a min! “Pois xa está todo, moitas grazas!” Así me dixo, e cónstame que trataba a todo o público da mesma forma.

Por iso, cando un funcionario pon mala cara, non explica ben as cousas e saes con máis dúbidas e problemas que cando entraches, habería que preguntarse tamén como é esa persoa na súa vida privada. Porque profesionais bos e malos e persoas boas e malas hainos en todas partes. Ou non?


...........................................................

Estrela de Xullo

** ¿Que hai nun bico?

martes, 4 de febreiro de 2014

** Humor sen apenas verbas

** Burbulla






E co brillo do sol,
ao lonxe, se delatou,
pois,a súa presencia,
ao ser transparente,
non se fixera patente.

Preguntárame miles de veces
por qué non respondía
maís que burdas sandeces.
Por qué xa non sorría
e a súa alma desaparecera.
Nunha gran burbulla vivía
sen que a realidade transcendera.
Apartado dos sentimentos
das persoas e dos seus pensamentos.
Sumido no egocentrismo,
non se daba conta que vivía
nun mundo de ilusionismo.

Sen sentimentos que fixeran sufrir,
sen sentimentos que fixeran vivir,
adicado ao seu traballo e ao seu mundo,
mundo onde os sentimentos eran mudos.
A súa alma perdeuse na inmensidade
da materia e do razoable.
Só interesaba a súa realidade.
Unha burbulla impenetrable
o protexía das persoas;
as cales simples nomes eran,
listas de nomes sen vida,
neles só buscaba afagos,
cumprimentos e resultados,
sen darse conta sequera,
das amizades perdidas.

O amor, a amizade, a compresión
todos estos, sentimentos son;
desterrounos da súa persoa
creando a burbulla para mantelos fóra.
Chegará un día no que descubra,
xa, quizáis, moi cerca da loucura,
e vexa con cordura que o seu corazón
necesita sentimentos e non protección.
Ese día, volverá a vivir e lle contará,
cando esté preparado, a súa alma lle falará:
dos sentimentos
e dos pensamentos,
da felicidade e da morriña,
do encanto da vida,
do sufrir para gozar,
do rir para non chorar...

..................................................................................................................................... SANXENXO.© Mary Camiña

xoves, 23 de xaneiro de 2014

** A Frase Máxica de ....Ghandi

mércores, 22 de xaneiro de 2014

** ¿Falta moito para a fin de crise?


...........................................................
REMITIDO POR: Xabier Nogués

domingo, 12 de xaneiro de 2014

** Definicións curiosas do Carpe Diem

Nun breve espacio de tempo, nun momento en que estaba un pouco agobiada polos acontecementos, tres persoas distintas mencionáronme o CARPE DIEM pero, con certa sorpresa, vin que me estaban falando de tres conceptos distintos. Quizáis sexa iso ó que chamo a existencia de distintas acepcións segundo o punto de vista do que entenda cada un.

O primeiro que mo mencionou, foi dunha forma máis tradicional, “aproveita o momento”, dende o punto de vista de non malgastar o tempo que vives. Teño que é unha persoa tolerante, diplomática, sensata e con empatía, o que eu entendo como boa persoa, das que podes falar con elas do que sexa e te escoitará, darache unha opinión pero sin impoñerche nada. Ten todo o meu respeto e incluso comparto, a maioría das veces, a súa forma de ver as cousas.

A segunda persoa que mo dixo foi cun sentido máis parecido a “non te compliques demasiado a vida polos demáis, non sexas tan altruista...”, é unha persoa que sufre cando me ve sufrir e non quere que o pase mal, pero entende que a miña forma de ser é a que é, e que no fondo non son tan altruista, senon que tamén teño o meu amor propio. Sei que a súa intención é boa, que se preocupa e cre, acertadamente, que cando me encargo dun problema non paro, normalmente, ata que está solucionado ou xa non se pode facer nada máis. É unha persoa protectora, que se aparta instintivamente daquelas persoas que lle fan mal, pero, que nunca se nega a axudar a alguén cando llo piden con humildade, sen embargo non é tan diplomático e non soporta á xente arrogante, nin fai por disimulalo.



