sábado, 17 de maio de 2008

** ¿Por que so un día das Letras Galegas?

Non me gustan as celebracións que din: "Día de..." porque iso ten caducidade implícita. ¿E o resto do ano?. Soa hipócrita, sobre todo dos beizos de aqueles que so se lembran do acontecemento ese día, e os restos dos 364 ou 365: "si te he visto,no me acuerdo".

E ven todo a conto porque hoxe se celebra o Día das Letras Galegas. O que vos escribe fala habitualmente galego, galego castrapo que é o que fala a meirande parte de Galicia. Non nos enganemos. O galego ése, o normativo, é puro teatro, e so serve para xustificar os postos de traballo de lingüistas que, cada 2 por 3 cambian as regras do galego, a ortografía e, de paso, colocan o "te" e o "che" como se de castelán se tratasen. Na miña época de estudiante sempre me dicían que, agás nuns casos tasados os pronomes sempre ían pospostos ó verbo. Hoxendía é todo o contrario. Logo escoitamos falar na Galega cousas como: "¿Se vai facer...?" e outras cousas parecidas.

Coido que os únicos beneficiados por estas regras de xente que presume de galegos son as editoriais que, cada pouco, sacan novos dicionarios e libros de texto no "novo galego". Exemplos habería moitos: que si abogado con b e logo con v, que si volvoreta primeiro con b e logo ó revés,...

Sexamos serios: ¿estamos cambiando, por exemplo, a Biblia? ¿A que non? Pois porque temos que cambiar o noso idioma. Se ademais non é tan difícil de entender coma outros como o vasco ou o catalán. ¿Galego normativo ou galego dictatorial ou imposto? O auténtico galego é o que fala a xente de a pé, sobre todo a do rural galego, sexa da provincia que sexa, sexa do interior ou sexa da costa. O outro é galego inventado.

Sexamos serios señores lingüistas. O meu castelán é lamentable oralmente. E se o galego que falo non é galego ¿entón que falo? ¿e que falan os meus veciñ@s que viven no rural coma min? ¿Ou todo se reduce á imposición do galego de laboratorio por parte duns teóricos da lingua, para xustificar os seus soldos? ¿Tantos cambios non contribúe a que a xente acabe por odiar o galego? O galego auténtico é o galego do pobo (sobre todo o do rural) non o da TVG nin o dos lingüistas (que, por certo, moitos xornalsitas da TVG logo resultan que so usan o "galego" no seu traballo...). Eses son inventos de laboratorio. Sí, sei que eles din que hai que unificar o galego porque hai diferentes tipos de galego. Pero: ¿que pasa? ¿Falamos idiomas distintos?. Se as diferencias son, precisamente, as que enriquecen a nosa lingua. Según onde vivamos, é certo que poden cambiar palabras, pero por iso non cambiamos de idioma.

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas. Paréceme ben que se le lembre a literatos galegos, pero o GALEGO non é cousa dun día, senón soa a "Día dos Namorados", "Día do Pai", "Día da Nai", "Día Mundial sen tabaco", "Día de...". Ou o que é o mesmo, so serve para fomentar o CONSUMISMO DESAFORADO.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Un atardecer nas montañas e rodeados de neve

mércores, 14 de maio de 2008

** Un día de choiva cheo de lembranzas e música

Praza de Mazarelos coa antiga Facultade de Xornalismo ó fondo. Foto:Julio Torres

Hoxe é un día chuvioso. Chove, parece inverno. Pero a choiva tamén é boa. E senón que llos digan ás zonas de España que padecen grandes sequías e restriccións de auga. Non me gustan os días de choiva, pero recoñezo que son necesarios tanto para as persoas como para a agricultura.

Se algo bo, ou malo según se mire, teñen estes días tristóns e cubertos por espálida auga que descende do ceo na procura de cobixo terrenal é que te fai reflexionar e lembrar. Hoxe lembroume a miña etapa compostelana, como estudiante e como traballador. Santiago, "a terra das mil e dúas augas ". Unha cidade que baixo a choiva se percibe doutro xeito. Lémbrame os soportais da Rúa do Vilar, aquela onde había,e creo que segue habendo, un teléfono que fomenta o feísmo arquitectónico. Un privilexio percorrer eses soportais un día de choiva. Santiago e a súa muller, Compostela, percíbense dun xeito moi belo e diferente. Un día falarei de Santiago, cidade da que gardo moi gratos recordos.

Alí tiven a sorte de coñecer a moi bos/as amig@s, a algúns dos cales xa hai anos que non os vexo, por cousas do destino, aínda que seguemos conservando unha amizade a distancia.

MÚSICA E ADICATORIA ESPECIAL

Non hai moito escoitaba unha canción que lle gustaba moito a unha boa amiga. Xa hai 8 anos que non nos vemos. Ela agora traballa en Toledo e familiarmente está pasando unha etapa difícil pola morte do seu pai. Cousas da vida, por desgracia (xa sabes que contas co meu apoio para o que precises). Din que de ben nacidos é ser agradecidos. No seu momento axudoume como compañeira de estudios naquela Facultade de Xornalismo ubicada na histórica Praza de Mazarelos (hoxe está ó lado do Auditorio de Galicia). GRACIAS Chris. Por iso hoxe adícolle este post a ela, a Chris, a esa pedazo de xornalista amante de "la France" e que agora traballa como profe de francés. Non saben os seus alumnos a sorte que teñen.

Ah, olvídábaseme dicirvos que canción é a que teño asociada a Chris. É Unha das súas favoritas, sen non me trabuco: "Neh, nah, nah", do grupo belga Vaya con Dios. Canción pegadiza e que serviu de sintonía dun programa de radio que Chris facía xunto a outros compañeiros en Santiago de Compostela. Que tempos aqueles... A canción, por suposto, tamén cha adico "galaico-franco-toledana".



Hoxe tocaba lembrar os recordos bos, que do malo da choiva algo positivo se debe quitar, como de todo nesta vida, claro (como di outra moi boa amiga). Por certo, aínda non deixou de chover, chover... ¿E vós cómo vivides os días de choiva? ¿Faivos lembrar algo? Agardo as vosas respostas.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Simpática.....¡¡¡de Pamela Anderson!!!!



“Hay mucha gente inculta, que cree que lo que daña a nuestro ambiente es la contaminación, y no saben que lo que de verdad lo daña son las impurezas que hay en el agua y en el aire ...“ (Pamela Anderson)





Ay, ay, ay, tanto tomar o sol esta ex-vixilante da praia non lle foi nada, nada bo. ¿Quen será a inculta? Se non se pode ter todo...Ay, Pamela, Pamela ¿entón que é a contaminación? Gracias Toupe polas frases simpáticas que nos envíastes!! Non teñen desperdicio ningunha delas.

luns, 12 de maio de 2008

** You will remember? ¿Eres supersticioso?

¿Eeres supersticioso? Se a resposta é afirmativa lembra: mañán é Martes e 13... (enlace de A.L.M. recomendado para saber un pouco máis do significado deste día). Servidor non cre nos Martes e 13. É un día máis e un número máis, simplemente iso.

E falando de todo un pouco: ¿Tés algunha anécdota curiosoa deste día?. E a túa oportunidade!

** Padre Casares: para partirse de risa

Humor a raudales é o que ofrece a serie Padre Casares que emite a TVG (rebautizada como "A Galega"). Producida por Voz Audiovisual, conta as venturas e desventuras dun cura que chega a unha parroquia galega. Coñecidos actores e actrices (Antón Durán "Morris", Tacho González, Tuto Vázquez, Pedro Alonso ou Patricia Vázquez, entre outros) participan nesta divertida e entretida serie, a cal recomendo. Non hai nada máis sano que a risa e o humor. Esta serie teno, partindo de situacións da vida real... ¿Un exemplo? A tradición de tirar un porco vivo desde o campanario. Pero hai máis.

A sintonía da serie é unha versión da canción "Pirimpimpin" do grupo Malvela, feita por eles mesmos. A páxina web da serie, moi boa.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** ¿1 luns con humor lévase mellor? O Carrabouxo


Este é outro artista: O Carrabouxo (persoaxe das viñetas de humor de Xosé Lois)

** ¿1 luns con humor lévase mellor? Gogue


Todo un fenómeno este Laureano (o personaxe de Gogue, para que non o sepa)

** A Frase Máxica...Paulo Coelho. ¿Será certa?


" Nunca desistas dun soño. So trata de ver as sinais que te levan a el "



Paulo Coelho

sábado, 10 de maio de 2008

** ¿Cal é o nome máis frecuente nesta sociedade?

O nome máis común que hai nesta sociedade non é Manuel, nin José. Tampouco María, Ana ou Miguel. E moito menos nomes benalíes estilo Kevin, Jonathan, ou calquera outro nome composto ou entresacado de Hollywood ou da incipiente Novelawood. NON. O nome máis usado nesta nosa España non é inocente como un neno que acabe de nacer. NON. É un nome de pel de cordeiro pero mirada complexa e eternamente profunda, capaz de deixarnos asolagar nos seus maquiavélicos e oscuros intereses ata afogarnos coa súa mera presencia e sorrirnos namentres que nos crava o seu coitelo por detrás.

NON é nome de home nin de muller. NON. É un nome hermafrodita. Tanto é de home coma de muller. Non figura en ningún D.N.I. pero si no interior das persoas que o adoptan. Hai centos, millleiros, miles de milleiros... É un nome tan falso, como falso é o que se fai acreedor del. SÍ. Poidera soar bonito pero a súa connotación é claramente negativa e maligna. Mellor sería que te foses algún día e nos deixases en paz. Nomes coma o teu deberían cotizarse á baixa e non á alza. Debería haber menos, pero nembargantes non paran de reproducirse cada día. ¿A que sí HIPOCRESÍA...?



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Simpática....Entre acosados e adosados

" Me gustaría vivir en un chalet “acosado” " (Belén Esteban)



Vaia, vaia, a fama fai estragos no subconciente intelectual dalgunhas... Pois se vives nese chalet "acosado" entón ten coidado de que non te "adosen" na túa vida privada...Je,je.

xoves, 8 de maio de 2008

** ¿Cómo dúas gotas de auga?

A primeira vez que vin ó presidente francés Nicolás Sarkozy pensei: "este é o dobre de J.J. Santos (o xornalista deportivo de Telecinco)". Non me digades que non se parecen....



Máis dúas gotas de auga neste artigo de A Lareira Máxica. Se coñeces a xente famosa que se parece envíanos as súas fotos ó mail de A.L.M. e serán publicadas. Anímate!!!

** A Frase Máxica.....O valor do sinxelo

" Algunhas veces os textos máis sinxelos agóchanse grandes verdades "
" Nas cousas máis sinxelas agóchanse ás veces os praceres máis grandes da vida "



(Dúas frases sen autor coñecido)

mércores, 7 de maio de 2008

** Que gran verdade a que nos conta Siniestro Total!



Leva razón o mítico grupo galego Siniestro Total, cando entoaban aquel pegadizo estribillo a comenzos da década dos 90: "Camino de cama es el mejor camino, es mejor estar durmindo que estar dormido..." Aínda que outro estribillo da mesma canción non lle vai á zaga: "Horizontal o vertical, yo prefiero horizontal y dormir a pierna suelta..." ¿E quen non..? Ai, pillíns, pillíns. Unha das cancións que máis me gustan de Siniestro e que hoxe traio ó blog para lembrar a esta mítica formación musical, caracterizada polo rock e letras cheas de palabras a proba de impúdic@s.

