lunes, 2 de septiembre de 2013

** Mentalidades


Un pouco frustrante a leria da mazá. Non sei ata que punto valerá a pena compartir unha mazá con alguén inalcanzable. O conformismo como opción vital non me chista. A rebeldía que levo dentro vaise facendo máis forte cada día que pasa e non me estrañaría nada acabar compartindo barricadas con Jorge Verstrynge. Eu animo a todos a disfrutar do feito de vivir.

Hoxe mesmo, pasei un rato moi agradable, 45 minutos, co técnico do quentador. Físicamente era unha especie de Michael Douglas, salvando as oportunas distancias. Tamén, un adicto ó sexo. Iso confirmeino, que mal pensados me sodes ás veces, mediante a análise grafolóxica que lle fixen a un pequeno texto que escribiu na factura. Ten que ser un traballo..., ¡todo o día coa mesma idea na cabeza! Os 50 teñen que ser terribles, supoño que é nesa década cando se vive a última xuventude.

Fai uns días, dicíame un coñecido, este creo que non é adicto a nada, "eu xa teño fillas de máis de 30 anos". El ten 59. Como si a idade biolóxica fora un freo, un obstáculo para ser feliz, como si se vira na obriga de reprimirse e resignarse á chegada dos netos. E iso botando cartos polas orellas. Supoño que o seu divorcio será dos moi caros. Será posible que algunhas persoas teñan tal apego os cartos. Porque adiccións non terá, pero namorado tampouco está. ¿Análise grafolóxico outra vez? Non, evidencia. Análise do comportamento.

Pois, mentres haxa consentimento, como diría outro coñecido meu. O caso é ser feliz e non facerlle mal a ninguén. Que uns se negan a madurar, que outros prefiren vivir unha vida de mentira,... supoño que serán eleccións, inconscientes ou non. A idade non me parece o factor clave, é máis unha cousa de mentalidade. A fin de contas, como dí a canción, “Winter has come for... todos nós”. Traducción libre.

.....................................................................................................................................
TEO. Mariam

8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dijo...

Bo día.
Sobre o asunto da mazá, debín de aclarar que a moza era inalcanzable, DE MOMENTO, porque esa escena sucede na primeira parte da triloxía e o terceiro volume aínda está por publicar. Aínda así, non teño moitas esperanzas nese asunto...
Por outra parte, creo que debemos poñernos metas realistas e tratar de alcanzar o que estea dentro das nosas posibilidades; senón, córrese o risco de caer na frustración.Carpe diem si, pero cos pés na terra.
Saúdos.

Alvariño dijo...

Mentalidades hai tantas coma persoas, iso está claro. E tamén está claro que cada persoa é un mundo. Entón, na mentalidade de cada persoa tamén ten que haber un mundo, o seu propio mundo, con toda a inmensidade e variedade que se queira imaxinar. ¿A idade? Que importa a idade, a idade case non conta, cadaquén é libre para elexir o seu estilo de vida mentres a artrose llo permita. Uns serán eternamente xóvenes e outros, vellos prematuros. Eu, vou no segundo grupo, ó meu pesar. E que o corpo non me responde. Nótase que teño unha xenética moi cativa.
En canto o que comenta Estrella de Xullo, "Carpe Diem cos pés na terra", non sei... Ata agora sempre pensei que a frase "Carpe Diem" implicaba unha invitación ó disfrute dos placeres terrenais. "Cos pes na terra", ven sendo algo así como botarlle unha pinga de autocontrol ó tema. Non me parece mal, ó contrario. O caso é que as mazás da horta saben moito mellor que as mazás do supermercado.
E para rematar, ¿qué pasou na segunda parte da triloxía? Creo que me perdín esa parte.
¡Saúdos!

Estrela de Xullo dijo...

Boa tarde.
Nota aclaratoria para Alvariño:

Na segunda parte da triloxía seguen nas mesmas: Kvothe namorado de Denna e ela manténdoo como amigo. Pero el si que aplica a idea do carpe diem porque non perde o tempo con outras, que digamos.
Veremos na terceira , pero non teño moitas esperanzas.