Ata agora, as definicións eran máis ou menos axeitadas ao que convencionalmente entendemos por Carpe Diem. Pero encontreime cunha definición dun terceiro suxeito que me desconcertou. Ademáis, é que me deu a definición do que esa persoa entendía por Carpe Diem, e quedei un pouco sorprendida. Significaba vivir a vida no momento, sin pensar no futuro, sendo esa persoa o centro do momento e cos demáis contemplándoo e non interferindo. Ufff, que mal rollo me diu..., eso soábame máis a egocentrismo que a outra cousa...Sería esta unha nova forma de vivir o Carpe Diem? Un Carpe Diem Egocentrista? Tiña toda a pinta. Normalmente, con este tipo de xente acabo mal, e, ao meu pesar, así foi: xuzgoume e intentou que prevalecese a súa opinión sobre a miña, xa que se debe crer un ser superior. Respeto a súa visión da vida pero de persoas que non queren saber nada dos seus semellantes, só telos como meros “admiradores”, aplaudíndolles os seus logros e sen pizca de empatía, prefiro apartarme deixándolle claro o que opino. E, tristemente, así o fixen, non por non compartir a súa visión da vida, senon porque teño que ser coherente, se unha persoa, despois de moitos anos sen vela non lle interesa nen o máis mínimo dos sentimentos e vida de quen foi un amigo ou amiga, está claro que un tampouco debe interesarse nela. Deséxolle o mellor, e cando esté preparado para volver a confiar na raza humana e baixe do seu pedestal, e lle interesen o resto dos mortais como persoas que interactúan e non que simplemente observan, aquí estarei.

E, falando do carpe diem e dos “seus significados” eu decántome polo “Carpe Diem Equilibrado”, que ven sendo algo así o que dixo xa unha vez Estrela de Xullo e tanto me gustou, aquel, xa famoso: “Carpe Diem, pero cos pés na terra”. Dito en palabras dun psicólogo: “vivir o momento para aumentar as emocións positivas e as relacións sociais, pero sendo conscientes das nosas capacidades”, sin deixar de lado a planificación económica, e a nosa interacción cos demáis, xa que creo que todos estamos conectados dalgunha forma e as nosas accións repercuten nos demáis. É dicir, a fórmula para alcanzar a felicidade que nos permitirá disfrutar do presente sin influir negativamente no futuro nin nas persoas coas que convivimos.

Saúdos.

...........................................................
SANXENXO. Mary Camiña 

** A maxia das verbas

Case hai 5 anos que nos deixou o gran Mario Benedetti, pero as súas frases e a súa obra, seguen moi presentes e son inmortais. Que rápido pasa o tempo. Recollín unhas cantas frases e un poema, moi evocadores e cheos de sabiduría, a sabiduría que nos soubo transmitir este grande da literatura e un gran mago das verbas escritas que precisan de ser recitadas en alto.

...........................................................
Julio Torres



xoves, 9 de xaneiro de 2014

** ¿Analóxico tradicional ou tecnolóxico?

Acaba de nacer un novo ano. O 2014 e con el o mes de xaneiro e voltamos de novo ó princpio do almanaque, ese obxeto en formato papel que se adoita (ou adoitaba) pendurar dunha parede para mensualmente irlle quitando as follas, como se cada día 1 fose outono cada mes. A min séguenme gustando ese tipo de calendarios. Xa sei que con tantos teléfonos intelixentes e demais teconoloxía, parece que o papel é algo prehistórico, pero gústame. E seguirame gustando. Igual me pasa cos libros. O tecnolóxico-dixital non ten porqué ser incompatible co analóxico-tradicional.

