sábado, 20 de julio de 2013

** Tormenta no Edén

Nubes oscuras, frías, perturbadoras da tranquilidade desafían con entrar no Edén, fórmanse no horizonte e non concibo a posibilidade de que sexan reais. Igual é unha alucinación, froito deste deslumbrante sol que me aloumiña, e me fai sentir tan feliz; igual collín unha insolación de felicidade aquí, no Edén... Pero non, podo notar os fríos ventos que se aproxima, e alí están, espectantes, esperando, dubidando do rumbo que han de tomar, como un exército de malos sentimentos, de dor e desolación ás portas dun castelo que queren derrubar: O meu Edén... Vanse acercando e entón un chisco de esperanza alcanza a miña alma.. E posible, tal vez, que collan outro rumbo e nos deixen tranquilos no noso remanso de paz e felicidade? Sexa ou non posible, a tranquilidade cambiou para converterse en dor, unha dor de posible perda do sol... Non! Tranquila, ainda as nubes non están enriba de nós, ainda poden mudar de dirección, pero pouco a pouco se van acercando, amodo...

Que angustia! Que desesperación! A espera, a eterna espera do posible e do imposible, do tal vaez e do quizais... A esperanza é o último que se perde..., o vento ainda pode facer que as nubes viren e non cheguen nunca ao Edén...

E sei, que ainda que ao final a amenazadoras nubes nos alcancen e descarguen a súa dor e o desacougo sobre nós, o rexio sol do Edén se agocha tras delas e nalgún momento, máis tarde ou máis cedo, as nubes desaparecerán e deixarannos disfrutar de novo do astro rei en todo o seu esplendor, que nos curará as feridas, como tantas veces fixo, que nos aloumiñará cos seus raios as nosas doridas almas e volverá a enchernos o corazón de sorrisos e alegrías, de cariño e felicidade. Xa non seremos os mesmos de antes da gran tormenta pero aquí seguiremos, coa esencia que permanece fiel sempre aos seus principios e sentimentos, coa alma sempre disposta a loitar e a ser feliz....Reconstruiremos o Edén.

.....................................................................................................................................
SANXENXO. Mary Camiña

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

Mary agardo que esa tormenta pase de longo. Moitos ánimos e sorte!!

Carpe Diem

Alvariño dijo...

Bueno, si a tormenta non é desas que arrasan co que pilla, pode refrescar o ambente e ata ser benvida. A min o que non me gusta nada é o bochorno que precede ás tormentas, eso sí que me resulta bastante insoportable.

Mary Camiña dijo...

Gracias, Julio.
Por momentos parece que muda de dirección, pero ainda é cedo para afirmalo, sigo espectante..., mirando ao horizonte... Saúdos.