Por outra parte, se gozamos dos praceres TERRENAIS, é que temos os pés na TERRA. E sobre o tema das mazás do supermercado vs. mazás da horta, poderíase abrir un longo debate que daría para máis de unha compota...
Saúdos.

Mary camiña dijo...

Ummmm, as mazás da horta..., como me gustan. É un gustazo, achegarse á maceira, e con permiso da árbore, (xa sei é unha pequena paranoia miña o de pedirlle permiso ás prantas cada vez que lle collo unha flor ou un froito...)coller unha fermosa mazá, e se está picada dos bechos non pasa nada, que deseguro é a máis rica... Todo un pracer... Se non hai froita na horta bótolle man á do supermercado, pero..., non che é o mesmo...
En canto o de disfrutar da compaña da persoa que amas, está ben, pero eu nunca me obsesionei por ninguén, non podo dicir nin imaxinar que a miña vida se centre e xire totalmente en torno dunha persoa..., estou a gusto con quen estou e quéroo moitísmo, pero se el decidira irse creo que o deixaría ir, superaríao, non soportaría velo ao meu lado en contra dos seus sentimentos... Pero, eu só o quería como amigo e mirade por onde levamos 20 anos xuntos, que se dí moi pronto, así que ...
Gústame iso do "Carpe diem pero cos pes na terra"...
Saúdos.

Alvariño dijo...

Pois, eu penso que ademais de deixar ir as persoas tamén hai que saber marchar chegado o momento. As dúas cousas. A vida é una sucesión de etapas. Ás veces, para abrir a seguinte é imprescindible cerrar a última. Si se pode conservar a amistade, ben. Senón, tamén. A min nunca me gustaron os dramas. A vida sigue e marchar non significa saír bufando e dando portazos. Ó contrario, pódese marchar moi serenamente, moi tranquilo.

Julio Torres dijo...

Está claro que hai moitas mentalidades neste mundo. Xente malvada, xente boa, xente máis aberta, xente máis pechada, xente dunha opción política e xente doutras. Penso que hai que respetar o que pensan ou fan o resto de persoas aínda que non se estea dacordo con elas. O que di Mariam: ser feliz e non facerlle dano a ninguén de xeito intencionado.

Un tema moi interesante o que prantexa a amiga Mariam. Logo está se vives nun pobo ou nunha cidade, no que cambia o asunto.

En fin, que hai que aprender a respetar, e ante todo está a amizade por moitos que non comprendamos ou entendamos as decisións alleas. Cantas amigos ou amigas temos que non pensan igual ca nós. Mäis de un seguro. ¿ou non? pero non por iso imos perder a amizade con el. So que debe haber respeto as súas opinións e decisións.

Aburiño e gracias polo artigo estimada amiga Mariam!!! É un pracer volverte ler!!!

Carpe Diem

Alvariño dijo...

Estimado Julio, non entendo iso de: "logo está se vives nun pobo ou nunha cidade, no que cambia o asunto".
Quere dicir iso que na cidade se poden facer cousas que lle están vetadas ós da aldea porque as mentalidades son diferentes.
Eso era antes, chaval, que os tempos cambiaron moito.
Bueno, o meu caso non é moi significativo porque eu son da aldea-área metropolitana da cidade. Pero, en termos xerais, eu non creo que existan esas diferenzas pobo-cidade. Polo menos na xente máis nova. É moi triste estar condicionado por catro vellas con ganas de latricar. Para esas un tratamento intensivo a base de de Keledén Forte e nin -uto caso.
Cada un debe facer a súa vida como lle pareza. Por suposto, procurando non perxudicar ós demais e respetando as súas opiniós e decisións. Pero de ahí a deixarse influir polo "ambente retrógrado"...

Julio Torres dijo...

Non Alvariño. So queria dicir que ese tipo de dualidade ainda sigue existindo, pero a min dame igual o que poidan dicir ou deixar de dicir!!!