viernes, 30 de marzo de 2012

** Paramount: máis cine na TDT en aberto


SANXENXO. Julio Torres

Os amantes do cine estamos de noraboa. Hoxe nace unha nova canle de TDT en aberto: Paramount Channel, que inicia hoxe as súas emisións ás 22:00 horas coa primeira das sagas de "El Padrino".

Paramount Channel tomará o relevo de La 10 -que desapareceu a finais de 2011 e desde aquela so emitía espacios de teletenda- e ofrecerá na mesma canle que ocupaba La 10, 24 horas de cine. Faralle a competencia á La Sexta 3 que tamén emite cine. Os bos resultados de audiencia de La Sexta 3 propiciaron a chegada de Paramount ó grupo de Vocento.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Sigo pensando que hai demasiada oferta de canales; moitos para o mesmo pastel da publicidade. Xa caeu tamén, localia. A pregunta é: ¿Será rentable? ¿Quen será o seguinte en caer ou fusionarse ata a desaparición?

Julio Torres dijo...

Localia en realidade xa desaparecera a nivel nacional hai xa tempo. So permaneceron as emisoras de Galicia que aguantaron ata febreiro. A última ou unha das últimas foi Localia Pontevedra. Unha pena a súa desaparición, non sei se definitiva ou non, aínda que todo parece apuntar a que sí.

É curioso comprobar como por cada demarcación territorial existe a posiblidade de ter tres TDT de tv´s locais e que ningunha das tres se cubran, alomenos no ámbito de Pontevedra e de Arousa. E non son os únicos. Xornais como Diario de Pontevedra, Diario de Arousa ou Faro de Vigo teñen concedidas licencias que aínda non usaron nin montaron televión algunha. E non se albisca data para crear ditas televisións. Todo dependerá da evolución da crise, supoño.

A crise, e por consiguiente a merma de ingresos económicos dos anunciantes ten moito que ver.