tag:blogger.com,1999:blog-27373733.post8995740530003107646..comments2024-02-18T00:18:05.926+01:00Comments on A Lareira Máxica: ** Oda ó lapisJulio Torres http://www.blogger.com/profile/07699089078783067558noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-59603688533449692272013-02-23T23:17:38.263+01:002013-02-23T23:17:38.263+01:00Bos días:
Chámome Giada Maria Barcellona, son prof...Bos días:
Chámome Giada Maria Barcellona, son profesora e estou elaborando cunha compañeira materiais didácticos multimedia de lingua galega nun proxecto sen ánimo de lucro para a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Para un exercicio de comprensión de lectura, querería empregar uns textos do voso blog. Faría parte dunha das unidades que estou elaborando sobre sentimentos/paso do tempo e sexismo/estereotipos.
Os testos serían: “Ode ó lapis” e “Que rabia me dan...os esteretipos sexistas!!!”
(“http://alareiramaxica.blogspot.com.es/search/label/Lembranzas.%20%20A%20M%C3%A1quina%20do%20tempo)
(http://alareiramaxica.blogspot.com.es/2012/06/que-rabia-me-danos-esteretipos-sexistas.html)
Póñome en contacto para pedir a vosa autorización e ademais por si necesitaría modificar lixeiramente os textos pero sen traizoar o seu espírito.
As modificacións consistirían só en cuestións menores de normativa para que todos os textos que aparecen no noso proxecto sigan os mesmos criterios normativos e lingüísticos. Por exemplo: adopción de termos acordes ao actual Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega, ou o uso dunha linguaxe no sexista, é dicir o emprego dos xéneros feminino e masculino ou de nomes colectivos en vez de só o masculino. Como pode ver, serían alteracións formais mínimas. Ademais, para que o número de palabras empregado en cada exercicio do proxecto sexa similar, empregaríase só unha parte do testo ou recortaríase unha ou dúas frases, sen trastocar o sentido ou a información do texto.
Dado que se trata dun proxecto sen ánimo de lucro e con finalidades educativas, agradeceríalle moito poder empregar o texto antes citado. Sinalaría a autoría e a procedencia, neste caso Julio Torres / Mary Carmiña e o nome do blogue “A Lareira Máxica”.
Moitas grazas.
Un cordial saúdo.
Giada Maria Barcellona
659 19 57 33
giadamaria@gmail.com
Club di Lettura del Dipartimento di Italiano - EOI Ourense https://www.blogger.com/profile/17275940763552302149noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-72794152287344279242011-10-29T17:38:54.412+02:002011-10-29T17:38:54.412+02:00¡Qué tempos! Recordo que ás veces ó lapis dabásell...¡Qué tempos! Recordo que ás veces ó lapis dabáselle por romperlle a punta e nunha maña podías acabar con medio lapis na papeleira.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-75300652620445951452011-09-22T09:22:32.952+02:002011-09-22T09:22:32.952+02:00Bo día!
Nostalxia daqueles tempos de infancia.
Os...Bo día!

Nostalxia daqueles tempos de infancia.
Os nosos nenos dagora no futuro tamén terán esa nostalxia polos seus tempos. Doutra maneira, con máis marcas, pero tamén disfrutan dos tempos afiando o lápis na papeleira, quizáis menos, pois as modernidades fan que os tempos vaian cambiando, como é lóxico....
Debemos avanzar...Espero que non retiren os libros de papel, aínda que tal como "pinta" a situación....Cos novos libros virtuais....
Tivén un na man e chamoume moito a atención, pois resulta que podes ler un montón de libros e baixar novos por internet, quedeime asombrada...
De todos modos, como un bo libro en papel, o seu tacto, o cheiro..........
Pero a nova metodoloxía, a reciclaxe, os tempos......Todo fai que cambie, ogallá sea para ben .

Bo día a todos.sonianoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-8823443771607728242011-08-31T15:37:30.852+02:002011-08-31T15:37:30.852+02:00O meu escritorio tamén está rodeado de lápis (era ...O meu escritorio tamén está rodeado de lápis (era plural invariable?) sen embargo debo confesar que lle son bastante infiel. Son máis de portaminas. Xa sei qeu son un sucedáneo cutre do gran lápis, pero a min gústame máis porque escriben máis fino. E a min gústame iso. Curiosamente, non lembro pasar moitos ratos na papeleira na escola. Igual é que os meus gustos variaron ó longo dos tempos. O que si debo decir e que na súa versión moderna (portaminas) ou na auténtica de toda a vida, encántame escribir con lápis. Moito máis que con bolígrafo aínda que como ben di Julio iso naquela épica significase xogar nunha liga superior. Superados aqueles traumas, aínda hoxe sempre que poido prefiro escribir con lápis a facelo con boli. Lembro que durante toda a miña carreira estudantil os meus resumos á hora de estudar eran feitos con lápis. Que gran invento!!!Maríanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-30007773284691247722011-08-25T12:40:59.787+02:002011-08-25T12:40:59.787+02:00Un artigo cheo de nostalxia, coa volta ó cole de t...Un artigo cheo de nostalxia, coa volta ó cole de trasfondo. Interesante aportación a deste día: significado vital da transición lápiz Staedtler HB nº 2-boli ¿Bic? normal azul. Parece un tema banal, case frívolo, e non o é. O mesmo que non o foi cando pasamos das ceras Plastidecor ós rotuladores Carioca, outro hito máis cara a nosa madurez, como tamén o foi a evolución da libretiña de dobre renglón ó caderno tamaño folio. Daquela sí que empezábamos a ser dos "grandes".
A vida é unha sucesión de transicións, cambios, unha adaptación permanente ás circunstancias que nos rodean.
E logo, a goma Milan, fiel compañeira do lapis, ¿non merecería tamén unha pequena oda? Dígoo porque foi ela quen nos axudou a enmendar os nosos erros de entonces. Recordo que ás veces dábamoslle con tanto empeño, e un chisco de cuspe, que ata furábamos a folla da libreta. A tinta de boli Bic é o que ten, non se borra con facilidade. O mesmo lles pasa ós erros da vida, tampouco se borran con facilidade.
Aforturnadamente, os de Paper Mate inventaron o boli Replay. ¡Vaia chulada! Aquelo era outra cousa. ¿Buratos? ¡Nunca máis!.Alvanoreply@blogger.com