Encántame a teconoloxía (a proba é que na rede das redes fundei A Lareira Máxica que a día de hoxe so se pode ler en internet) pero iso non implica non me poida gustar a outra. Ás veces parece que a sociedade nos impuxera una soa opción. Craso erro baixo o meu punto de vista. Os dous formatos non deben ser excluíntes. Onde se poñan as preciosas fotos mensuais dos calendarios ou mesmo una soa con unha fermosa ou suxerente fotografía... As imaxes danlle vida ó calendario, a cada mes do ano, que cobra vida e deixa de ser un ser inerte sútilmente eclipsado por un aparello tecnolóxico que lle quita a vida propia. Mesmo algún gremio de traballadores podería facer unha exposición de imaxes de calendarios que ilustraron e deron cor á súa vida, aínda que os seus gustos fosen moi discutibles.

Acaba de principiar o 2014 e non sei vós, pero servidor seguirá usando calendarios de meses, almanaques, axendas,...


...........................................................

Julio Torres 

martes, 24 de decembro de 2013

** La Señal: él era navidad

Un ano máis desde A Lareira Máxica desexámosvos un moi feliz nadal e que teñades un moi feliz ano novo. Nesta ocasión un 2014 no que se vexan cumpridos tódolos bos desexos que teñades. A felicidade consiste en saber apreciar disfrutar das cousas máis pequenas da vida, que son, paradoxicamente, as máis grandes e importantes. O consumismo e os cartos non dan a felicidade. Este ano selecciionei a canción dun grupo pontevedrés: "La Señal". A cancion é unha balada que data do ano 1989 e titúlase "El era Navidad". Anímovos a que a escoitedes a letra porque detrás dunha nova triste agocha unha gran ensinanza chea de reflexión. Descoñezo que foi do grupo.

Coma sempre, gracias por estar aí, por seguirnos e por colaborar connosco.

...........................................................
Julio Torres

luns, 16 de decembro de 2013

** O barrio alto de Lisboa cumpre 500 anos

O Barrio Alto de Lisboa cumpre 500 anos. Aproveito para recomendar visitar esta cidade, capital de Portugal. O castelo de San Jorge, a Torre de Belém, o mosteiro dos Jerónimos, a Alfama ou viaxar nos seus tranvías (entre eles o famoso 28), son so algúns dos seus atractivos. Cultura, tradición, gastronomía e historia, moita historia, agóchanse en Lisboa. O que non me gusta de Lisboa é o feito de que está case toda adoquinada. Con todo, din que o que non visitou Lisboa non viu cousa boa. Tamén vos recomendo coñecer á veciña Sintra cos seus palacetes, que non vos deixarán indiferentes.

.....................................................................................................................................
Julio Torres

xoves, 28 de novembro de 2013

** O paradigma do amor

Cantas veces, mirando as estrelas,
por tí lles preguntaba,
por si tamén tí as mirabas,
querendo saber se en mín pensabas.

Un trociño do meu corazón,
pregaba ao ceo que de mín te lembraras;
mentras desexaba que foses feliz,
coa persoa que escolleras ter ao teu carón.

Porque o amor éche así,
non entende de coherencias nin de razóns,
quere e sinte, quéreo todo para sí,
e desexa para o seu amado o mellor.

Sempre no meu lugar facendo o correcto,
vivindo unha vida de mundo perfecto.
Canto a liberdade do vento envexaba,
para poder decirche o moito que te amaba!

Quérote sen poder querete,
ámote sen poder amarte,
non chorei por perderte,
non reirei por de novo verte.

Encontrei a felicidade sen terte ao meu lado,
desconcertada estou por volverte ver,
o meu corazón está desacougado,
en realidade nunca te deixei de querer.

Volven, despiadados,
en contra da miña razón,
os sentimentos do pasado,
sobreviven no fondo do corazón.

Dividida entre querer e non querer,
do pasado e do presente,
do presente e do ausente,
do que foi e do que puido ser...

Quérote comigo, e sen tí me quero ver,
son feliz contigo e sen tí tamén o serei,
quero a liberdade para o meu corazón,
para amar sen ter en conta a razón.

