tag:blogger.com,1999:blog-27373733.post6082055271946435063..comments2024-02-18T00:18:05.926+01:00Comments on A Lareira Máxica: ** Meigas, bruxas e curuxas...Julio Torres http://www.blogger.com/profile/07699089078783067558noreply@blogger.comBlogger13125tag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-2196602371942108252012-04-30T18:52:11.826+02:002012-04-30T18:52:11.826+02:00Os votadores de cartas e toda esa fauna que sae na...Os votadores de cartas e toda esa fauna que sae na televisión dende logo non son meigas nin nada polo estilo. Son xente que se preparou para realizar un chollo que da cartiños. Explícome: Votar cartas podeo facer calquera. So tes que aprender a usalas e saber facer as preguntas adecuadas en plan psicologo ou como fan as tendeiras tipicas de toda a vida (non as do carrefur ou similar sinon a tendiña pequeña que existe dende hai años moi preto da vosa casa e que moita xente vai alí non solo a mercar sinon tamen a parolar). Solo con ter un mínimo de psicoloxía e intuición xa che sae o resto. As meigas meigas, sono xa por nacimento, pois son persoas que soen ter certa sensibilidade ou por así decir, certo don, como os mediums ou similares. Pero esa xente non sae nin na tele ni na radio nin queren ningunha publicidade nin recomendación. Habelas hainas pero non andan por ahí pedindo a xente que recurran os seus servicios a cambio de cartos. ¿Vos que pensades? Eso si, persoas como estas son escasísimas, non como as votadoras de cartas da tele, que abundan en casi todolos canales.O Mouchonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-14925644011988060822012-04-26T22:36:16.278+02:002012-04-26T22:36:16.278+02:00Alégrome que a xente se animara a comentar tanto e...Alégrome que a xente se animara a comentar tanto este post. Está claro que o tema deu para debatir moito.
Respeto todos os comentarios e so digo unha cousa: habelas hailas. Sinto non ser orixinal. Respeto o que faga cada persoa. Ir ou non ir. Cadaquén é libre de facer o que queira. O deplorable é que, como en todo, hai moit@s pero que moitos aproveitados. Demasiados diría eu.
¿Que me dicides dos botadores de cartas e videntes da televisión???? Outro tanto.Julio Torres https://www.blogger.com/profile/07699089078783067558noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-58009512148300484382012-04-26T12:42:21.387+02:002012-04-26T12:42:21.387+02:00Estou dacordo contigo. Saudiños meigos, como dí ce...Estou dacordo contigo. Saudiños meigos, como dí certa colaboradora de A Lareira que ai tempo xa non se deixa ver por aquí. ¿Que sería dela?O Mouchonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-22848990422844763842012-04-24T18:07:24.565+02:002012-04-24T18:07:24.565+02:00Chegado a este punto eu xa non sei se é que non me...Chegado a este punto eu xa non sei se é que non me explico ou non se me entende, ou non se me quere enterder, ollo!. En primeiro lugar, cada un é libre de crer no que lle pete, e eu respétoo. En segundo lugar, que nun momento dado da miña vida recurrira como último recurso a elas despois dun consello que me diron, acertado ou non, para a miña forma de ver dado o resultado máis ben desacertado, non significa que crea nelas, a miña vivencia non foi nada satisfactoria..., pero tampouco vou deixar de ser amiga daquela persoa que mo aconsellou, igual a esa persoa lle sirve de terapia, eu que sei..., a mín non me serviu...Desde esa non volvín nin teño pensado volver a xunto de ningunha, é o meu parecer e a miña opinión, despois dunha sesión con esta "vidente", "bruxa", "meiga", para mín "oportunista", chegoume, "una y nada más". E en terceiro lugar: sigo pensando que ninguén ten dereito a poñer a mal a dúas ou máis persoas.
Claro que en tódalas familias hai problemas de convivencia, de celos, e demáis, é rara a familia que non ten eses problemas, pero non por iso vas pensar que alguén che bota mal de ollo ou que che vai botar o embarazo abaixo, por exemplo..., para mín o xogo coas mentes axenas é moi perigoso sobre todo cando conleva sentimentos de odio, envexa, rabia,etc. asociados.
Para sentirme ben cando me pasa algo malo teño os meus propios recursos, e cando teño problemas con algunha persoa intento resolvelos, e se non podo intento convivir da maneira máis civilizada posible; e falo por experiencia, que xa vos digo, "en todas las casas cocen habas y en la mía a caldeiradas".
