domingo, 22 de septiembre de 2013

** Los amantes 25 anos despois

Los amantes é unha das cancións que integran o álbum "Descanso Dominical" do grupo Mecano, de finais dos 80. Lembro que alá por setembro de 1988 empezou a soar nas radios este tema. Xa sabedes: cada certo tempo un dos temas era posto nos "40 principales". Por aquel entón tocoulle a éste. Quizás non sexa o máis exitosos, pero sempre me gustou, ó igual que moitas das cancións desta mítica exitosa formación musical. E por iso que "Los Amantes" asocíoo moito a esta época do ano. Final do verán (que, por certo, este ano remata hoxe) e principio do outono.

.....................................................................................................................................
Julio Torres


5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dijo...

Boa noite.
Lembro que nesta canción aparecía unha frase que non entendía cando era pequena, de feito, tardei uns anos en saber o que significaba: "antes de echar los tejos".
En realidade, algunhas letras de Mecano son para analizar con lupa...
Un saúdo.

Julio Torres dijo...

Recoñezo que me encanta sobre todo a música e apenas me fixen na letra. Escoitareina de novo prestándolle atención a letra. Non sei este tema, pero outros tiñan significado importante de indole social: escravitude, discriminacións, etc. O mesmo pasou con Amistades Peligrosas que tiñan temas de denuncia social e moi atrevidos outros...Xa subirei algo deles outro día.

Julio Torres dijo...

Vaia vaia coa letra...
Eu quedárame co estribillo con aquilo da calor pero como ben di Estrella da para analizar moito. Eu quedáramo con que se asaba de calor. Agora que leo a letra non me estraña que se asara cos guantes...
As rimas: me pongo muy fino con mi traje de lino... O dos tejos e o de codiaciado soltero...Carai que modesto o tío!!! Como se suele dicir: baixa modesto que sube....sube o do traxe de lino. Jeje.
Vou ter que introducir unha sección de análise de textos. Daría para moito. Conste que algo similar xa me pasou pola mente con textos xornalísticos e sobre todo moitos dos que podemos ollar no teletexto das televisións. Algúns para enmarcar.

----
Letra completa:

"Yo soy uno de esos amantes
tan elegantes como los de antes
que siempre llevan guantes.
Entre semana soy deportivo
pero el domingo me pongo muy fino
con mi chaque de lino.
Y voy buscando por los balcones
bellas julietas para mis canciones
y hacerles los honores.
Y siempre estoy
rompiéndome la voz
cantando coplas
bajo tu ventana, amor
sal ya que este trovador
se esta asando de calor.
Soy educado caballero
bello, cortés y amable compañero
un codiciado soltero.
Y como no tengo complejos
me miro siempre en todos los espejos antes de echar los tejos.
Si alguna vez cometo errores
para que no llores pido mil perdones
con un millon de flores.
Y siempre estoy
rompiendome la voz
cantando coplas
bajo tu ventana, amor
sal ya que este trovador
se esta asando de calor.
Yo soy uno de esos amantes
yo soy uno de esos amantes.

Mary Camiña dijo...

Pois a mín este trovador recórdame aos galos de corral, que se cré moi galo como para satisfacer a todas.
Sí, hai moito narcisismo detrás da letra, creo eu.
Pero, acasao non é o tipo de "amante" do que cáseque todas as nenas andaban detrás?
Cáseque lle podo poñer unhas cuantas caras... Ainda que sempre había algunha que era máis fina que o seu "chaque de lino" e lle rompía o corazón, e que facía xustamente que se asara de calor, jeje.
Interesantes tódalas letras de Mecano e de Amistades Peligrosas, dignas de análise.
Saúdos.

Mariam dijo...

Pois, eu quédome coas seguintes palabras:
"Si alguna vez cometo errores para que no llores pido mil perdones
con un millon de flores".
Polo menos, e pese a tantas cousas, o amante este sabía facerse perdoar.