lunes, 19 de marzo de 2012

** Templario


SANTIAGO DE COMPOSTELA. Alvariño


Qrabia me da ponerme el traje de caballero templario y ¡hala!, tirar para las cruzadas. Con lo bien que estoy sacando fotos a las flores. ¡Qué harto estoy de que la gente me cuente sus problemas! Es que no se dan cuenta de que no puedo más. Pues, no. Y lo mío no es egoísmo, es impotencia. Yo no puedo hacer nada. De sobras sé que el mundo está lleno de nazis y mafiosos. También están los malvados, esos que no tienen ningún poder, que son tan marionetas como los demás, pero lo mismo que los dragones enfurecidos escupen llamaradas, estos cuando abren la boca escupen mierda.

Porque cae mierda de todas partes, para que negarlo. Y aquí estoy yo, en medio de este campo de batalla, yo que no quiero ser guerrero, que quiero ser trovador. Porque esta guerra es una guerra perdida.

Todos los días se repite la misma cantinela. Me piden respuestas. Respuestas complejas cuando las reglas del juego eran más o menos conocidas. Respuestas imposibles cuando el firme del camino se ha vuelto de arenas movedizas.

-¿Y si...?
-¿Y si...?
-¿Y si...?

¿Y si la gente se callara y me dejaran respirar? ¿Acaso no saben que soy asmático? De sobras lo saben, lo que pasa es que cuando apetece vomitar estiércol, lo más prudente es tener una bacinilla cerca.

10 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

¡Qué cabreada estaba cando escribín esto! Doíame un pouco a cabeza e fun facer unhas fotos á horta para relaxarme. Pois, veúseme queixar un coñecido moi preocupado. Na súa empresa hai rumores de que van baixar o salario unha cantidade equivalente a unha paga extra. Unha merda si, non o discuto.
O caso é que este pailán é fillo único e ten un papi forrado, deses que cando morren deixan unha boa conta no banco. Ademáis, vai herdar 2 pisos, 2 casas, 1 baixo e algunhas fincas. Sen contar o que lle vai caer por parte da muller, outra casa máis fixo.
Tremendo "drama" o que lle ven enriba. Supoño que non poderá mercar tanta roupa, ou terá que renunciar ó xamón bo, ou as ameixas, ou a todo o verán de vacacións,...

Julio Torres dijo...

Xa me parecía a min que a foto non era casual. Case a vou a adoptar como mascota para os que Rabias Dan. Pois sí, tendo en conta o que dis é para ter medo a quedarse sen nada...

Mary C.V. dijo...

A verdade é que sí que da moita rabia, pero moitísima, que se che veñan queixar xente que está nunha situación privilexiada respecto a túa. Sempre termino "escapando" ou cambiando de tema por non mandalos "ao carallo". A mín pásame moi a miúdo... e moito me amola. Cantas veces te vés bastante apretad@ coa situación que vives, que non dás saído do buraco, con hipoteca, fillos, e os dous no paro, saíndo como podes a base de moito esforzo e sacrificio, privándote de mil e unha cousas, para que veña un dest@s... Se lle fas caso termina de afundirte na miseria,... Porque é moi fácil pensar:"Se esta persoa se queixa..., ¿qué vai ser de nós?" Pero sempre chego á mesma conclusión: "Sempre se queixan deste xeito os que nunca tiveron a necesidade de sacrificarse un pouco, e agora patalexan e póñense histéricos, porque ven que teñen que decir que non a moitos dos seus caprichiños e iso confúndeos". A verdade é que lle dou as gracias a meus pais e a meus avós por non haberme cumprido tódolos caprichos... Sempre hai a excepción, eu coñezo algunha pero iso non soe ser o normal...

O Moucho dijo...

Bueno, poi eu en contrapunto, non estou dacordo ó 100% con vos. Certo que hai xente que se queixa de cousas que en comparación con problemas de outra xente, resulta que non son nada importantes. Pero as veces á xente necesita un consello cando non sabes que facer e a quen acudir para asesorarse. E eu digo: Non pasa nada por aconsellar a unha persoa que che pide axuda. A lo menos podese escoitar e diplomaticamente, podes contestarlle o teu parecer. Xa sei que ás veces tes moitos problemas que vas superando e chega alguen que non sufré o mesmo ca ti e che pide consello. E ti pensas: "E a min que me contas. Eu teño problemas mais importantes cos teus." E tes razón. Pero ata o mais porco dos ricos, necesita unha opinión que o axude a orientarse. Como digo eu, dar un consello ou simplemente escoitar un problema, non che vai costar un solo euro, e polo contrario, a outra persoa vai estarche agradecida por escoitalo. Todos necesitamos algunha vez alguen que nos escoite ainda que sepamos que non nos poden axudar. É unha valvula de escape do noso cerebro. Fixate Alvariño ( e non interpretes mal) que ti tamen usas A Lareira Máxica as veces para deixar constancia de algo que che molesta e que non sabes con quen compartir para non asfixiarte nos teus pensamentos. (Non solo ti, sinón tamén outras persoas que se queixaron no Que rabia da cando... ou en outros apartados deste blog. Eu tamen me considero culpable de facer o mesmo).E algún de nos pode pensar(ó igual que ti fixeches con el): "Pois vaia chorrada. Como si non houvese outros problemas no mundo. ¿A quen lle interesa estas cousas?" Con esto quero decir, que contar o que nos pasa ou preocupa, e por outra banda, escoitar eses problemas e si podes aconsellar, non nos costa nada. O contrario que os psícologos que te escoitan e non che dicen nada pero eso si, non se olvidan de pasar a factura a final de consulta. Son todos uns ladróns e mangantes. Eso tamén o fago eu, e non cobro un duro por axudar á xente. Aconsellar non custa nada e a outra persoa vaiche estar agradecida. Entendo que ás veces non nos gusta escoitalos pero non sempre vai ser así. Espero entendades o meu pensamento, pois todos somos algo culpables cando usamos esta lareira màxica. ¿Non vos parece?

Alvariño dijo...

A ver, por alusións, eu non creo que "use" a Lareira de Julio. Eu, soamentes fago as miñas aportacións, porque resulta que o creador deste blog permite e admite as nosas colaboracións.
Mira, Mouchiño, eu escoito ás persoas e paso dos pailáns coa vida máis que resolta, así de sinxelo. Obviamente, teño educación e son diplómatica. Agora ben, hai xente que non merece a miña atención. Téñoo moi claro. Como son diplomática, escoiteino, claro que si, e tamén tirei as miñas conclusións. O que pasa e que hai conversas que me fartan, que me intoxican. Ese laiarse por laiarse non o aturo e por eso me inspirou este "Qué rabia..."
Ademais, o tipo este non me veu pedir consello, non, veúseme chorar. Claro ó mellor non ten para a hipoteca...¡ah, pero se lle dou seu pai o piso no que vive! Ou ó mellor non ten para comer... ¡ah, pero se come seguido na casa dos sogros ou dos pais!. Ou, no peor dos casos, non terá para comprarlle uns tenis novos ós cativos. Extráñame moito, que a avoa marquesa xa se encarga de malcrialos canto pode. Non lle deamos máis voltas, coñezo esta xente coma se a parira. ¿E sabes qué? Canto máis lonxe, mellor. Moitos cartos, si, tantos coma egocentrismo e egoísmo. Desengánate Moucho, non todas as persoas son boas e bondadosas. Haiche de todo.

O Moucho dijo...

Seino, Alvariño. E tal como o expós agora, entendese mais a situación. Pensei que te levabas mellor con este señor. Eu tamén por desgracia coñezo alguns que son peores, pero que moi peores ca este personaxe. Por sorte e gracias a miña vida casi solitaria, non teño porque aturar a estos persoeiros. Neste mundo hai xentiña de todo tipo. Eu si fose ti, cantaballe as corenta e acababase o conto. Mellor deixar as cousas claras que agochar os nosos pensamentos e seguir aguantando.

Mary C.V. dijo...