Vexo que este tema está dando moito que falar, é normal tendo en conta que é un tema moi arraigado nas nosas "crencias populares",¿quén non oiu de pequen@ falar dos mortos, dos aires de difunto, das ánimas que non encontran descanso por deixar cabos soltos neste mundo, da típica ristra de allos detrás da porta..., eu non son de fora, centos de veces oín esas historias na cociña da miña casa, e na tenda de miña avoa... Cousas que para mín foron, simplemente, unha forma de axudar psicolóxicamente ás persoas e de explicar cousas inexplicables por aquel entonces.

Un saúdo a tod@s!Mary C.V.noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-22731890053054806782012-04-21T14:42:00.511+02:002012-04-21T14:42:00.511+02:00Moi ben Mariam. Ben dito, si señorita.
En canto ó...Moi ben Mariam. Ben dito, si señorita.
En canto ó que dis da familia, a moitos (incluída unha servidora) poderanos parecer imposible. A familia para min é ese ente no que te apoias. En quen podes confiar por encima de todo. Son persoas que so queren o teu ben, nunca o teu mal. Pero por desgraza, sabemos que esto non sempre é asi. Bastaría saber algo de psicoloxía para entender que, de feito, moitos dos grandes males desta sociedade teñen a súa orixe na familia. A familia pode ser o máis importante, ou todo o contrario. Os psicólogos saben que a maioría dos pacentes que tratan acuden ás súas consultas por problemas precisamente orixinados no seo das súas familias. Logo, voltando ó tema das bruxas, Mary, se te relees, verás que ti mesma te contradís. Por unha parte son persoas das que non debemos fiarnos en absoluto, pero por outra, cando xa non che queda nada máis ó que acudir, botas man delas. En que quedamos? Cando decides recurrir os seus servicios será porque algo de esperanza che queda. E volvo a reiterar as miñas dúbidas sobre que unha desas señoras levante o dedo acusador para referirse directamente a nadie en concreto (sexa veciño ou sexa x). Todos sabemos que esa profesión se basa precisamente no poder "psicolóxico" da "bruxa" en cuestión. É como cando che din que vai haber unha morte, ou unha enfermidade na túa familia. Ninguén precisamos ir a xunta nadie para que nos conte iso. As probabilidades de que calquera de nos teñamos alguén cercano que poida estar sufrindo unha enfermidade son enormes. Se un/ha vinteañeiro/a acude a unha desas señoras e despois de botar unha ollaza fugaz a súa man, se decata de q non leva anel de casado e lle di q na súa bola particular ve unha voda, ou incluso un embarazo, cantas son as probabilidades de acertar? Se ti decides ir a xunta unha desas señoras para que che conte iso, alá ti. Eu persoalmente son capaz de discernir por min mesma certas cousas. E vénseme á cabeza algo q comentou unha vez miña irma cando nas noticias estaba a escoitar que 8 de cada 10 mulleres teñen posibilidades de sufrir un cancer de mama. Ela decía, pois logo, se na nosa casa somos 5, moita sorte imos precisar para que a algunha de nos non lle toca.
Conclusión: lóxica, e sentido común. O que pasa que iso do sentido común cando un está desesperado é moi doado perdelo ou deixalo a un lado.Maríanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-35502508459342750252012-04-20T11:47:58.897+02:002012-04-20T11:47:58.897+02:00Moucho, estou de acordo contigo en parte. Lembro q...Moucho, estou de acordo contigo en parte. Lembro que cando estudiei a Escola de Frankfurt, (Adorno, Horkheimer,...), puxéronnos un texto no que a familia quedaba coma o primeiro grupo alienante do ser humano. Lembro ben o texto porque naquel momento chocoume esa visión. O que pasa é que na nosa sociedade temos unha visión diferente do concepto "familia", xa que estamos influenciados polas teorías Judeo-Cristianas.
Familia, amigos, veciños poden ser grupos que che aporten algo positivo, ou non.
Pero, mira por donde, se a familia ten capacidade alienante, ¿qué se vai esperar dos veciños? Duns fulanos cos que hai que convivir obligatoriamente porque non queda outra. Por outra parte, ¿cántos falsos amigos nos atopamos na vida?