Paradigmas do amor,
o que non tiveches queres ter,
o que tés non queres perder,
amar é libre pero expresalo non.

.....................................................................................................................................
© Mary Camiña. SANXENXO

luns, 25 de novembro de 2013

** Non á violencia de xénero

No Día Internacional contra a violencia de xénero hai que dicir NON a calquera tipo de maltrato sexa físico, psíquico ou social cara a muller. Ningunha persoa se merece que a maltraten. ¡¡Ningunha!!¡¡Non se pode consentir ningún tipo de maltrato cara ningúen!! No caso que nos ocupa, o da violencia de xénero, cabe insistir en que a muller maltratada pode e convén que se informe ben no 016 ou nos Centros de Información da Muller (C.I.M.) máis próximo ou acudir ós Servicios Sociais de atención primaria do concello. Tamén cómpre lembrar que calquera persoa que presenciase un maltratdo pode denunciar ese maltrato aínda que non sexa a persoa directamente afectada. O maltrato é un tema delicado e complexo pero débese pedir información, orientación e asesoramente e non quedar de brazos cruzados. Actuar non é sinxelo nin moito menos, pero non actuar tamén pode ser perigoso. En todo caso, débese pedir axuda e informarse axeitadamente diante de profesionais especializados coma psicólogos, traballadores/as sociais e avogad@s.
.....................................................................................................................................
Julio Torres


ENLACE DE INTERÉS: ** Mulleres en Galicia

venres, 22 de novembro de 2013

** O final da conta atrás...

Xa queda menos tempo. En plena conta atrás, como dicían os Europe alá pola década dos 80. It´s the final countdown (na versión popular non eran poucos o que a traducían ó galego como "e teu pai non canta". ¡¡Bendito sentido do humor!!). Adicada á tódolos seguidores de A Lareira Máxica.


xoves, 24 de outubro de 2013

** E.T. na Galiza

sábado, 12 de outubro de 2013

** Infomativos tripitidos ó unísono

Hai cousas que non se entenden. É o caso de TVE que a partir de setembro decidiu dar en directo os seus informativos tanto en La 1 coma no canal TVE en Hd e tamén no de Canal 24 horas. Os tres de xeito simmultaéneo. A opción en HD pois pódese aceptar: que as persoas que teñen un televisor con HD poidan ver un informativo en alta definición, aínda que a alta definición non implique necesariamente unha alta calidade do contido...

O que é a todas luces incompresible e que tamén se vexa en directo nunha terceira vía: O Canal 24 horas. Ata hai pouco víanse os telediarios en diferido no 24 horas cunha media hora de retraso. Iso era moi comprensible: unha oportunidade de visionalo para que as persoas que non poden velo a unha hora véxano noutra. Agora non, agora non se pode ver en diferido senón emiten ós telediarios en directo á mesma hora en TVE e no Canal 24 horas a un tempo (e tres se contamos o de HD). Absurdo. Para facer iso mellor que deixen o telediario no Canal 24 horas e boten en La 1 outra programación (incluso poden botar man do archivo histórico de TVE para encher ese oco, a custo cero ou case cero). Xa se sabe que o sentido común é o menos común dos sentidos...

.....................................................................................................................................
Julio Torres

luns, 30 de setembro de 2013

** Humor xusto

** Sobre aneis de boda

Según una leyenda china, los pulgares representan a tus padres. Los índices representan a tus hermanos y amigos. Los dedos medios te representan a ti mismo y es por ello el significado del gesto “fuck you”. El dedo anular (cuarto dedo) representa a tu pareja y los meñiques representan a tus hijos. Ahora junta tus manos palma con palma, y luego una sus dedos medios de forma que apunten hacia ti mismo (recuerda q esos son los dedos que nos representan a nosotros mismos), tal como aparece en la imagen...


