lunes, 15 de julio de 2013

** Viaxarei contigo


Contaxio de penas

poucos agarimos

quen dera apertarte

quen dera, meu amigo.


Coñecer o mundo

no que vives, vivo

en profunda ansia

de entrar e sentilo.


Collereiche as mans

sucias de aloumiños

e as pegadas mornas

seguindo o camino

deixarei ás portas:

pisa onde eu piso.


Se me ves lonxe

perdida do sitio

descifrando mapas

arredor do limbo,

non sintas o medo

porque te respiro

e malia a distancia

viaxarei contigo.


.....................................................................................................................................
© Estrela de Xullo (nova colaboradora de A Lareira Máxica)

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Gustoume moito, Estrella de Xullo. Últimamente da gusto visitar o blog, está cheo de arte e fermosura.

Estrela de Xullo dijo...

Moitas grazas, Alvariño. Claro que iso tamén é mérito do creador e coordenador do blogue.
Saúdos.

Julio Torres dijo...

Isto é posible gracias a tod@s @s colaboradores/as.Moitas gracias!!!!
Quero aproveitar para darlle a benvida como colaboradora a Estrela de Xullo. Gústame moito o poema. Aínda que poida parecer triste, está cheo de moito sentimento, esperanza, ilusión e convición.

Alvariño dijo...

Por suposto, o creador do blog ten o mérito de ter feito un blog aberto á participación dos demais e ese é un acto de xenerosidade moi grande. Ademais, tamén escribe textos moi fermosos e inspirados cando o tempo e as estrelas bañistas llo permiten.
Tamén penso que a gracia do blog é a participación da xente, enríqueceo moito.
En canto ó poema de Estrella de Xullo, efectivamente, atópolle esa mestura de moito sufrimento e ilusión que menciona Julio. Neso recórdame a vida mesma.
E tamén, hoxe, quero mencionar a María e Mariam, que colaboraron moito nos tempos de inicio do blog. Grazas a elas, eu engancheime a este sitio. Xa sei que a vida está chea que etapas, de ciclos, pero eu sempre as botarei de menos. E tamén boto de menos ó noso paxaro nocturno bailarín favorito, que xa hai moito tempo que non se lle ve a plumaxe.
¡Saúdos a todos!

Julio Torres dijo...

Gracias polo que me toca Alvariño.

No que dis de Maria e de Mariam, tamén coincido. Gardo a esperanza de que volten a colaborar ou cando menos realizar comentarios. A Mariam, por sorte, aínda non hai moito que a puidemos ler de novo. Ougallá que estas dúas María
(mariam tamén se chama María. Para @s que non o saiban: ó principio había dúas colaboradoras moi activas e as dúas eran María, unha delas optou por facerse chamar Mariam so co gallo de diferenciarse da súa tocalla).

En A Lareira Máxica son benvidas novas persoas que colaboran connosoc en forma de artigos, pero senón tamén nos valen comentarios. Trátase de enriquecer esta páxina con diferentes persoas e puntos de vista.

Un saúdo e gracias, sobre todo, a tod@s @s que participades en A Lareira Máxica.