sábado, 5 de mayo de 2012

** Félix Soria: ánimo compañeiro!!!!


SANXENXO. Julio Torres

Hai medios de comunicación que, por dicilo suavemente, non saben apreciar ós xornalistas que teñen so porque, seguramente, non lles gusta a súa maneira de pensar. O día 3 de maio foi o Día Mundial da Liberdade de Prensa. Tod@s @s que un día traballamos nun medio de comunicación sabemos que non hai medio sen ideoloxía. Máis ou menos evidente, sempre teñen unha. E o que non a ten pouco dura porque sen subvencións, pouco se pode subsistir...

Ven todo isto polo despido do que foi obxecto Félix Soria, un xornalista ó que non teño o gusto de coñecer en persoa, pero sí polo que publica no seu blog, Im-pulso bitácora de profunda análise contextualiazada sobre a actualidade (e con maiúsculas, como xa dixen hai tempo nun artigo en A Lareira Máxica). Un xornalista exemplo de cómo se deben facer as informacións. Síntoo moito compañeiro. Espero que pronto teñas traballo porque abofé que o mereces. La Voz foi moi inxusta contigo. Non eres nin serás o último xornalista que sufre un despido. Se xa de por sí é dificil ter liberdade de expresión no xornalismo, coa reforma laboral a cousa tórnase aínda máis perigosa. Non lles interesan bos profesionais, so xente moi sumisa e manipulable. A triste realidade.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Félix Soria dijo...

O problema non é un despdimento, o problema é que os xornais están a misturar a crise económica coa crise de modelo e polo de agora, a maioría deles só teñen ollos para a primeira, cando en realidade os efectos da segundo son máis importantes. E coa palabra economía nos beizos aproveitan para facer limpeza ideolóxica.
Unha aperta.

Julio Torres dijo...

Efectivamente Félix. Crisis de modelo (as novas tecnoloxías van moi por diante do papel, pero aínda así ás empresas cóstalles moito adaptarse) e limpeza ideolóxica (a obxectividade, por desgracia, non existe, pois ós altos cargos dos medios non lles interesa non vaia ser que pase algo que non queren e alguén ó que hai que protexer se enfade...Queren xente que se deixe manipular pois así son títeres: dalle unha volta ó titular, enfoca isto doutra maneira,etc.)

En fin, qué che vou dicir que non sepas. Para os que lemos as túas informacións non nos caben dúbidas de que están traballadas e contextualizadas, sen casarse con ninguén, como debería ser, pero a obxectividade é unha rara avis, por desgracia. Depende do xornalista, pero tamén de que lle deixen facer o seu traballo. Se o primeiro se cumpre pero o segundo non, pois pasa o que non debería pasar...

E esta maneira de actuar da túa xa ex-empresa non me colle de sorpresa pois xa coñezo algún caso máis. Xente moi válida despedida con alevosía, nocturnidade e sen case tempo para recoller as súas pertenencias. Unha barbaridade e unha falta de educación para xente profesional e moito máis valiosa (infinitas veces) que a persoa que lle da de comer.

Un forte abrazo, compañeiro

sonia dijo...

Non entendo case nada, so percibo xente afectada pola crise que sexa. Perdemos valores, non serve o bo trabajo, a honestinade, a verdade ¿é o que parece? Menos mal e grazas a todas as persoas con valores integros e os que son forte en non se deixan manipular pola sociedade, son héroes. Ogallá non contaxiemos un pouco de todos eles.
Felix moito ánimo.