viernes, 29 de junio de 2012

** A Frase Máxica...de Mario Benedetti sobre o amor

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

E os cartos non valen pois conxúganse demasiado...

Mary C.V. dijo...

Unha realidade é que que a maioría da xente "ama" os cartos, por moito que se conxuguen..., máis que á liberdade, á conciencia, ao amor en sí, á natureza, e por suposto, aos demáis seres cos que compartimos habitat ( e xeralizo, non só as persoas teñen que ser amadas senon tamen todo aquelo que a natureza nos regala e que , por desgracia, en moitos casos non se lles da a suficiente importancia). Hai unha falta de amor aos demáis e unha prevalencia do amor a un mesmo nada san, e digo nada san, porque no fondo nen sequera se quere a un mesmo senon o poder, o estatus social,... Deberíamonos querernos máis a nós mesmos e deixar de ter tanto medo ao rechazo social, igual entón poderíamos difrutar máis do que nos rodea. Saúdos.

sonia dijo...

Certo é que deberíamos amar máis aos demáis, entregar, dar ante todo amor con maiúsculas.
Somos seres demasiados ambiciosos e a miúdo confundimos benestar e calidade con diñeiro, cando quizáis o benestar está nun interior cheo de armonia e na capacidade de amarnos e amar aos demáis...
De todos modos penso que o mundo está en pe polo amor, senón estaría destruído pola ambición do home...O amor e a entrega vence polo menos de momento a pesar das guerras, o abuso do poder e o diñeiro...
O amor de nai, de filos, dos namorados, das persoas (das que prácticamente non se falan) que entregan a súa vida aos demáis. O amor o entrega tamén o médico, educador, enfermeiro, inxeñeiro, barrendeiro e todas as profesións do mundo............persoas concienciadas co seu traballo, o que se preocupa do benestar dos demáis desde a súa labor ( e algúns hai).
Tedes razón que somos tristemente moi ambiciosos e nas sociedades ricas cada vez máis individualistas, pero de verdade penso, que si o noso planeta está en pé é polo pouco ou moito amor que hai. (Hoxe o penso en positivo)

Julio Torres dijo...

O verdadeiro amor e a verdadeira felicidade non a dan os cartos, por moito que axuden. A verdadeira felicidade e amor lévanse dentro e emanan de pequenos xestos e palabras.