mércores, 18 de xullo de 2012

** O espíritu da festa


COMPOSTELA. Alvariño
Colaborador de A Lareira Máxica

Pese a crise, síguense celebrando as tradicionais festas parroquiales e os tamén tradicionais bailes. A min, o único que me molesta é o estrondo da pólvora. É que os meus oídos non son capaces de atopar o pracer que se agacha na sucesión dos estoupidos das bombas de palenque.

Estas celebracións evócanme os días da infancia, cando as esperaba case coa mesma ilusión coa que esperaba a chegada dos reis magos. Agora, xa non teño nin a metade da metade daquela ilusión. É pola xente, e que non aturo a estupidez e a soberbia. Cando se mezclan coa ignorancia, prefiro fuxir. Porque a ignorancia mesturada coa maldade, da unha combinación que me resulta daniña. Logo, se engadimos un bo puñado de envexa, xa temos o perfil psicolóxico da maioría dos meus veciños da bisbarra. Porque estes non se critican, espeléllanse. Diredes que esaxero pero, ás veces, ata parece que se alegran do mal alleo.

O caso é que con crise ou sin ela, a xente sigue colaborando e mantendo as súas tradicións. Coma se ir ó campo da festa fora unha especie de rito capaz de alonxarnos por unhas horas da realidade. Un kitkat, eso mesmo. Un tempo de desconexión, de descomprensión.

Hai xente incapaz de desconectar, de darlle á chave e poñerse en off. Empezan a comerse a cabeza, e acapan carcoméndose enteiriños, de arriba a abaixo. Polo medio támen. A carcoma é un mal terrible, cando che entra vaite minando sen piedade. Primeiro o corpo, logo a alma. Eu, coñezoo ben os seus efectos devastadores, por eso me perfumo cada día con Auga Lavanda de Puig. O olor da lavanda, ademais de axudar a relaxarse á hora de durmir, bótolle unhas pingas ás sabas, escorrenta pulgas e polillas. Porque xa se sabe, miseria e pragas, sempre van da man. E así, deste xeito, vou tendo o bicherío baixo control. Algunha xente, incluso alguns dos meus amabilísimos lectores, pensaredes que son un simple. Pero, ¿por qué non conservar a ilusión?, ¿por qué non pensar que hai un futuro agardándonos?, ¿por qué abandoarse?, ¿por qué non deixarse levar polo espíritu da festa? Moita xente instálase no lamento e adica horas e horas a laiarse. Acaso a situación económica de España nos anos 40 era mellor, ¿non casaron naqueles anos moitos dos nosos avós?, ¿non tiveron varios fillos?, ¿non saíron a diante? Pois, logo... Que eu sepa as crises son cíclicas, non eternas. Algún día as cousas terán que cambiar, como pasou sempre.

sábado, 7 de xullo de 2012

** Agardando a chegada de mellores tempos


SANXENXO. Julio Torres

O verán non acaba de chegar. Tanta inestabilidade fai que teñamos que invocar a chegada do bo tempo. En Sanxenxo polo menos apenas se fixo ver. Se os indios facían a danza da choiva, desde A Lareira Máxica imos tentar chamar ó bo tempo para que chegue e se quede connosco todo o verán. So se me ocurre a ritmo destas tres pegadizas e animadas cancións de Blondie, Dire Straits e Paulina Rubio. Agardemos que funcione a invocación ó sol e ó bo tempo.







Aproveito para desexar a tódol@s seguidores/as de A Lareira Máxica un bo verán 2012. Durante este tempo estival, coma sempre, A Lareira Máxica apenas se vai actualizar e baixará moitísimo en número de publicacións. As actualizacións serán moi de cando en vez. Toca descansar. Se queredes publicar algo no blog, animádevos a enviar as vosas propostas de artigos.

luns, 2 de xullo de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...Do 2 ó 8 de Julio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao
Colaboradores de A Lareira Máxica


xullo-02 1861 Celébranse na Coruña, a imitación dos de Barcelona, os I Xogos Florais, concurso poético ó que se podían presentar composicións en galego, coa pretensión de fomentar a escrita literaria neste idioma. O Álbum de la Caridad (1862) recollerá os traballos.


xullo-03 1982 Nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega apróbanse as Normas de unificación ortográfica e morfolóxica da nosa lingua, as mesmas que, con lixeiras modificacións posteriores, rexen ata o día de hoxe. Os maiores cambios nestas Normas foron adoptados pola RAG en 2003.


xullo-04 2012 O escritor Xosé Chao Rego presenta en Compostela o libro Por aquí chégase a Galicia, composto por 50 unidades que fan referencia a temas da lingua e da cultura galegas.
xullo-05 1885 Ve a luz o número un d'A Gaita Gallega, a primeira publicación monolingüe en galego da nosa emigración americana (na Habana), que amosa ademais unha preocupación constante pola defensa do idioma. Os seus fundadores foron R. Armada Teixeiro e M. Lugrís Freire.


xullo-05 1910 Nace en Ourense o historiador, escritor e investigador Alberto Vilanova Rodríguez, vinculado ó mundo da emigración en Arxentina.


xullo-07 1919 Derradeiro nº, xa na súa terceira etapa (que iniciara con data 18-21/02/1917), do xornal O Tio Marcos da Portela, o que fora o primeiro periódico da nosa historia escrito integramente en galego.
xullo-07 2006 O plenario da RAGhttp://www.blogger.com/img/blank.gif acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2007 á poeta noiesa María Mariño, a chamada «dinamiteira da fala» polo seu estilo lingüístico rupturista, e moi vinculada vitalmente ó Courel.


xullo-08 1885 Nace na Coruña Roberto Nóvoa Santos, insigne doutor e especialista en Medicina. Publicou en galego a novela A Santa Compaña e estudou o tema da saudade.
xullo-08 1983 O Parlamento de Galicia aproba a lei pola que se crea o Consello da Cultura Galega.



É éste un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).



---> LEMBRADE ESTAS EFEMÉRIDES PODERÉDELAS SEGUIR A PARTIR DE AGORA NA PÁXINA DE A LAREIRA MÁXICA NO FACEBOOK Amancio xa se encarga de subilas alí.