sábado, 14 de abril de 2012

** Penélope


SANXENXO. Julio Torres

Diego Torres é un cantante que suma varias cancións na súa extensa discografía, se ben foi "Color esperanza" (de tanto escoitala mesmo acabei por aborrecela durante un tempo pois a saturación non é boa) a que fixo que tocara a gloria. Son da opinión que ter un éxito tan grande ten moito perigo, pois o seguinte disco, o seguinte ten que ser bo e facer olvidar outro gran tema. Non sempre é doado. Hai grupos e cantantes que nin sequera pasan do primeiro.

Xa antes do seu enorme éxito musical, este arxentino tivo varias cancións boas, aínda que non tiveran a mesma repercusión. Unha delas foi "Penélope", versión feita en 1996 dun tema de Joan Manuel Serrat. A versión sempre me gustou moito e baixo o meu punto de vista mellora o tema orixinal. Outro estilo máis bailable, pero máis suxerente se cabe. Hoxe, nun día plomizo de abril, como di a letra da canción, comparto cos seguidores do blog.



Diego Torres ten unha especial querencia polo temas de amor e desamor, sempre buscando un ton melodioso. Outros temas destacados do cantante foron:








E a modo de colofón, como non, o "Color esperanza" que agardemos que sexa a esperanza de saír desta maldita crise económica na que os bancos e outros especuladores nos meteron pero que pagamos nós e non eles...




3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Tamen tes que admitir que moitas cancións aburren porque hai medios de comunicación que non fan mais que repetir e repetir, incluso durante anos e anos os mismos temas dos mesmos cantantes, como si tivesen que poñer as suas cancións por algun compromiso que non alcanzo a comprender (posiblemente económico). Cito o caso de Cadena Dial que si te descoidas solo admite os mesmos cantantes de toda a vida. Por eso recomendo que se varíe as emisoras de radio pois hay moitas que non poñen sempre os mesmos cantantes e incluso as mesmas cancións.

Alvariño dijo...

A radiofórmula é un negocio máis que consiste en patrocinar a determinados artistas, por eso nos machacan coas mesmas cancións.

sonia dijo...

As poucas cancións que coñezo de Diego Torres encántanme, transmítenme alegría, ilusión...
Certo é que as veces de tanto escoitar as canción acaban perdendo esa maxia que tiñan nun comezo.
Se a música en xeral transmite sentimentos, emocións...As súas cancións fan moito que pensar.