lunes, 28 de mayo de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...28 maio a 3 de junio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao



maio-28 1821 Nace na Coruña Juan Cuveiro Piñol, autor do que sería o segundo dicionario de galego impreso como tal, o Diccionario gallego (1876). O primeiro fora o Diccionario gallego-castellano de Francisco J. Rodríguez, publicado en 1863.
maio-28 1878 Falece no seu Ferrol natal o historiador e escritor de novelas románticas Benito Vicetto Pérez, autor dunha célebre Historia de Galicia en sete tomos (1865-1871).


maio-30 1980 Monseñor Miguel Anxo Araúxo -bispo de Mondoñedo-Ferrol- ingresa na Real Academia Galega. Foi o primeiro tradutor do bíblico Cantar dos cantares á nosa lingua e autor de varios textos para a misa en galego.


xuño-01 1905 Asínase na Habana o Regulamento da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, da que son os principais promotores Xosé Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez.
xuño-01 1910 Nace, en Bos Aires, o polifacético artista e escritor Luís Seoane, grande impulsor do galego entre os exiliados e emigrantes de Galicia.


xuño-02 1888 Nace en Pontedeume o polígrafo, membro numerario da RAG e do Seminario de Estudos Galegos, Antonio Couceiro Freijomil.


xuño-03 1876 En Cambados vén ó mundo o que sería un escritor fundamental para a recuperación lingüística-literaria do galego nos albores do século XX: o poeta Ramón Cabanillas.
xuño-03 1896 Nace en Castro de Rei o escritor Xosé Crecente Vega.


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).



0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :