tag:blogger.com,1999:blog-27373733.post7826988936017942507..comments2024-02-18T00:18:05.926+01:00Comments on A Lareira Máxica: ** Felicidade nunha noite de veránJulio Torres http://www.blogger.com/profile/07699089078783067558noreply@blogger.comBlogger8125tag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-69655229505732540032013-09-13T22:04:51.995+02:002013-09-13T22:04:51.995+02:00Cantos comentarios. A miña opinión é que a felicid...Cantos comentarios. A miña opinión é que a felicidade atópase nun mesmo ante todo e nas cousas máis cotiáns da vida. A felicidade está en saber apreciar as pequenas cousas, algo no que polo xeral non reparamos. Evidentemente a familia e os amigos son un complemento e un apoio importante para unha maior felicidade.

Un saúdo e carpe diem. Gústame o de cos pés na terra Estrela de Xullo. Carpe diem quere dicir aproveita o momento, goza deste día, pero tampouco significa que nos voltemos tolos e non vexamos máis alá de mañán. Como dixo alguén: vive como se foses a morrer mañán, pero pensa como se foses a vivir eternamente. Vamos, un galego diría algo así como: disfruta da vida pero con sentidiño. Ou algo similar.
Julio Torres https://www.blogger.com/profile/07699089078783067558noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-75394413969284494602013-09-11T12:27:57.067+02:002013-09-11T12:27:57.067+02:00Pijo enganchado: moi fácil. Ter cartos non signifi...Pijo enganchado: moi fácil. Ter cartos non significa ter unha familia estructurada, feliz, e recibir unha educación axeitada onde se transmitan valores auténticos. Son cousas diferentes. Ó mellor nunha casa na que sobran cartos hay unas carencias afectivas enormes. Non digo que anden a golpes. Ó mellor nin sequera hai gritos e se raspas un pouco, non se atopa máis que infelicidade, frustración e amargura.
Para exemplificar bótase a man a extremos, é verdade. O caso é que, como apunta Mary, o consumo de drogas dase en todas as clases sociais. E, do mesmo xeito, a infelicidade, tamén. E os ambentes máis ou menos propicios, outro tanto.
En canto a aportación de Estrella de Xullo e a relación que establece entre a felicidade e a intelixencia emocional, añadiría algo: saúde mental, madurez, equilibrio e capacidade para conectar cos demais, para empatizar.
Nas sociedades modernas, moita infelicidade ten a súa orixe na profunda soidade que sinten os individuos. E aquí, xa entramos na esfera do puramente psicolóxico. E neste punto, volvo a darlle a razón a Mary: a felicidade lévase dentro :)
Alvariñonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-32239739582087277022013-09-10T20:17:20.247+02:002013-09-10T20:17:20.247+02:00Boa tarde.
Creo que nos últimos comentarios se exp...Boa tarde.
Creo que nos últimos comentarios se expuxeron exemplos moi radicais e estremos: chabolas, drogas, delincuencia, alcoholismo, barrios acomodados…
Agora ben, nun contexto máis “estándar”, a felicidade pode depender do que os psicólogos chaman intelixencia emocional. Eu prefiro chamarlle saúde mental, madurez e equilibrio.
Saúdos. Estrela de Xullonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-3555807452205295792013-09-10T11:55:28.545+02:002013-09-10T11:55:28.545+02:00Vale, moi ben, certo que o ambiente inflúe. Agora ...Vale, moi ben, certo que o ambiente inflúe. Agora poñédevos no caso contrario: unha persoa que vive nunha mansión, cuns pais responsables, e unha familia estructurada, sae con amigos, cartos a moreas nos bolsillos, pero sen embargo todo lle aburre e lle sabe a monotonía. Entón, por iso de probar algo novo proba a droga, por exemplo o éxtasis, remata enganchado, rompendo a estructura familiar, e por moitos cartos que teña vive nun inferno.., tentan desintoxicalo, porque por falta de cartos non é, pero a súa pobre personalidade non lle deixa ver os motivos polos que vale a pena vivir, non ve a preocupación e amor dos pais, non ve esa rapariga que suspira por él, non atende os sinais da vida que lle poden otorgar momentos de felicidade..., e remata os seus días podre de cartos, cunha familia que se preocupa del, cunha sobredosis. Isto tamén é real, e pasa máis a miúdo do que parece. Hoxe en día non só son "drogadictos" as persoas que viven en zonas marxinais..., eu creo que máis ben é a personalidade de cada quén...
Pois coa felicidade pasa algo parecido, a uns costaralle máis conseguila, a outros menos, e, por desgracia, algúns non a conseguirán nunca...
