mércores, 1 de maio de 2013

** A Lareira Máxica celebra o seu 7º aniversario


SANXENXO. Julio Torres

Recordo que tal día coma hoxe hai xusto 7 anos decidín crear A Lareira Máxica e publiquei o seu primeiro artigo. Lembro que o que máis me levou foi buscarlle un nome. Tiña claro que tiña que ser algo máxico, polo que a palabra "máxica" non ofrecía dúbidas. O da Lareira pasou a criba entre outras posibilidades que se me ocurriran naquela tarde. Finalmente decidinme por "A Lareira Máxica" porque buscaba un sitio no que escribir o que quixera e que outras poideran facer o mesmo no meu sitio web. E pensei naquelas lareira ou chemineas que había antes, nas que se contaban historias ó redor do lume que desprendía e que servía tamén para quentarse. Coido que, 7 anos despois, o nome foi o acertado.

É un pracer que nos lea e siga tanta xente de tantos países como reflicten as estadísticas da páxina, en especial de España, varios países europeos e bastantes americanos. A Lareira Máxica non sería nada sen tódol@s colaboradores/as que nalgún momento escribiron artigos aquí (ver na columna da dereita na etiqueta "temas") e a todas esas persoas que nos deixan comentarios nos artigos. Uns e outros son recibidos con moita alegría pois fan que A Lareira Máxica sexa interactiva e se retroalimente xerando vida.


Son 7 anos dun ilusionante proxecto feito realidade. Seguindo aquela comparación d@ cativ@ que empecei a utilizar no primeiro aniversario, hoxe ese cativ@ vai facer a primeira comunión e segue medrendo. Agardo que por moito tempo máis.

Nos vindeiros meses xurdirá algunha que outra nova sección en A Lareira Máxica, algunha delas moi enraízada con Galicia, así como outras novidades que, se a teconoloxía mo permite, espero poder implementar. Aproveito para recomendarvos os enlaces que tedes na columna da esquerda e que cada certo tempo vou modificando, procurando poñer bastantes que non son tan coñecidos.

Nada máis, so quixera dicirvos unha última cousa, pero aproveitei a visita que nos fixo un americano moi coñecido (por certo, EE.UU. e o segundo pais do que máis visitas recibimos) quen veu visitar as "macro-instalacións" de A Lareira Máxica para transmitirvos unha última mensaxe.





9 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

¡Felicidades! Gracias por non perder a ilusión e seguir, ano tras ano, botándolle leña a esta Lareira.

Mary Camiña dixo...

Os meus Parabens!!! É estupendo poedr contar cun lugar como éste..., é un pracer e todo un honor poder colaborar con tod@s vós. A por outros sete e fará a Confirmación, de que é a mellor. Un saudo a tod@s. Gracias, Lareira Máxica" por existir...

Patricia Loureiro dixo...

Muitos parabéns estimábel amigo Xulio! Gosto da Lareira Máxica i da súa filosofía que é a túa. Grazas por contar comigo pra axudar

Julio Torres dixo...

Mariam, Mary e Patri moitísimas gracias!!!

Por certo, Mariam canto tempo sen escribir e sen saber de ti. Benvida de novo. Ougallá poidamos voltar a ler cousas túas como hai anos. Biquiños.

Aproveito para dar novamente as gracias ás persoas que por medio do grupo de A Lareira Máxica no face se acordaron desta efemérides, así como tamén ós que enviaron email, nos chamaron por teléfono, enviaron sms ou, sinxelamente, nos felicitaron en persoa. Moitísimas gracias a tod@s vós!!!!!!!!

O Moucho dixo...

Eu teño que pedir disculpas por non estar atento a esta efemérides. Felicidades por este blog que non perde a forza da chama que alumea. que quentiña é e que interesante é visitala. Gracias Julio por este gran invento teu. Que sigo in seculum in seculorum

Alvariño dixo...

Pois, eu, coma sempre, tarde e a arrastro: ¡Moitos parabéns!

Julio Torres dixo...

...Pero máis vale tarde que nunca. Moitas gracias Alva, gracias Mou(cho)!!

sonia dixo...

Xa escribín pero non sei si está gardado.

Sintetizando Felicidades Julio e todos os que continuades ahí.

Desculpa por abandonar a páxina.

Julio Torres dixo...

Sonia moitas gracias polas felicitacións!!!