jueves, 9 de enero de 2014

** ¿Analóxico tradicional ou tecnolóxico?

Acaba de nacer un novo ano. O 2014 e con el o mes de xaneiro e voltamos de novo ó princpio do almanaque, ese obxeto en formato papel que se adoita (ou adoitaba) pendurar dunha parede para mensualmente irlle quitando as follas, como se cada día 1 fose outono cada mes. A min séguenme gustando ese tipo de calendarios. Xa sei que con tantos teléfonos intelixentes e demais teconoloxía, parece que o papel é algo prehistórico, pero gústame. E seguirame gustando. Igual me pasa cos libros. O tecnolóxico-dixital non ten porqué ser incompatible co analóxico-tradicional.

Encántame a teconoloxía (a proba é que na rede das redes fundei A Lareira Máxica que a día de hoxe so se pode ler en internet) pero iso non implica non me poida gustar a outra. Ás veces parece que a sociedade nos impuxera una soa opción. Craso erro baixo o meu punto de vista. Os dous formatos non deben ser excluíntes. Onde se poñan as preciosas fotos mensuais dos calendarios ou mesmo una soa con unha fermosa ou suxerente fotografía... As imaxes danlle vida ó calendario, a cada mes do ano, que cobra vida e deixa de ser un ser inerte sútilmente eclipsado por un aparello tecnolóxico que lle quita a vida propia. Mesmo algún gremio de traballadores podería facer unha exposición de imaxes de calendarios que ilustraron e deron cor á súa vida, aínda que os seus gustos fosen moi discutibles.

Acaba de principiar o 2014 e non sei vós, pero servidor seguirá usando calendarios de meses, almanaques, axendas,...


...........................................................

Julio Torres 

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Pois si. Eu prefiro tanto na casa como no traballo o calendario tradicional, sexa de parede ou de mesa. Non sei por qué pero resultame mais comodo de consultar. Resultame mais rapido facer un movemento de cabeza e ver o calendario, que coller o ordenador ou movil ou table,... e andar a buscar nos menus destes aparellos a opción calendario. Ademais, os dixitais non suelen sair reflexados os festivos. Así que me decanto polo de papel

Julio Torres dijo...

Coincido contigo Moucho!

Mary C.V. dijo...

Bos días. Depende para que, uso os dous, ainda que prefiro o formato tradicional, cos seus festivos e as súas lúas debuxadas... Pásame o mesmo cos libros, ainda que comezo a usar os libros electrónicos, onde esté un libro de papel, co seu arrecendo característico... Hoxe por hoxe, sigo a disfrutar da comodidade e información que nos brinda o almanaque. Saúdos.

Julio Torres dijo...

Mary aínda non me pasei ós libros electrónicos e non creas que me quita o sono. Pero non se pode dicir deste auga non beberei. Iso sí, onde se poña o tacto de sentir e, incluso, ulir o cheiro a follas novas dun libro...