Con esto quero dicir, que aquí se fala moito do poder "intoxicador" das bruxas. Palabra que non me gusta nada, por certo. Máis, de verdade, ¿son as botadoras de cartas, ou os adiviñadores os únicos "intoxicadores", as únicas "malas persoas" que habitan entre nós? De sobras sabemos que non. A min, os botadores de cartas nunca me viñeron buscar á casa cunha pistola na man. Ahí están, son outro colectivo máis. ¿Por qué ese afán de metelos a todos no mesmo saco?Mariamnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-8959197871650143032012-04-20T00:56:15.866+02:002012-04-20T00:56:15.866+02:00xa Mariam, pero podese dar un consello daquela man...xa Mariam, pero podese dar un consello daquela maneira sin provocar males que non teñen porque suceder. Explicome: Unha meiga ou votadora de cartas o o que sexa pode ser util á hora de facer coma un psicologo (o cliente solta as suas cousas e a meiga conversa con ela ata que sabe o que o cliente quere oir e entonces ataca). Pero o que non pode a meiga é de repente dicir que a culpa de todos os teus males seguro que é da túa veciña ou da tua mellor amiga ou do inquilino que vive no octavo piso que nin o cliente o coñece, porque unha meiga sabe ben que os seus clientes cando acuden a ela, é porque creen nestas trapalladas e calquera cousa vaina a tragar. Eso xa é, por así decilo, imprudencia profesional ou actuar a mala fe. As cousas como son.O Mouchonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-34021327711703873782012-04-18T19:33:32.890+02:002012-04-18T19:33:32.890+02:00A ver, unha cousa: non se pode demonizar un colect...A ver, unha cousa: non se pode demonizar un colectivo por unha mala experiencia con un individuo. Penso que haberá de todo.
É máis, ó mellor, ata unha meiga ou unha botadora de cartas poden axudar. Eu penso que sí. Hai moita xente perdida, abrumada polos seus problemas, que necesita que a escoiten, que necesita recuperar a confianza en si mesma. Ó mesmo que cando se vai ó psicólogo, salvando as enormes distancias.
En canto as conductas inadecuadas, ós aproveitados, por desgracia, atopámolos en todas as actividades. O mundo do esoterismo é un hábitat propicio, non o nego. O que pasa é que os comportamentos pouco éticos son unha constante nunha sociedade rendida ó poder dos cartos.Mariamnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-44907603043814066462012-04-17T12:11:31.125+02:002012-04-17T12:11:31.125+02:00Respondendo a María: Sen áminos de ofender a ningu...Respondendo a María: Sen áminos de ofender a ninguén, a culpa tanto é da persoa que se cree todo o que lle din sen saber ser obxectiva, pero, no meu entender, tamén ten unha grande responsabilidade, aquela persoa que fomenta dalgunha forma o rencor e non respeta as amizades e as boas relacións sociais; aquela persoa á que acuden persoas desesperadas unhas, e enfermas outras, e na que poñen toda a súa fe...
Hai situacións na vida que despois de tamnto loitar e deixándote aconsellar e sabendo que xa non tes nada que perder acudes a quen sexa, independentemente da cultura, intelixencia, educación, etc., que teñas. E por certo, ser culto e ter educación non é sinónimo de ter intelixencia. É a intelixencia dunha persoa a que a axuda a sair de certos problemas e a analizalo todo... e modestia aparte, a mín considérasemne máis intelixente que culta ou educada, e creo que neste blog xa demostrei de sobras que a educación non me falta...
Co meu artigo non critico a quen acude a onde lle peta para aliviar os seus "males", critico o mal uso da maioría, tanto á persoa que vai e non ten nin dous dedos de fronte e polo tanto non analiza o que lle din e por outra banda, trod@s aqueles que fomentan o enfrontamento entre persoas sin máis...

Un saúdo a tod@s!.Mary C.V.noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-64240445562169916552012-04-17T08:46:52.316+02:002012-04-17T08:46:52.316+02:00Estou dacordo que hai xente cunha mente privilexia...Estou dacordo que hai xente cunha mente privilexiada que axuda a moitas persoas nalgúns aspectos porque por cultura aprenderon determinadas cousas dos avós....Case non usamos o noso potencial pero moitas persoas son privelixiadas.

Sen embargo penso que non está ben aquelas persoas que se consideran videntes e se aproveitan dos problemas da xente, penso que é penoso e debería estar penado. Ninguén debería aproveitarse do malestar dos demáis, porque a miúdo a xente acude a ditas consultas cando realmente está mal.
Todos podemos precisar diñeiro para sobrevivir, pero non a consta do dano doutros.sonianoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-8230428129495727702012-04-16T12:06:01.018+02:002012-04-16T12:06:01.018+02:00Esta cuestión está profundamente enraizada na idio...Esta cuestión está profundamente enraizada na idiosincrasia galega. Estamos perante o famoso: "eu non creo pero habelas, haylas".
