mércores, 29 de maio de 2013

** Tiendeo: unha páxina web que agrupa os folletos publicitarios

Hai tempo que non vos suxiro páxinas de internet. Non obstante, en A Lareira Máxica periódicamente engadimos novas páxinas web ou enlaces de interese e eliminamos outras que ou ben non se actualizan a miúdo ou outras que xa son moi coñecidas.

O apartado de medios de comunicación é un bo exemplo, concretamente o de xornais. Se vos fixades nos últimos meses puxemos máis enlaces dos medios que son dixitais e dos coñecidos so deixamos algúns dos moitos que antes tiñamos, sobre todo para non saturar de enlaces. Aconséllovos que lle botedes unha ollada pois varios non son moi coñecidos, pero sí resultan útiles, como sucede no apartado consumo, educación ou no de internet.

Hoxe falareivos de Tiendeo. É unha páxina web que recolle tódolos folletos das tendas de grandes marcas de alimentación, electrónica, fogar, moda, motor, viaxes, deportes, e moitas máis. De gran utilidade pois nunha soa páxina tedes moitos folletos publicitarios que en formato papel ocupan espacio pero que en internet están ó alcance dun clik. Incluso en cada folleto pon dentro de cantos días caduca. Actualízase a cotío. Moi ben organizada, práctica e de moita utilidade


2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

Tomo nota. Quizais non debería, que os folletos están cheos de tentacións e logo pasa o que pasa...

sonia dixo...

A verdade é que a páxina resulta interesante, fai tempo unha boa amiga xa me falara dela.

As empresas necesitan buscar o modo de chegar máis ao cliente para conseguir novas ventas.

De todos modos estou dacordo contigo Mariam, mellor non ver moito a páxina, para non sentirse tentado de comprar.