A ver, todo na súa xusta medida... A mín, particularmente, non me importa escoitar os problemas dos demáis, ainda que me parezcan insignificantes,e, incluso, se podo, axudalos, lévoo facendo toda a vida e non pasa nada; de feito, téñenme contado cousas moi persoais, porque saben que nin me vou rir delas nin vai sair nada da miña boca, é coma un pequeno "don"; polo visto, como dí unha amiga miña, inspiro confianza...
Pero tamén hai xente que, coma día Alvariño, te intoxica... Teño unha desas persoas moi cerca, demasiado, chegou un momento que tanto dano me estaba a facer, que tiven que, literalmenete, botala fóra da casa e prohibirlle a entrada... É que non é unha persoa, é un contedor de dramatismo e pesimismo en estado puro... Era marchar da miña casa e deixábame unha sensación de malestar e ansiedade, que non podía con ela; porque non só se queixaba da súa situación, dos problemas doutros que tí sabías que non eran tales, senon que tamén te involucraba e che creaba problemas inexistentes. Nunca me pasara tal, son a persoa máis diplomática que te poidas encontrar, pero tamén teño uns límites establecidos...,axudo en todo o que podo ou busco a quen poida axudarche mellor ca mín, pero non me intoxiques a alma... Ésa é a xente que non podo soportar, polo menos non tódolos días... Polo demáis, cada quen ten os seus problemas, e a cada un os seus parécelles os máis importantes,...
Un saúdo.

O Moucho dijo...

Tamen estou dacordo contigo. Ó igual que Alvariño Hai cousas que non se poden deixar pasar. Eu coa Lareira máxica abusei moitisimo contando os meus problemas. Agradezo moito a todos os que me escoitaron pero tamen pido perdón por andar a intoxicar de cousas negativas este rincon da rede. Non teñen que importarlle a nadie. Dende hai un tempo xa me propuxen autocorregirme.

Alvariño dijo...

Por alusións, outra vez:"Eu si fose ti, cantáballe as corenta e acabábase o conto. Mellor deixar as cousas claras que agochar os nosos pensamentos e seguir aguantando".
A horta da miña casa da para unha carretera, por eso me interceptou o elemento, porque pasou por alí. Realmente, non falo moito con el porque xo teño ben "calado". ¿Recordas o conto do gentleman, "To be or not to be a gentleman"? Ser un gentleman é un estilo de vida, unha forma de actuar que me ensinou meu avó. Eu non lle podo contestar, porque se o fixera teño a sensación de que caería ó seu nivel. Eu soamentes son unha testemuña dos seus comportamentos, das súas actitudes mezquinas. Realmente, non o aturo, simplemente o coñezo. Dentro de min hai paz, e dentro deles ¿qué haberá? Non o sei exactamente. Sen pensalo moito, creo que ten que haber veneno.
En canto o que conta Mary C.V., creo que fixo moi ben. Unha vez contoume unha compañeira de CAP, que esas persoas son "vampiros das enerxías". O exemplo que me puxo foi que vas tomar un café con un persoa, botas unha hora, ou dúas, con ela, despídeste e sínteste mal, moi mal. Segundo me explicara Teresa, é porque te vampirizan. O caso é que si, tenme pasado. Non sei cómo pode ser, pero o caso é que sucede. O que non sei é si o fan dun xeito consciente ou inconsciente. Eu penso que o que nos fai sentir mal é unha alerta do noso sexto sentido, ou da intuición. Algo nos está advertindo de que son xente falsa, mesmo perigosa, da que é mellor alonxarse.
¡Saúdos!

Mary C.V. dijo...

Non creo que as publicacións que se fixeron ata agora en "A Lareira Máxica", non as lín todas pero sí bastantes, "intoxiquen a alma", dende o punto de vista ao que eu me refería no anterior comentario. Podo compartir a vosa opinión ou non, pero en nada se parece ao sentimento de afogo e malestar que me deixa, como ben dixo Alvariño, a miña "vampiresa das enerxías"; é moi diferente. "O Moucho", pode que con algún artigo me toques a fibra máis sensible, que me den gañas de cambiar cousas, incluso que poida derramar algunha bágoa..., pero non me intoxica, non me deixa sen forzas... é moi distinto. Se cadra, nun momento de inspiración volo describa algo mellor...
Creo que todos, neste blog, e eu a primeira, aproveitamos para desafogarnos dalgunha maneira, non creo que por iso intoxiquemos a ninguén. Xa vos comentei que a míudo me contan problemas e non me intoxican, só determinadas persoas, por algo será...
¡Un saudo a tod@s!