** A Frase Simpática...Hoxe: Brooke Shields


"El fumar te mata y si te mueres, pierdes una parte muy importante de tu vida"
(Brooke Shields)


...E tanto miña reina... Non somos gatos que teñamos sete vidas...¿Ou ti vives sin vivir en ti?

luns, 5 de maio de 2008

** Cuestión de humor.....cando menos...

** Axustes e consideracións en A Lareira Máxica

A Lareira Máxica sufriu algúns cambios nesta fin de semana. Eliminei as imaxes dos enlaces (tan so queda a do tempo) O resto foron eliminadas por dous motivos: un porque pesan, e dous porque era publicidade non remunerada. Doutro lado, aproveitar para introducir novos links e para retirar elementos que cargaban o blog: vídeos, fotos grandes e outros obxectos (p.ex: o traductor de Google -queda o de Altavista empregado polas visitas procedentes dos EE.UU.-, top comentaristas, xogo de Pac-Man) que había na columna da dereita. Queda así o estilo do blog algo máis sobrio. De igual forma o efecto visual dos enlaces variou e "A eira dos blogs" pasa a situarse no lado dereito para tentar equilibrar as dúas sidebar.

Agardo que con estes cambios o blog vos sexa máis fácil de cargar e vos tarde menos tempo. Sei que tarda uns segundos (se é unha conexión de 1 mb ou máis) pero este blog tarda un pouco máis porque ten 3 columnas que foron postas de xeito bastante artesanal. A plantilla non as traia "de serie". Máis xa non podo facer. Non son informático.Por suposto, acepto suxerencias ó respecto. Serán benvidas!!

Por último, tres cousas:
1- O blog actualizarase de aquí en diante unha media de 3 días á semana, sen existir un día concreto de actualizacións. Cuestións persoais e laborais obríganme a baixar o ritmo, mal que me pese. Espero o saibades comprender.

2- Animarvos a colaborar con artigos (propios ou alleos referenciados para comentalos), opinións e comentarios.

Carpe Diem



P.D.: Pregaríavos que me dixerades canto tempo vos tarda en cargar agora ALM, cal é a velocidade da vosa conexión. GRACIAS.

** A Frase Máxica...¿Ti que opinas?: ¿Sábeno?

" A metade do mundo non sabe cómo vive a outra metade "



Rebelais

xoves, 1 de maio de 2008

** Chegou á hora: A Lareira Máxica cumpre 2 anos

A Lareira Máxica está de cumpre. Celebra o seu segundo ano de vida. Hai 366 días, o 1 de maio de 2007 , ALM cumpría o seu ano de vida e contábavolo neste post, como se dun pai primeirizo se tratase o tema. Dicía que o cativo se facía maior e cumpría un aniño. Ben, pois hoxe, o cativo xa sabe falar, xa ten moitos dentes e xa botou a andar. O triciclo debe esperar polo de agora. Tempo ó tempo.

Neste último ano, novos colaboradores se sumaron a este blog que pretende ser un blog de temática mixta (agás de política) colectivo e que se preste á reflexión e á opinión, partido das miñas e das vosas suxerencias. O camiño non é fácil, pero hai que darlle tempo ó tempo, frase que tanto utiliza un servidor. Realista.

¿Cambios que sufriu a ALM? Quixera salientar que o blog rediseñouse no mes de Setembro de 2007. Nesa data o blog pasou a contar cunha nova sidebar ou columna lateral máis, sumando así un total de dúas. Era unha aspiración que tiña, co gallo de reordenar enlaces e outros contidos. Obxectivo cumprido.

O contador de visitas, case duplica as do ano pasado por estas datas. Se temos en conta que durante os meses de agosto e setembro o blog tivo que estar parado, coido que é unha boa cifra, se ben o que me importa máis é a vosa participación. E falando de participación, e como de ben nacidos é ser agradecidos, quixera agradecer ós novos colaboradores ou comentaristas de ALM como Alvariño(activo colaborador e contador de historias cotiáns), Eifonso Lagares, Toupeiro, Guillermo Pardo, Félix Soria, as Entrenómadas, Breogain, Drosophylum, o Moucho, Ad astra per aspera (ex- Una mujer desesperada), Polizón (¿que sería del/dela?), entre outros, adoiten visitarnos e participar en maior ou menor medida.