Saúdos.Mary Camiñanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-28754863682014294962013-09-09T17:27:37.904+02:002013-09-09T17:27:37.904+02:00Vaia reto: ¿familia estructurada e feliz? Vaiamos ...Vaia reto: ¿familia estructurada e feliz? Vaiamos por partes:
Estructurada: que ten unha estructura clara e definida na que os adultos asumen os roles de comportamento que se esperan duns adultos responsables que teñen ó seu cargo menores.
Feliz: unha condición indispensable para ter unha familia feliz é que nesa familia haxa amor. Por desgracia, moitas familias non son máis que meros "agrupamentos", e moitos fillos non son máis que fillos da rutina.
Non sei..., a familia pode ser o soporte máis grande dun individuo e tamén pode ser o monstruo máis feroz. De feito, moitos abusos sexuais a menores cométenos adultos do seu propio entorno. Así que xa me dirás...
Eu teño moi desmitificado o concepto "familia".
En canto á felicidade, é un concepto moi subxectivo. Eu penso que o ambente no que se medra si pode influir na felicidade. Pónoche un exemplo: si un rapaz medra nunha familia desestructurada, marxinal, na que existen adiccións, e con so poner un pé na rúa ve como circula a droga ó seu carón ten moitas posibilidades de acabar enganchado, de acabar delinquindo e de acabar no cárcere.¡Hala, autopista dereitiña cara a felicidade! Este exemplo tamén é unha realidade, pura e dura.
¡Saúdos!
Alvariñonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-22135334815383265202013-09-08T18:52:25.482+02:002013-09-08T18:52:25.482+02:00Boas tardes. Claro que o ambiente no que vivas che...Boas tardes. Claro que o ambiente no que vivas che condicionará a personalidade, pero non a felicidade. Defíneme familia feliz e estructurada. Porque se supón que eu nacín nunha desas familias e non me sentín realmente feliz coa familia, senon coa que eu mesma formei. Sen embargo, o meu compañeiro sentimental foi un neno feliz no seo dunha familia pobre, vivindo nunha chabola, e cun pai alcohólico... E de maior, así como puido, loitou para que seu pai se "desentoxicase" e reconstruiulle a súa chabola e agora é unha fermosa casa. Son seis irmáns e só el tomou esa decisión de facer máis feliz aos seus pais e a sí mesmo;unha irmá formou a súa familia e ten a súa casiña, dous deles non fixeron por cambiar a seu tipo de vida e resignáronse, pero disfrutan do pouco ou moito que poidan ter e os outros dous son uns amargad@s, por moito que teñan nunca lles é suficiente. Realmente sigo a crer que a felicidade está dentro de nós e temos que querer encontrala. Coñezo moita xente que ten moitísimos motivos para ser feliz e quéixanse todo o día por todo, son persoas que naceron e cultivaron a amargura. Despois sempre hai situacións moi duras que te fan retorcer de dor e/ou impotencia, pero unha vez superadas, podes volver a buscar "a túa felicidade". Por experiencia volo digo tamén. Mente positiva!!!.
Saúdos.Mary Camiñanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-9409330316684742782013-09-04T16:38:16.207+02:002013-09-04T16:38:16.207+02:00A felicidade paréceme a suma de moitos factores. ...A felicidade paréceme a suma de moitos factores.
Está claro que se leva dentro de nós. O caso é que hai circunstancias máis propicias para a felicidade que outras. Sen ir máis lonxe, unha cousa é nacer nunha chabola e ser fillo dun alcohólico e dunha muller con retraso mental e outra é nacer nun barrio de xente acomodada e ter unha familia estructurada e feliz. Non pode ser igual.
Non pode caer toda a carga no propio individuo, sería moi inxusto. Hai persoas que nin sequera tiveron infancia.
¡Saúdos!
Alvariñonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-84072339503179511382013-09-03T12:29:36.195+02:002013-09-03T12:29:36.195+02:00Bo día.
Creo que as persoas que non atopan (ou ato...Bo día.
Creo que as persoas que non atopan (ou atopamos) a felicidade é porque non son conscientes do mundo que os rodea, é dicir, non son capaces de adaptarse á realidade que viven e, daquela, procuran outros modelos irreais, inventados ou fantasiosos.
Así xamais se vai atopar a felicidade, porque esta está no cotián, no día a día, no momento, na época e no lugar que che tocou en sorte. Creo que se un é capaz de aceptar - e sempre mellorar, claro - esta circunstancia conseguirase a felicidade.
Como dixen noutro comentario, carpe diem, si, pero cos pés na terra.
Saúdos. Estrela de Xullonoreply@blogger.com