Ahora intenta separar de forma paralela tus pulgares (representan a tus padres), notaras que ellos se separan fácilmente porque tus padres no están destinados a vivir contigo hasta el día de tu muerte, lamentablemente los perdemos antes de irnos y sin duda alguna es la perdida natural mas grande que nos toca sufrir en la vida. [Une los dedos nuevamente].

Ahora intenta separar de igual forma tus dedos índices (hermanos y amigos), notaras que también se separan porque ellos se alejan en algún momento, pues tienen destinos distintos a los tuyos, ellos formaran sus propias vidas, trabajo, tendrán sus hijos y también sus nuevas ocupaciones, luego de construir sus propias familias. Ahora vamos de la misma forma con los dedos meñiques (representan tus hijos), los dedos también se separan porque los hijos crecen, y cuando lo hacen serán adultos y llegara el momento que no dependerán mas de nosotros, la relación lógicamente se mantiene pero ellos también continuaran sus propios caminos de vida.. [une los dedos una vez mas].

Finalmente, intenta separar tus dedos anulares (cuarto dedo y que representa tu pareja) te sorprenderás al ver que no puedes. Se siente una sensación rara en las manos verdad? Simplemente no puedes separarlos... Esto se debe a que un amor verdadero esta destinado a estar a tu lado hasta el ultimo día de tu vida, el desafío está en no tener miedo a amar y a encontrar a la persona correcta que desee acompañarte. A eso se debe que la alianza se usa en ese dedo.


[Vía internet]

** A Frase Máxica de...Desmond Tutu

xoves, 26 de setembro de 2013

** A Roda, un referente da música popular galega

Hai tempo que quería adicar en A Lareira Máxica un oco a música galega tanto a de antes como a de agora. E quixera principiar cun grupo vigués que sempre me gustou moito: A Roda. Cantan moitas cancións populares: O gato metido no saco, A saia da Carolina, A Foliada do Celta (que serve de himno do Celta de Vigo), a da Riaxeira (tamén se adoita cantar no estadio de Balaídos en Celta, sobre todo na época do eurocelta), Pousa Pousa, Un andar miudiño (canción que corean os seguidores do Obradoiro no Multiusos do Sar de Santiago cando xoga este equipo de baloncesto, único representante galego na máxima categoría do básquet español)ou Catro vellos mariñeiros. Súas tamén son A raíz do toxo verde, os bistéqueles e tantas outras. Coido que, cando menos nalgún momento, tod@s escoitamos, algún destas míticas composicións populares.

Nado en 1976, este excelso grupo galego tivo xa varios cambios na formación orixinal. O último foi o de Adolfo Dominguez Otero "Fito", cofundador, líder e cantante de A Roda que morreu no verán de 2012 (descanse en paz). Voz inconfundible e que dicir da súa longa barba. Non hai moito vin ó grupo nunha actuación na televisión e vin que outro dos compoñentes agora parece ser o vocalista: Bernardo. E o que ten bigote e gafas (o que fala ó principio do terceiro vídeo e no que cantan cancións aínda con Fito). Non sei se foi algo puntual ou se o grupo vai seguir. Ougallá que continúe. Iso sí, xa non será o mesmo. Ougallá a roda siga camiñando, como coido que dixera Fito nunha entrevista para o programa da TVG "Alalá".

Déixovos uns vídeos sobre o grupo. O primeiro deles é unha reportaxe sobre Fito e A Roda emitido pola TVG no programa "Alalá", que ten case unha hora de duración pero merece moi moito a pena vela. De obrigada visión. O segundo vídeo é unha lista de reproducción onde poderedes escoitar tamén varios dos seus éxitos (ollo! so son as 7 primeiras e algunhas máis, xa que o resto don doutros cantantes e grupos).











