lunes, 25 de junio de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe... 25 de xuño a 1 de xullo


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao


xuño-26 1915 Nace en Santiago o P. Xaime Seixas, sacerdote xesuíta, autor do libro 400 nomes galegos pra homes e mulleres (1977) e abandeirado da liturxia en lingua galega.
xuño-26 1971 É inaugurado o Instituto da Lingua Galega, no seo da Universidade de Santiago de Compostela.
xuño-26 1999 O colectivo cristián «Bienio Irmandiño» celebra un acto para pedir a galeguización da Igrexa católica e as misas en galego.


xuño-27 1900 Nace na Coruña o xornalista e especialista en pesca marítima, Domingo Quiroga Ríos, con obra en lingua galega e académico correspondente da RAG.
xuño-27 1994 Nacemento da Fundación Galicia-Empresa, que promove o uso do noso idioma no ámbito empresarial.


xuño-28 1880 O bispo de Ourense firma un edicto condenando o libro Aires da miña terra, de Curros.
xuño-28 1936 Apróbase en referendo o Estatuto de Autonomía para Galicia, que suporía un importante impulso para o idioma galego, pero que nunca chegaría a entrar en vigor por mor do alzamento militar e da ditadura franquista.
xuño-28 1942 Un dos referentes fundamentais da prensa en galego, o xornal A Nosa Terra, reaparece en Bos Aires (nº 425) editado por Irmandade Galega.
xuño-28 1979 O Ministerio do Interior español aproba os Estatutos do novo Seminario de Estudos Galegos.


xuño-29 1876 Morre en Vigo o escritor do Prerrexurdimento Xoán Manuel Pintos, autor do primeiro libro da literatura galega contemporánea, A Gaita Gallega.


xuño-30 1988 O DOG publica a Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais.


xullo-01 1905 Con esta data, Curros Enríquez, como presidente da Asociación iniciadora e protectora da Academia Galega, remítelle desde A Habana unha carta a Manuel M. Murguía encargándolle a creación da que logo sería a Real Academia Galega.


É éste un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).



0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :