jueves, 26 de septiembre de 2013

** A Roda, un referente da música popular galega

Hai tempo que quería adicar en A Lareira Máxica un oco a música galega tanto a de antes como a de agora. E quixera principiar cun grupo vigués que sempre me gustou moito: A Roda. Cantan moitas cancións populares: O gato metido no saco, A saia da Carolina, A Foliada do Celta (que serve de himno do Celta de Vigo), a da Riaxeira (tamén se adoita cantar no estadio de Balaídos en Celta, sobre todo na época do eurocelta), Pousa Pousa, Un andar miudiño (canción que corean os seguidores do Obradoiro no Multiusos do Sar de Santiago cando xoga este equipo de baloncesto, único representante galego na máxima categoría do básquet español)ou Catro vellos mariñeiros. Súas tamén son A raíz do toxo verde, os bistéqueles e tantas outras. Coido que, cando menos nalgún momento, tod@s escoitamos, algún destas míticas composicións populares.

Nado en 1976, este excelso grupo galego tivo xa varios cambios na formación orixinal. O último foi o de Adolfo Dominguez Otero "Fito", cofundador, líder e cantante de A Roda que morreu no verán de 2012 (descanse en paz). Voz inconfundible e que dicir da súa longa barba. Non hai moito vin ó grupo nunha actuación na televisión e vin que outro dos compoñentes agora parece ser o vocalista: Bernardo. E o que ten bigote e gafas (o que fala ó principio do terceiro vídeo e no que cantan cancións aínda con Fito). Non sei se foi algo puntual ou se o grupo vai seguir. Ougallá que continúe. Iso sí, xa non será o mesmo. Ougallá a roda siga camiñando, como coido que dixera Fito nunha entrevista para o programa da TVG "Alalá".

Déixovos uns vídeos sobre o grupo. O primeiro deles é unha reportaxe sobre Fito e A Roda emitido pola TVG no programa "Alalá", que ten case unha hora de duración pero merece moi moito a pena vela. De obrigada visión. O segundo vídeo é unha lista de reproducción onde poderedes escoitar tamén varios dos seus éxitos (ollo! so son as 7 primeiras e algunhas máis, xa que o resto don doutros cantantes e grupos).











ENLACES RECOMENDADOS:

* Web de A Roda
* O Obradoiro e a Rianxeira de A Roda
.....................................................................................................................................
JULIO TORRES

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dijo...

A verdade que a Roda, transmite unha cultura popular galega, eu teño coñecemento deles pois ao meu pais gustalles moito.

A música sempre queda, a xente pode marchar, pero a súa música queda. Ademáis está música será para sempre, porque é a nosa esencia galega.

Grazas a todos os grandes músicos que enchen as nosas vidas.

O Moucho dijo...

Foise unha inconfundible voz que será moi difícil de atopar no futuro. Marcou unha época na música e canto enxebre.