lunes, 24 de diciembre de 2012

** Feliz Nadal e bo 2013

Patricia Loureiro e un servidor desexámosvos unhas moi felices festas de Nadal e un 2013 cheo de cousas moi boas e bonitas. 

Lembro que por estar datas hai anos acostumaba a enviar ós meus amigos, amigas e familiares unha postal navideña na que garabateaba unhas letras cos meus mellores desexos. Pero primeiro os emails, logo as e-cards, os sms, e agora as redes sociais desprazaron o correo tradicional polas novas tecnoloxías. O outro día atopeime con algunhas postais navideñas recibidas tamén hai varios anos e acordeime que hoxendía non so as postais senón as cartas manuscritas nun folio ou nunha folla son, desgracidamente, historia. Agora so acostumamos a recibir dous tipos de cartos e xa sabemos para qué son...Para pagar ou, como moito, de publicidade. Perdesue o romanticismo das cartas escritas a man. Algo case inimaxinable ata mediados dos 90...

Quixeramos agradecer a tódolos seguidores de A Lareira Máxica por estar aí, aínda que on escriban ou publiquen artigos, e en especial ós que nos seguen dos seguintes países: España, Estados Unidos, México, Francia, Argentina, Colombia, Alemania, Chile, Perú, Reino Unido, Colombia e Argentina. Estes son os países que máis nos visitan desde o nacemento do blog.

P.D.: ¡¡Qué pouco ou nada me gusta o novo blogger!!. Había meses que non escribía pero neste novo Blogger é moi difícil escribir texto, facelo cadrar ben e buscarlle un tamaño da letra e demais, cando antes era moi sinxelo...Que rabia me da!!!




1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Bueno, ao fin e ao cabo a xente sigue escribindo pero noutros formatos. É o mesmo que o de leer en prensa de papel ou leer en prensa dixital. Cada un é un estilo diferente. Pero claro está esto forma parte da evolución da sociedade cada vez mais metida nas novas tecnoloxías. Eso si, sempre haberá xente que prefira o papel fronte a pantalla do ordenador. Felices fiestas. Que estas fechas sean inolvidables para ti e os demais integrantes e lectores de A Lareira Máxica E que as disfrutedes cos vosos seres mais queridos e amig@s de forma que se impregne en todos vos, un dulce sabor a paz e armonía, e que perdure durante o 2013 (mal número sinon crece)