Mención especial quixera facerlle a Patri Loureiro, que me veu axudando a administrar o blog ata hai poucas semanas. Desde octubre e ata principios de abril a súa axuda fixo que A Lareira Máxica se actualizase con periodicidade ó encargarse da súa administración. Sen ela, e por motivos persoais/laborais do que vos escribe, ALM actualizaríase moi de cando en cando. Tras seis meses, Patri déixanos porque a familia e o traballo impídenllo. Enténdoo perfectamente. Antes pasoume a min, agora pásalle a ela. Prometeume que de vez en cando se pasará por este lar e, quen sabe, pode voltar a participar máis activamente. Sei que, como a min, non che gustan as despedidas e por iso non nos quixestes dicir nada. Paradoxas da vida, o teu último post foi unha canción alegre de The Pogues. De todo corazón gracias pola túa inestimable axuda e espero contar novamente contigo, amiga.

A tódalas persoas anteriormente citadas, debo sumar ós que xa veñen participando desde o primeiro ano de vida de A Lareira Máxica e continuaron no segundo. Salientar, en especial, ás dúas Marías: María e mariam (o da minúscula é para diferenciar e non confundir cos nomes, que me perdoen os académicos da lingua), pero tamén a Raquel, Sonia, Romy (a primeira comentarista de ALM), Calypso, José Manuel Freijeiro (Por certo: ¿que foi destes dous últimos?), entre outros.

Disculpas a tod@s aqueles d@s que me poida olvidar. Non é a miña intención. A vós tamén vos inclúo.

¿FUTURO? O meu obxectivo é seguir como ata agora, pero tentando mellorar no posible como sempre. O gran desexo sería poder poñer unha versión en galego e outra en castelán, pero vai ser TAREFA MOI COMPLICADA. Os meus coñecementos de programacións son MOI LIMITADOS. Agás que cambie de plataforma e abandoe Blogger, véxoo moi difícil. Se alguén sabe como podería facer para poñer dúas versións galego/castelán que fale agora ou que cale por sempre. E hoxe por hoxe, cambiar de plataforma é complicado porque non dispoño de tempo suficiente para familiarizarme con outro tipo de funcionamento. Bloogger é moi sinxelo e iso tamén pesa...

Outro gran desexo é conseguir que a xente que visita o blog pero que non comenta nin escribe posts o faga aínda que sexa paseniñamente. Gustame que a xente participe e comente. Sempre que haxa respeto nas opinións, todas son benvidas. E se son diferentes, mellor, pois aportan diferentes puntos de vista, o cal contribúe a enriquecernos a todos e todas.

As seccións seguirán as mesmas. Seguramente se vaian introducindo novas. Unha delas gustaríame que fose sobre fotos antiguas que sexan documentos vivos. A proposta realizoume mariam e a min gustoume moito, como tódalas que adoita facer.
Vou tentar, iso si, de que OS MEUS POSTS, sexan menos longos e pesados. E como teño que empezar a aplicarme o conto, pois vou rematando. So me resta dicir que MOITAS GRACIAS a tod@s e estou aberto, como sempre, ás vosas suxerencias para axudar a mellorar A Lareira Máxica.



"A cultura é a boa educación do entendemento" (Jacinto Benavente)

Un saúdo,
Carpe Diem



UN ARTIGO ESPECIAL ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

mércores, 30 de abril de 2008

** So quedan....horas....¿Que se celebrará mañán?

CUESTIÓN DE HORAS. Concretamente, ás 15 horas de mañán día 1 de maio, revelarei o "misterio". Non será unha gran "revelación" vaia por diante, pero para min terá un gran valor. Ós que xa o sabedes -os que seguides habitualmente o blog coido que xa coñecedes de qué se trata- pídovos que non o reveledes ata mañán. Para os que non sabedes de qué se trata todo isto, pois NON É: nada da festividade do día do traballo que se celebra mañán, se ben garda relación cunha efeméride da mesma data. GRAN PISTA...

Como me gustan os libros e as pelis intrigantes ímoslle dar unha pequena dose de emoción, aínda que a solución é moi moi fácil.
Carpe Diem.