sábado, 4 de octubre de 2014

** A Frase Máxica...Proverbio africano


5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dijo...

Pasiño a pasiño faise o camiño.
Non me refiro ao de Santiago, tan materialista por veces e tan estragado pola modas de turno, senón ao da nosa vida. Ese para o que ninguén nos prepara a mochila nin nos recomenda as botas máis adecuadas... Feliz travesía polo mundo.
Un saúdo.

Julio Torres dijo...

Sí, como se soe dicir tamén: Roma non se conquistou nun día.
Saúdos máxicos

Mariam dijo...

Botas para o Camiño de Santiago, botas para o Camiño da Vida,... A min tamén me facía moita ilusión estrenar botas novas, sobre todo porque levo catro anos coas mesmas. As botas novas significaban que a vida seguía. Que cambiou un pouco, bastante, pero que ó mellor inda tiña a posibilidade de "acabar con elas" como lle sucedeu ás vellas. Hai moito simbolismo nesta historia. O que pasa é que hai que contar ben os contos. Un obxecto calquera pode significar moitas cousas. Cando inda che queda camino por diante, fanche falta botas. O caso é que as veces, as pernas fallan. Ás veces, a vida antóllaseme unha curiosa mestura de camiños e calzados.

Julio Torres dijo...

Moi dacordo contigo Mariam. Os obxectos teñen máis valor do que aparentan, teñen unha simboloxía e tamén un valor que sobrepasa o seu precio.
Saúdos máxicos, amiga Mariam.

sonia dijo...

A vida é un camiño e o sol brilla cada día, de pouco vale buscar grandes metas, esquecendo, o bonito de cada día,ahí está a esencia da vida.