Como este blog xa ten uns aniños, recordo que tratei este tema nun relato titulado "O gato está triste e azul 2: Mimosín Caricias".
Bueno, falando en serio, prefiro non facer xuízos de valor en canto a creenzas persoais. Cadaquén ten as súas, cadaquén necesita apoiarse en algo cando as forzas flaquean.
Eu miro cos mismos ollos ó que me di que vai para a consulta dunha adiviñadora ou ó que me di que vai para a procesión da virxe dos Dolores. Todo me parece igual de respetable.
¡Saúdos!Alvariñonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-51201154087223767722012-04-15T16:57:53.512+02:002012-04-15T16:57:53.512+02:00Admito que tes razón ainda que lle doian á xente q...Admito que tes razón ainda que lle doian á xente que acude a estes personajillos. O problema da xente que acude a eles é porque sinten desesperación e buscan solucións máxicas a tempo reducido. Non pasaría nada si esta xente tivese sentidiño comun á hora de aconsellar. Sempre pensei que é o que se lles pasa pola cabeza cando non lles importa facer mal. Incluso na historia da España negra atopamos casos terribles de mandar matar a alguen sin ter motivos para elo. Son personas con fantasías enfermizas. ¿Que pasa? Pois que a desesperación e a necesidade de creer en remedios milagreiros dos seus clientes, fai que os consideren autenticos sabios. E non lle digas que non o son a moitos dos seus clientes, porque te poñen a pan pedir moitos deles. É algo que non entendo. É coma si fosen fanáticos. Entendo o articulo e tamen acepto o comentario de María. O que non entenderei é a fe cega en alguen que non ten reparos en acabar coa relación social das persoas sembrando cizaña entre a xente. ¿Cal é o motivo que os leva a facer tal cousa? O unico que se me ocorre é a tolería.O Mouchonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27373733.post-68537923076881893332012-04-15T13:35:38.051+02:002012-04-15T13:35:38.051+02:00Mary: na miña modesta opinión hai que ter un pouco...Mary: na miña modesta opinión hai que ter un pouco máis de tacto e coñecemento dos temas á hora de falar de certas cousas. Porque aproveitados hainos en tódalas profesións. Ou acaso eses falsos cirurxiáns que che poñen unhas tetas tan bonitas ou che fan unha reducción de estómago que prometen deixarte como a mesmísima Claudia Schiffer non son oportunistas e cometen males maiores que os das "túas bruxas"?
Ti mesma admites ter recurrido a unha delas. E se non lembro mal, nin eres unha inculta, nin unha ignorante, senón unha persoa con carreira universitaria (creo non estar equivocándome aínda que o de ter un título universitario non é sinónimo de cultura ou educación moitas veces).
Logo, poida que teñas razón no feito de que nesta "profesión" en concreto, xogan moito coa "psicoloxía". Pero en calquera caso, non somos nós os responsables últimos de todo eso que ti contas? Casos como os da túas veciñas, a culpa dese comportamento inxusto é da menciñeira? Ou da veciña que non é quen de ver cos seus propios ollos? Ti se ven calquera e che conta que a culpa de tódolos teus males a ten a túa veciña do sexto, vas crelo? Coma en todo, fai falla sentido común, ese que tanto escasea últimamente.
E xa sei que esta afirmación vai dar moito que falar e vai ser moi discutida, pero mira, se o que poida contar unha desas "señoras" axuda a alguén a sentirse máis tranquilo, aínda que sexa mentira ... pois ....
En canto á frase esa de, palabras textuais incluídas "eu non podo decirche quen é, pero é esa mesma persoa que ti pensas etc etc etc" e que a menciñeira en cuestión afirmara cando a outra da un nome concreto, iso vivíchelo ti? Porque se é certo, creo que é algo denunciable. Iso non son inxurias e falsas acusacións?
Coidado coas cousas que se din, que entre o que me contaron, oín, escoitei, e a realidade pura e dura, moitas veces dista un treito longo de carai.
PD: por se a alguén lle queda aínda a estas alturas algunha dúbida, non me adico ó gremio das brujitas. Son filóloga/profesora. Non teño absolutamente ningunha relación nin directa nin indirecta co gremio. Pero ... tampouco a min me gusta cando se xeraliza do meu sen constancia.
Perdoa Mary, non pretendía isto ser un ataque contra ti nin moito mesmo. Mais ben contra o teu artigo :PMaríanoreply@blogger.com