ENLACES RECOMENDADOS:

* Web de A Roda
* O Obradoiro e a Rianxeira de A Roda
.....................................................................................................................................
JULIO TORRES

martes, 24 de setembro de 2013

** Marmelada de pera

Xa sei..., prometera a receita do bizcoito de chocolate con noces, pero pareceume máis oportuno, dada a época do ano en que estamos, darvos a receita para facer mermelada; xa que me parece unha forma estupenda de aproveitar os remanentes (excesos) de producción de froitas que poidamos ter nas nosas hortas ou para esa froita que xa se nos pasa un pouco no froiteiro e non damos comido...

Utilizo unha receita que se basea no “doble cocido”, é dicir, faise en dúas fases; o resultado é boísimo e ademáis máis económico.


Os ingredientes son, neste caso un quilo de azúcar por cada quilo de pera xa limpa, sen rabiño, nen pepitas nen pel, e o zume de medio limón, xa que contén o antioxidante natural por excelencia: o ácido cítrico.

Unha vez limpas as peras (tamén se pode facer con mazás, albaricoques, nectarinas, pexegos, fresas,ameixas, neste último caso non se lle sacaría a pel), póñense a fogo lento xunto con uns 50 ml de auga para que se cozan. Aos dez minutos de comezar a ferver engádeselle o azúcar e pásaselle a batidora. Vólvese colocar no lume e reménxese cunha espátula ou culler de madeira ata pasados 3 minutos dende que volve a ferver.

Déixase repousar, e ,ao día seguinte, ponse de novo ao lume a fogo lento sen deixar de remover, unha vez que comece a ferver, cóntase 5 minutos e xa está listo para pór nos tarriños de cristal.

Non se tapan de inmediato, senon que hai que deixar os tarriños destapados nun sitio fresco e seco ata que forme unha costra de azúcar por riba, entón estarán listos para tapar e conservar durante un ano enteiro.

O ano pasado fixen mermelada de nectarina e de ameixa vermella con este sistema e ainda estamos a disfrutar do último tarro. Este ano tocoulle ás peras porque nen houbo ameixas nin nectarinas que sobraran...

Acabo de preparar uns tarriños e está... ummm, rica, rica...

.....................................................................................................................................
SANXENXO. Mary Camiña

luns, 23 de setembro de 2013

** A chegada do outono ó son de Vivaldi

domingo, 22 de setembro de 2013

** Historia estival de cabaliños de mar e calacús

Nalgunhas praias galegas pódense ver valados de madeira que delimitan o areal doutras zonas de dunas ou espazos naturais. Todo o mundo pensa que están aí postos para defender unha zona protexida e que as persoas non a invadamos co noso incivismo. Pero, en realidade, eses valados están aí para que os Petróglifos – cómpre non confundir cos gravados prehistóricos que todo o mundo coñece- aten os seus cabaliños de mar mentres van na procura de calacús.

Os Petróglifos mariños son uns seres diminutos, fortes e moi espelidos, que a principios do outono, cando xa as praias están desertas de veraneantes, soben cos seus cabaliños de mar desde as profundidades mariñas ata a praia, amarran os animais nestes valados e logo encamíñanse terra adentro e procuran os calacús máis feitucos e xeitosos nas hortas dos veciños humanos. Despois, lévanos, baléiranos e, da mesma maneira que algunhas persoas lles poñemos candeas para celebrar o Samaín, os Petróglifos enchen os calacús con escamas de cola de serea, que son moi luminosas e desprenden unha luz prateada moi brillante. A continuación, pola noite, levan á superficie da auga do mar estes calacús e convértenos nas estrelas que vemos no ceo.


Certo día, xa a finais de setembro, un Petróglifo que viña cargado con, polo menos, unha ducia de calacús que apañara nunha horta, atopouse con que, ao chegar de volta á praia para montar no cabaliño de mar e regresar ao océano, o animal xa non estaba atado no valado de madeira. O Petróglifo, que non quería deixar os calacús abandonados, decidiu convertelos en estrelas alí mesmo, na propia praia. Non obstante, como as escamas de sereas que levaba xa eran un pouco vellas, os calacús-estrela non lle quedaron moi perfectos e de alí a uns meses estas estrelas regresaron á praia onde foron feitas. O Petróglifo nunca máis puido amañalas, só engadirlle algunha escama máis e mandalas de volta ao ceo, pero ao ano seguinte, de novo, volveron á terra, á praia que as viu nacer.

