mércores, 20 de agosto de 2014

** A Frase Máxica: o sorriso

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Sonia dixo...

Detrás de un sorriso sempre hai unha vida, a cuestión que un sorriso indica unha forma de vela vida diferente.
Sempre é mellor ter un sorriso, pois de nada serve mostrar unha cara menos agradable cando o problema está ahí e hai que solucionalo.

Non sei, escoitei algo sobre o sorriso e fíxome pensar, nunha conferencia sobre a felicidade de Jaume Santllorente (por certo moi interesante, fala da súa experiencia na India), falaba sobre o sorriso. Comentaba algo así coma que nos paises "desarrollados?" non tíñamos esa costume o incluso podía estar mal visto que unha persoa fose pola calle sorrindo, sen embargo en zonas realmente pobres, coma na India é habitual o sorriso, persoas que non teñen nada para comer.....Fíxome pensar moito nesta cuestión.
A vida é complexa, pero para que complicala máis. Fácil falar, difícil sorrir máis a miúdo, je, as relacións humáns son complexas.

Julio Torres dixo...

Canta razón tés, Sonia!!
Sei que nos tempos que corren o sorriso vale o seu peso en ouro, pero deberiamos tentar usala máis. A satisfacción que da rir é algo indescriptible. Xa sei que hai moitas preocupacións e demáis, pero rir é algo así como facer unha pausa para espantar as penas.
Non hai moito falei cunha persoa enferma de cancro e a súa actitude ante a vida e a súa felicidade chocaba co mal momento que estaba a vivir.
Felicito a todas esas persoas que saben rir incluso nos seus peores momentos. Chapeau. Aproveito para dar moreas e moreas de ánimos a tódalas persoa que padecen estas enfermidades graves.

Gracias polo teu comentario Sonia!!. Alédame voltar a lerte.
Saúdos máxicos, estimada amiga!!

Mary C.V. dixo...

O sorriso... é o bálsamo da alma...
@s que acostumamos usalo todo o posible somos considerad@s uns "rar@s". Co ben que senta! Onte fun cos nenos a Pontevedra, e, coma sempre, imos falando entre nós e rindo. O meu neno máis novo diuse conta de que a xente se quedaba mirando para nós e diulle un pouco de apuro, non entendía o motivo; o primeiro que pensou o pobre é que se tiñamos algún defecto na roupa ou algo e fíxonos parar e inspecionounos a conciencia. Entón encolleuse de ombreiros e díxome: "Non entendo por qué nos miran". "Porque sorrimos, meu rei; pero tí non fagas caso, sigue mostrando ese fermoso sorriso e disfrutando de cada día que teñas, a pesar de todo" Creo que segue sin entendelo. Pero eu sí. A xente, en xeral, olvidouse do importante que é sorrir e disfrutar dos momentos e persoas que te acompañan nesta vida. E, ás veces, por desgracia, só nos damos conta do importante que é cando a vida nos pon de verdade a proba con algo realmente que marca a alma.
Un saúdo e nunca deixedes de sorrir.

Julio Torres dixo...

"A xente, en xeral, olvidouse do importante que é sorrir e disfrutar dos momentos e persoas que te acompañan nesta vida". É certo, moi certo, Mary.
Debemos aprender a rirnos de nós mesmos. A non ter medo a rir. Da igual o que pensen de nós. Rir é saudable. Non é fácil rirnos nestes tempos pero debemos aprender a rirnos máis.
Saúdos Máxicos.