martes, 27 de enero de 2015

** ¿Miss/Míster Universo?

Non entendo o porqué en pleno século XXI se continúan celebrando concursos de beleza estilo as galas Miss Universo ou Míster Universo. Sí, xa sei. Hai un motivo netamente económico para do que saen gañando uns poucos (e non entro a falar dos amaños que se teñen producido). Pero non me parece propio dos nosos tempos xulgar a unha persoa so polo seu aspecto físico e pouco máis. Considero que estes concursos teñen un claro compoñente machista, retrógado e económico e que non aportan nada (sí, xa sei que hai máis cousas que tampouco o fan). As persoas parecen mercadorías en mans de mercaderes... As persoas, insisto, son máis que o seu aspecto físico, pero claro vivimos nunha sociedade no que o importante é o que se ve, non o que non se ve, mesmo aparentar aínda que non se sexa. Logo que non nos chame a atención que cada vez máis persoas xoves queira operarse para ser máis atractivas. ¿Que valores estamos inculcando?.

Por certo, xa postos: ¿Por que se comete o atrevemento ou ousadía de dalar de "Universo". Se acaso do planeta terra, pois non vin ningún marciano, mercuriano, saturniano nin ser doutra galaxía. ¿Que non nos di que non existe beleza máis ala da terra?...Claro, xa o sei!!! Nas bandas que porta o gañador/a ocupa menos "Universo" que "Planeta Tierra". Debe ser iso, do contrario.


...........................................................

Julio Torres

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Levas razón, estes concursos parece que quedaro un chisco anticuados. O caso é que tamén poden ser un trampolín para algún rapaz ou rapaza que queira ser modelo.
Hai moitos mozos e mozas ós que lles encanta lucirse. Faise en tódalas praias e piscinas do mundo. Tamén se pode facer enriba dunha pasarela. Ademais, qué adolescente de hoxe non quere ser modelo e casar cun futbolista millonario.
Poida que estemos no 2015 pero eso non significa que toda a xente alcanzara un nivel óptimo e desexable de educación. Non hai máis que prender a Tv e poner Gh Vip, que, por certo, ten bos resultados de audiencia. Conclusión: hai de todo porque todos somos diferentes, uns máis "ilustrados" e outros menos. E eso non quere dicir que uns sexan mellores persoas que os outros, porque a ruindade das persoas pouco ten que ver co seu nivel académico. E eso seino ben porque trato con xente moi diferente.

Sonia dijo...

Uf, canto tempo que non vos visito. Non teño palabras, un vai dun lado para o outro, lembra pero...A gran lareira maxica entrañable coma sempre.

Estou dacordo con vos, tampouco entendo que se valore máis a beleza externa que outros aspectos. E como si fose o máis, é o que nos venden, valores vacios.