domingo, 21 de julio de 2013

** Antes que ver o sol...

¿ Interlocutores vs. tema? Non sei... É una cuestión difícil. Dependerá do momento, da circunstancia. Na vida, algúns interlocutores dos que non esperaba gran cousa téñenme dito verdades desas que saen da alma. E como saen da alma tamén chegan moi a dentro porque, anque sexan referidas a realidades moi duras, encerran una sinceridade moi auténtica, case desgarradora.

Logo, están os interlocutores cos que falo por puro compromiso, aínda que me interese ó tema, pero dos que estou desexando afastarme e mandalos a paseo, por dicilo finamente. Tamén hai outros cos que falo porque me resultan divertidos, anque sei que son conversas moi superficiais. Outros interlocutores son completamente inexpugnables, no sentido de que teñen máis capas que una cebola. Son coma matrioskas, é moi difícil chegar a coñecelos. Tamén teño outros interlocutores absolutamente fascinantes cos que solo podo falar en contadas ocasións porque anque teña boa relación con eles tamén existen moitos factores en contra para poder ter un trato cercano con eles.

En fin e rematando, o caso é pasalo ben e ter moi claro que se pode esperar de cada un deles. Moitas decepcións poderíanse evitar se fóramos capaces de apreciar nitidamente o grao de implicación persoal dos nosos interlocutores. Cousa nada sinxela nun mundo no que a hipocrisía e a falsidade se converteron nuns valores case sagrados. Porque tamén confeso que teño falado de temas completamente insustanciais con xente que a nivel persoal me demostrou ser peor que as ratas de cloaca, familiares principalmente.

E para o final, deixo os meus mellores interlocutores, os que superaron a proba do algodón moitas veces, eses que son persoas íntegras cos que falo por puro placer, do que sexa, da igual, fanme rir, son optimistas, recárganme as pilas e por riba son auténticas enciclopedias parlantes

.....................................................................................................................................
COMPOSTELA. Alvariño


ARTIGO RELACIONADO: --> Antes que ver el sol

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary Camiña dijo...

Non podería estar máis de acordo contigo, Alvariño. Interlocutores hai moitos pero só uns poucos che enriquecen a alma. Tamén estou de acordo en que o ideal é saber que nos pode aportar cada un deles e non facernos falsas ilusión, porque, como se dí normalmente: "Non lle pidas peras ao olmo". por desgracia, a familia non é sempre a mellor, pero é a que nos tocou..., pero @s amig@s, por sorte, podémolos escoller nós. Moi boa reflexión. Saúdos.

Alvariño dijo...

Bueno, os amigos podémolos escoller ata certo punto. A fin de contas, eles tamén nos teñen que elexir a nós. Neste tema, non valen as decisión unilaterais. É o mesmo que no amor.
Da familia prefiro non falar. A miña é ben reducida. Posiblemente daría para outro artigo: "Familia vs. Parentela". Xa veremos se me animo...
¡Saúdos!