O que non vos dixen aínda é que estes calacús-estrela foran feitos na praia da Lanzada, por iso desde este areal pódense ver as mellores estrelas fugaces do mundo, esas que foxen do ceo porque teñen vergonza de que as súas escamas de cola de serea non sexan tan perfectas.

Facede a proba unha noite de finais de verán desde a praia da Lanzada e se vedes por alí o cabaliño de mar que, coa súa trasnada, provocou a orixe das estrelas fugaces, dádelle unha aperta de parte miña.

.....................................................................................................................................
© Estrela de Xullo

** Los amantes 25 anos despois

Los amantes é unha das cancións que integran o álbum "Descanso Dominical" do grupo Mecano, de finais dos 80. Lembro que alá por setembro de 1988 empezou a soar nas radios este tema. Xa sabedes: cada certo tempo un dos temas era posto nos "40 principales". Por aquel entón tocoulle a éste. Quizás non sexa o máis exitosos, pero sempre me gustou, ó igual que moitas das cancións desta mítica exitosa formación musical. E por iso que "Los Amantes" asocíoo moito a esta época do ano. Final do verán (que, por certo, este ano remata hoxe) e principio do outono.

.....................................................................................................................................
Julio Torres


venres, 13 de setembro de 2013

** Agradecementos e disculpas

Levo un tempo sen escribir e cando regreso, volto con enerxias renovadas e se, por riba, retorno tras uns días enfermo pois aínda mellor. Logo de poder falar pouco pois agora xa estou mellor. Sí, xa sei podía escribir, pero tampouco me apetecía e menos estando mal. Tamén quero aproveitar para dar as gracias a varias persoas coas que "falei" estes días para felicitarme sobre algo persoal. Da gusto ter ami@s que se lembran de min por moitos anos que pasen. A min pásame o mesmo con eles. Incluso cos que hai bastante tempo cos que non falas en persoa. A pena foi que dado a miña convalencia pasaxeira non puiden departir un longo tempo de conversa dos que xa saben os meus e miñas amigas que me encantan. Pero xa haberá tempo amig@s!! Gracias por acordarse dun amigo!! Por suposto, as gracias a todos eses seres queridos cos que están en contacto físico a diario e que te saben coidar cando non estás ben de saúde. Vaia que non foi nada do outro mundo, pero voltar a estar ben pois aleda e da felicidade a un e creo que é de xustiza ser agradecido. MOITAS GRACIAS!!!

Aproveito para pedir disculpas porque nas últimas semanas parei un pouco a actividade do blog. Sei que hai varios artigos pendentes de ser publicados. Dádeme tempo, que xa sabedes que antes ou despois publico o que me enviedes. É unha enorme satisfacción ler os artigos que enviades para publicar en A Lareira Máxica, así como os comentarios. Sen eles isto non tería vida. Sen interacción sería aburrido. Gústame que participedes, aínda que teñades opinións distintas nos temas. Semrpe que haxa respeto, como o está a pasar.

Ah, lembrarvos que a páxina do face de A Lareira Máxica segue e seguirá activa, a pesares de que xa non teña perfil meu no face. Patricia Loureiro estase a encargar dela. Digoo porque hai xente que sigue pensando que a administra eu e xa non é así. O que está a facer é subir alí tódolos enlaces dos artigos que se publican aquí. Gracias Patri pola túa colaboración desinteresada!!

.....................................................................................................................................
Julio Torres

luns, 2 de setembro de 2013

** Mentalidades


Un pouco frustrante a leria da mazá. Non sei ata que punto valerá a pena compartir unha mazá con alguén inalcanzable. O conformismo como opción vital non me chista. A rebeldía que levo dentro vaise facendo máis forte cada día que pasa e non me estrañaría nada acabar compartindo barricadas con Jorge Verstrynge. Eu animo a todos a disfrutar do feito de vivir.

Hoxe mesmo, pasei un rato moi agradable, 45 minutos, co técnico do quentador. Físicamente era unha especie de Michael Douglas, salvando as oportunas distancias. Tamén, un adicto ó sexo. Iso confirmeino, que mal pensados me sodes ás veces, mediante a análise grafolóxica que lle fixen a un pequeno texto que escribiu na factura. Ten que ser un traballo..., ¡todo o día coa mesma idea na cabeza! Os 50 teñen que ser terribles, supoño que é nesa década cando se vive a última xuventude.

Fai uns días, dicíame un coñecido, este creo que non é adicto a nada, "eu xa teño fillas de máis de 30 anos". El ten 59. Como si a idade biolóxica fora un freo, un obstáculo para ser feliz, como si se vira na obriga de reprimirse e resignarse á chegada dos netos. E iso botando cartos polas orellas. Supoño que o seu divorcio será dos moi caros. Será posible que algunhas persoas teñan tal apego os cartos. Porque adiccións non terá, pero namorado tampouco está. ¿Análise grafolóxico outra vez? Non, evidencia. Análise do comportamento.

Pois, mentres haxa consentimento, como diría outro coñecido meu. O caso é ser feliz e non facerlle mal a ninguén. Que uns se negan a madurar, que outros prefiren vivir unha vida de mentira,... supoño que serán eleccións, inconscientes ou non. A idade non me parece o factor clave, é máis unha cousa de mentalidade. A fin de contas, como dí a canción, “Winter has come for... todos nós”. Traducción libre.

.....................................................................................................................................
TEO. Mariam

domingo, 1 de setembro de 2013

** Felicidade nunha noite de verán

Moitas persoas se laian de non conseguir a felicidade e, se soubesen buscala e vela daríanse conta que a felicidade está dentro de nós, cada vez que tomamos unha decisión estámonos acercando ou distanciando máis dela.

A felicidade é causa de búsqueda día tras día. Pero, qué buscamos realmente? A felicidade é todo aquilo que nos fai sentir ben, a gusto connosco mesmos e en paz co resto do Universo.

Por sorte, o ser humano ten moitos sitios onde encontrala, dende o sorriso da persoa especial á que tanto queres e admiras, pasando polo traballo ben feito cada día ata o pracer de ver as estrelas en soedade en consonancia co Universo.


Esta noite non tiña sono, así que deixei ao meu compañeiro profundamente durmido e subín ao ático; abrín unha das ventanas do tellado, tumbeime e fitei para o ceo. Un ceo negro e cheo de diminutas estrelas que brillan sen parar. Xa sei que non todas son estrelas, que , ainda que nós non as poidamos distinguir a simple vista, algunhas que o parecen son en realidade galaxias enteiras; máis dunha vez o comprobei co noso pequeño telescopio.

E na paz da noite, co son do cantar dos grilos como música de fondo, deixei que o meu pensamento divagara entre mundos novos e vellos, entre estrelas que nacen e estrelas xa mortas das que ainda podemos ver os seus últimos raios; pensei no pequenos que somos na inmensidade do Universo, no maravilloso que é sentir e poder disfrutalo; do pequena que é a vida e o pouco que a veces se valora e se disfruta... E entón, pensei en dous amigos meus e o mero pensamento fíxome sorrir. “Carpe diem” dín os dous, e que razón teñen. Quizáis a felicidade tan só consista en vivir con intensidade todos aqueles momentos que te fan sentir ben... E na soedade da noite, sentinme acompañada por miles de persoas que buscan a felicidade en cousas tan pequenas e sinxelas como o estar alí, tumbada no chan e disfrutando da tranquilidade da noite, da inmesidade do Universo e os bos recordos.

.....................................................................................................................................
SANXENXO. Mary Camiña